//
estás a ler...
., Cambados

Busca rápida: Plenos de máis de vinte Concellos galegos gravados e subidos á rede


Seguimos dándolle voltas á negativa do Alcalde de Cambados e das “filas populares” a que se graven os plenos da Corporación e posteriormente se difundan as imaxes na rede. En entradas anteriores xa demostramos con exemplos de textos xurídicos como existen numerosas sentenzas e informes que avalan o noso dereito a gravar os plenos por seren actos públicos. Segundo a Voz, desde o PP están “fartos” de Cambados(tk) por “manipular”, segundo eles, as imaxes dos plenos, en referencia a que da penúltima sesión só subíramos un cacho do mesmo (o máis polémico).

Pero só fai falla realizar unha rápida busca en Youtube para comprobar como en multitude de Concellos galegos se gravan os plenos e se suben á rede (porque, insistimos, non é ilegal facelo). Facede a proba. Nós buscamos “pleno concello” e fomos anotando os difentes casos, analizando se foron gravados por prensa convencional ou por “afeccionados”, é dicir, blogs ou cidadáns individuais. Tamén miramos se tan só se subían cortes da sesión ou o pleno íntegro. Fixemos unha pequena lista, na que se pode comprobar como unha boa parte dos casos son de xente anónima do público que grava sen problemas o pleno, e a maioría (veñan de prensa ou de afeccionados) tan só suben os fragmentos do pleno que lles interesan. Tan só atopamos o caso dun Concello galego (Bergondo) onde a Alcaldía interrumpiu o pleno para impedir ao cidadán que gravaba que continuase. Todos estes exemplos podes velos despois de Seguir Lendo.

Desde Cambados(tk) seguimos esperando a resposta do Alcalde de Cambados ao escrito que presentamos o venres 26 de Outubro solicitando formalmente o permiso para gravar (algo que nos parece innecesario pero que aínda así facemos para ver até onde vai chegar o alcalde defendendo o indefendible). A pregunta é…veremos en Cambados no mes de Decembro imaxes (como as do vídeo de abaixo) dunha persoa sendo expulsada pola Policía do Pleno por querer gravar o mesmo?


ALGUNHAS GRAVACIÓNS DE PLENOS (inclúese só un enlace por caso, aínda que da maioría pódense atopar máis vídeos semellantes)

Ourense e Concellos da provincia (A Rúa, Vilariño de Conso, O Barco…). La Región (xornal) e Telemiño (televisión). Cortes.

-Portas. Afeccionado. Cortes e plenos íntegros.

-Arbo. Afeccionado. Íntegro.

-Chantada. Televinte (televisión). Cortes.

-Marín. Afeccionado. Corte.

-Bergondo. Afeccionado. Íntegro. Neste outro é no cal se ve como prohiben gravar.

-Vilagarcía. Arousa TV (televisión en internet). Íntegro.

-Lugo. Esquerda Unida. Cortes. Tamén do BNG das mesmas características.

 -Caldas. Afeccionado. Íntegro.

-Camariñas. Só son. Camariñas TV (televisión amateur). Íntegro

-Cangas. Afeccionado. Cortes

-Moaña. BNG. Cortes (outros teñen o pleno íntegro).

-Gondomar. TV Gondomar.Íntegro. Outro de afeccionado. Cortes.

 -Folgoso do Courel. Afeccionado. Corte.

-Allariz. Afeccionado. Só son. Íntegro.

 

Conversa

One thought on “Busca rápida: Plenos de máis de vinte Concellos galegos gravados e subidos á rede

  1. Cambados es diferente Oscar, la mayoria les abruma, y les trae recuerdos de tiempos pasados, que para la derecha fueron mejores.

    Posted by SEÑOR X | 06/11/2012, 9:13 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: