//
estás a ler...
., Cambados

Alfageme, a piques de ser vendida por lotes


Moi triste está a ser o desenlace da loita das traballadoras de Alfageme por un futuro para os postos de traballo. Levan anos nesta batalla, acelerada nos últimos meses pola ameaza da saída a subasta por lotes da empresa e da marca, unha opción que non garante -senón máis ben todo o contrario- un plan industrial que salvagarde os cento cincuenta postos de traballo.

A protesta nos Concellos | Nacho Feijoo, La Voz

O que precisan é que o Igape, dependente da Consellaría de Industria, decidira a cal das tres empresas que presentaron ofertas se lles adxudicaría Alfageme. Deste xeito se garantiría a continuidade do proxecto empresarial e dos postos das traballadoras. Pero segundo os sindicatos (CIG e CGT son os dous que representan maioritariamente ás traballadoras) o único que observan da Xunta é pasividade. É máis, dende a CIG acusan directamente a este departamento do goberno de Feijoo de que “non ten vontade de vender Alfageme e que quere ir a subasta”. A cuestión agora é que o xuíz marcará pronto a data para a subastaque remataría de certo cas esperanzas das traballadoras. Se a solución non chega de xeito inminente, Alfageme será historia e 150 empregos estarán perdidos.

Onte as traballadoras realizaron varios actos de protesta sorpresa, por un lado acudiron ás Casas Consistoriais e tiraron nas súas entradas centos de latas de Miau (unha marca de Alfageme) cadudacadas, denunciando que hai dous anos que a empresa non funciona. Fixérono en Vilagarcía, Cambados, Ribadumia e O Grove. Pola tarde, acudiron ao Pleno da Mancomunidade, onde lograron que se aprobara un acordo mediante o cal esta institución enviara un comunicado á Xunta instando a resolver o conflito e adxudicar Alfageme a unha das empresas interesadas. Alí, diante de alcaldes da comarca, lamentaron o escaso apoio que se lles brindou desde os entes locais: “o único papel que fixeron os alcaldes da comarca do Salnés que conta con 12.000 parados foi facerlle a ola á Consellería e a cidadanía ten que sabelo”. Pronto saberemos en que queda este conflito, lamentablemente non pinta nada ben. Info. de Diario de Arousa, Faro de Vigo e La Voz.

Conversa

3 thoughts on “Alfageme, a piques de ser vendida por lotes

  1. Sería unha verdadeira pena que non se poidan salvar 150 postos de traballo. 150 familias. Espero que teñan sorte e logren o seu proposito:seguir traballando.

    Posted by MARIA | 06/11/2012, 2:44 pm
  2. O Igape “Instituto Galego de Promoción Económica” avalo a Alfageme cuando la dirigían los anteriores propietarios, la familia Lago con 32,8 millones de Euros, y que el juzgado de lo mercantil ahora obliga a que lo abone la Conselleria en la liquidación de la sociedad, se le da el dinero público a los empresarios pero no se les exige nada a cambio, pero los trabajadores les da igual, como la Real Conservera y ejemplos varios que por desgracia hay muchos por ahí!!

    Posted by Señor X | 06/11/2012, 4:48 pm
  3. Los empresarios cogerán e irán a por lo que es salvable (Miau, que tiene una marca consolidada , y de prestigio), y después irán vendiendo las maquinaria y todo lo vendible por “lotes” .. mientras tanto los trabajadores al PARO … no hay justicia social ya en este país. La reforma laboral del Gobierno INCONSTITUCIONAL en varios artículos … lo vaticine en su día: una tropelía en toda regla como todas las que “perpetra” la derecha … menos mal que hay algunos jueces (ley del matromio homosexual) que sí tienen cordura ….ahora, y perdonadme porque no siga el hilo del título, los crápulas piden 1 euro por recta en MADRID Y CATALUÑA … y miña xoia Feijóo cuando dijo que “nones” en su día, dice que se lo está pensando …. que manera de estafar a los ciudadanos. Viva Obama

    Posted by oscarman | 07/11/2012, 12:45 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: