//
arquivo

Archive for

Busca rápida: Plenos de máis de vinte Concellos galegos gravados e subidos á rede


Seguimos dándolle voltas á negativa do Alcalde de Cambados e das “filas populares” a que se graven os plenos da Corporación e posteriormente se difundan as imaxes na rede. En entradas anteriores xa demostramos con exemplos de textos xurídicos como existen numerosas sentenzas e informes que avalan o noso dereito a gravar os plenos por seren actos públicos. Segundo a Voz, desde o PP están “fartos” de Cambados(tk) por “manipular”, segundo eles, as imaxes dos plenos, en referencia a que da penúltima sesión só subíramos un cacho do mesmo (o máis polémico).

Pero só fai falla realizar unha rápida busca en Youtube para comprobar como en multitude de Concellos galegos se gravan os plenos e se suben á rede (porque, insistimos, non é ilegal facelo). Facede a proba. Nós buscamos “pleno concello” e fomos anotando os difentes casos, analizando se foron gravados por prensa convencional ou por “afeccionados”, é dicir, blogs ou cidadáns individuais. Tamén miramos se tan só se subían cortes da sesión ou o pleno íntegro. Fixemos unha pequena lista, na que se pode comprobar como unha boa parte dos casos son de xente anónima do público que grava sen problemas o pleno, e a maioría (veñan de prensa ou de afeccionados) tan só suben os fragmentos do pleno que lles interesan. Tan só atopamos o caso dun Concello galego (Bergondo) onde a Alcaldía interrumpiu o pleno para impedir ao cidadán que gravaba que continuase. Todos estes exemplos podes velos despois de Seguir Lendo.

Desde Cambados(tk) seguimos esperando a resposta do Alcalde de Cambados ao escrito que presentamos o venres 26 de Outubro solicitando formalmente o permiso para gravar (algo que nos parece innecesario pero que aínda así facemos para ver até onde vai chegar o alcalde defendendo o indefendible). A pregunta é…veremos en Cambados no mes de Decembro imaxes (como as do vídeo de abaixo) dunha persoa sendo expulsada pola Policía do Pleno por querer gravar o mesmo?


Seguir lendo

Alfageme, a piques de ser vendida por lotes


Moi triste está a ser o desenlace da loita das traballadoras de Alfageme por un futuro para os postos de traballo. Levan anos nesta batalla, acelerada nos últimos meses pola ameaza da saída a subasta por lotes da empresa e da marca, unha opción que non garante -senón máis ben todo o contrario- un plan industrial que salvagarde os cento cincuenta postos de traballo. Seguir lendo

Jesucristo era maricón (mal que lle pese á dereita)


No momento que  escribo  estas liñas estase a espera de saber a resolución do Tribunal Constitucional sobre o recurso que o Partido Popular puxo, no ano 2005,  contra a Lei de matrimonios homosexuais aprobada pola administración Zapatero durante a sua primeira lexislatura.

Vaia por diante,  dende o meu punto persoal,  que, xa no seu dia,  me pareceu unha das leis mais xustas e necesarias,  acorde cos tempos que vivimos e que cumpre con unha das reivindicacións mais demandadas polo colectivo homosexual.

O que resulta penoso e que en pleno século XXI e moito despois de que organizacións como a OMS (Organización Mundial da Saúde), decláranse que a homosexualidade non é nin moito menos unha enfermidade, repito, é penoso que dende diversos estamentos da nosa sociedade empezando polo propio Partido Popular se lles queira  negar  o dereito ó matrimonio e a tódolos dereitos  dos que si gozan os matrimonios heterosexuais. Atrás quedan situacións esperpénticas coma as declaracións  da actual alcaldesa de Madrid Ana Botella facendo unha comparación entre peras e mazás  ou as manifestacións do clero, con Rouco Varela á cabeza, polas rúas de Madrid defendendo a “familia tradicional”, como si polo feito de que os homosexuais poidan casarse supoña algún tipo de ataque a tal concepto de familia.

O Partido Popular dende o principio baseou a súa loita contra esta lei  no feito de que se definise a esta unión como matrimonio, pois considera que tal definición só se debería aplicar ós matrimonios heterosexuais e que a unión entre persoas do mesmo sexo tería  de chamarse de outra maneira; afortunadamente non toda a xente do PP pensa igual e, incluso,  entre as súas filas xa se  celebraron matrimonios homosexuais para desgraza do sector mais “conservador”.

Sempre que escoito o PP defender a súa postura oficial contra esta lei non podo evitar recordar unha visita que o presidente de Iran, Mahmud Ahmadineyad fixo a Nova York, con motivo dun cumio da ONU, resulta que foi invitado a dar unha conferencia  nunha universidade  (paréceme recordar que a de Columbia) e declarou, no medio de apupos e asubíos,  que no seu pais non existía a homosexulidade e algo de razón tiña pois,  e moitos casos, tal practica págase coa vida.

 

¿Cando abrirá os ollos  ó PP? ¿Cando se decatarán de que estamos no ano 2012? ¿a que ven tanta intransixencia? Afortunadamente non todo o mundo  neste partido pensa así pero demostra que neste tema, coma en outros moitos, os dirixentes desta formación política parecen estar ancorados no pasado, persoalmente penso que deberían ser mais consecuentes cos tempos que vivimos.

En canto á postura da Igrexa,  é para darlles de comer a parte, aínda que …. que se pode esperar dunha institución  que  tardou mais de trescentos anos en pedirlle desculpas a Galileo Galilei por levalo case á fogueira ao atreverse o científico italiano en concordancia co que tamén afirmaba Copérnico  ao  afirmar que a terra xiraba entorno ó sol (¡¡tremendo pecado!!).

A Igrexa basa todo o seu discurso para o opoñerse a homosexualidade e ós matrimonios entre persoas do mesmo sexo en que   o  “natural” é a relación entre un home e unha muller e o seu fin primordial é a procreación  xa que así, razoan,   se observa na natureza; o que pasa que este argumento cae por si só porque se tivésemos que guiarnos pola natureza a postura mais próxima ó que se define como  “natural”  serian os matrimonios poligámicos dun home con moitas mulleres  (presente en  algunhas culturas coma a islámica), pois, unha simple ollada ós animais empezando polos mais próximos ao ser humano como son os simios e seguindo por outros mamíferos como leóns, cervos,  etc.,  o macho dominante é o que dispón dunha maioría de femias  para procrear.

A igrexa diríalle ó mesmo que ao PP,  deberían adaptarse ós tempos e deixar de condenar  actitudes totalmente normais, neste senso resulta curioso a dobre vara de medir que manteñen nos asuntos “da carne”: por un lado condenan  a homosexualidade e todo o que lle rodea e por outro pechan os ollos (cando non ó intentan silenciar por tódolos medios) ante os miles  de casos de pederastia que levan a cabo os membros da súa institución en numerosos países do mundo.

Ademais ( é o que vou a dicir e unha teoría miña) en relación co título deste artigo, persoalmente, estou convencido de que Jesucristo era homosexual (espero non estar condenándome a excomuñón ou peor, aínda, ó lume eterno). Unha lectura pormenorizada da Biblia, mais exactamente, do Novo Testamento,  na que se describe a vida do fundador do Cristianismo pode levarnos, sen lugar a dubidas,  a esta conclusión, xa que,  en diversas ocasións, nestas escrituras, se mencionan  as mostras de cariño, de amor (como bicos, abrazos, caricias) que o fillo de Deus dedicaba  a outros homes, especialmente, ós apóstolos e a súa defensa do “amor al prójimo” mentres que pola contra, non se lle coñece relación con muller algunha, salvo, quizais con María Magdalena.

Repito que esta é unha teoría miña como a de que Xesús foi o primeiro comunista da terra (definitivamente estou condenado ó inferno), pois moitos dos seus ideais coinciden plenamente con esta corrente e, segundo a miña santa aboa, os que o crucificaron eran de dereitas (¡¡que grande eres Mercedes!!).

Para concluír reiterar ó meu desexo de que a resolución do Tribunal Constitucional sexa claramente en favor da súa total legalidade e que este sexa o paso a que nun futuro próximo  teñan dereito estes matrimonios a outra das súas grandes reivindicacións  como é a adopción de nenos (esperemos que de aquela o PP e a Igrexa mostren unha actitude mais “cristiana”).

Un saúdo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.