//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Galiza, Ricardo Domínguez Rey

Jesucristo era maricón (mal que lle pese á dereita)


No momento que  escribo  estas liñas estase a espera de saber a resolución do Tribunal Constitucional sobre o recurso que o Partido Popular puxo, no ano 2005,  contra a Lei de matrimonios homosexuais aprobada pola administración Zapatero durante a sua primeira lexislatura.

Vaia por diante,  dende o meu punto persoal,  que, xa no seu dia,  me pareceu unha das leis mais xustas e necesarias,  acorde cos tempos que vivimos e que cumpre con unha das reivindicacións mais demandadas polo colectivo homosexual.

O que resulta penoso e que en pleno século XXI e moito despois de que organizacións como a OMS (Organización Mundial da Saúde), decláranse que a homosexualidade non é nin moito menos unha enfermidade, repito, é penoso que dende diversos estamentos da nosa sociedade empezando polo propio Partido Popular se lles queira  negar  o dereito ó matrimonio e a tódolos dereitos  dos que si gozan os matrimonios heterosexuais. Atrás quedan situacións esperpénticas coma as declaracións  da actual alcaldesa de Madrid Ana Botella facendo unha comparación entre peras e mazás  ou as manifestacións do clero, con Rouco Varela á cabeza, polas rúas de Madrid defendendo a “familia tradicional”, como si polo feito de que os homosexuais poidan casarse supoña algún tipo de ataque a tal concepto de familia.

O Partido Popular dende o principio baseou a súa loita contra esta lei  no feito de que se definise a esta unión como matrimonio, pois considera que tal definición só se debería aplicar ós matrimonios heterosexuais e que a unión entre persoas do mesmo sexo tería  de chamarse de outra maneira; afortunadamente non toda a xente do PP pensa igual e, incluso,  entre as súas filas xa se  celebraron matrimonios homosexuais para desgraza do sector mais “conservador”.

Sempre que escoito o PP defender a súa postura oficial contra esta lei non podo evitar recordar unha visita que o presidente de Iran, Mahmud Ahmadineyad fixo a Nova York, con motivo dun cumio da ONU, resulta que foi invitado a dar unha conferencia  nunha universidade  (paréceme recordar que a de Columbia) e declarou, no medio de apupos e asubíos,  que no seu pais non existía a homosexulidade e algo de razón tiña pois,  e moitos casos, tal practica págase coa vida.

 

¿Cando abrirá os ollos  ó PP? ¿Cando se decatarán de que estamos no ano 2012? ¿a que ven tanta intransixencia? Afortunadamente non todo o mundo  neste partido pensa así pero demostra que neste tema, coma en outros moitos, os dirixentes desta formación política parecen estar ancorados no pasado, persoalmente penso que deberían ser mais consecuentes cos tempos que vivimos.

En canto á postura da Igrexa,  é para darlles de comer a parte, aínda que …. que se pode esperar dunha institución  que  tardou mais de trescentos anos en pedirlle desculpas a Galileo Galilei por levalo case á fogueira ao atreverse o científico italiano en concordancia co que tamén afirmaba Copérnico  ao  afirmar que a terra xiraba entorno ó sol (¡¡tremendo pecado!!).

A Igrexa basa todo o seu discurso para o opoñerse a homosexualidade e ós matrimonios entre persoas do mesmo sexo en que   o  “natural” é a relación entre un home e unha muller e o seu fin primordial é a procreación  xa que así, razoan,   se observa na natureza; o que pasa que este argumento cae por si só porque se tivésemos que guiarnos pola natureza a postura mais próxima ó que se define como  “natural”  serian os matrimonios poligámicos dun home con moitas mulleres  (presente en  algunhas culturas coma a islámica), pois, unha simple ollada ós animais empezando polos mais próximos ao ser humano como son os simios e seguindo por outros mamíferos como leóns, cervos,  etc.,  o macho dominante é o que dispón dunha maioría de femias  para procrear.

A igrexa diríalle ó mesmo que ao PP,  deberían adaptarse ós tempos e deixar de condenar  actitudes totalmente normais, neste senso resulta curioso a dobre vara de medir que manteñen nos asuntos “da carne”: por un lado condenan  a homosexualidade e todo o que lle rodea e por outro pechan os ollos (cando non ó intentan silenciar por tódolos medios) ante os miles  de casos de pederastia que levan a cabo os membros da súa institución en numerosos países do mundo.

Ademais ( é o que vou a dicir e unha teoría miña) en relación co título deste artigo, persoalmente, estou convencido de que Jesucristo era homosexual (espero non estar condenándome a excomuñón ou peor, aínda, ó lume eterno). Unha lectura pormenorizada da Biblia, mais exactamente, do Novo Testamento,  na que se describe a vida do fundador do Cristianismo pode levarnos, sen lugar a dubidas,  a esta conclusión, xa que,  en diversas ocasións, nestas escrituras, se mencionan  as mostras de cariño, de amor (como bicos, abrazos, caricias) que o fillo de Deus dedicaba  a outros homes, especialmente, ós apóstolos e a súa defensa do “amor al prójimo” mentres que pola contra, non se lle coñece relación con muller algunha, salvo, quizais con María Magdalena.

Repito que esta é unha teoría miña como a de que Xesús foi o primeiro comunista da terra (definitivamente estou condenado ó inferno), pois moitos dos seus ideais coinciden plenamente con esta corrente e, segundo a miña santa aboa, os que o crucificaron eran de dereitas (¡¡que grande eres Mercedes!!).

Para concluír reiterar ó meu desexo de que a resolución do Tribunal Constitucional sexa claramente en favor da súa total legalidade e que este sexa o paso a que nun futuro próximo  teñan dereito estes matrimonios a outra das súas grandes reivindicacións  como é a adopción de nenos (esperemos que de aquela o PP e a Igrexa mostren unha actitude mais “cristiana”).

Un saúdo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

Conversa

17 thoughts on “Jesucristo era maricón (mal que lle pese á dereita)

  1. Desafortunado artigo Ricardo: o título xa é noxento, e o moderador que saiba que para algún de nós é unha aldraxe que pubrique artigos con ese Título … ofende a moitos Cristiáns coma min … mesturades a política e a igrexa, cando non é tal … este foi un recurso que presentou o PP e perdeu porén a constitucionalidade da lei é incuestionable … a Igrexa, coma institución privada e que cobra cartos publicos do Estado asemade hai un Concordato firmado en 1979 que ten vixencia (que lea un pouco Xoán Allegue, porén en Tele Salnés descoñecía o particular) a pesares de que eu a título particular levo decindo moitos anos que debe financiarse cos seus ferigreses … non con cartos públicos … namentras estivo o PSOE, o BNG, o PP, todos excepto esquerda unida non abriron a boca perante 30 anos, e agora aproveitando o fallo do Alto Tribunal, o empregan para facer política …. a min tanto me ten que fora Cristo de esquerdas ou de dereitas, que fora heterosexual ou homosexual, coma se era abstemio de todo o que remata por -R … a palabra esa, maricón, ofende tamén os homosexuais .. porén ten un sustrato de vileza. Se queredes cambialas cousas, tempo tivestes dabondo para facelas. Me reafirmo na condición de Republicano .. quero un estado laico DE VERDADE, unha sociedade que pense coma lle veña en gana .. e que Cristo era de esquerdas, SÍ: cando os milicianos queimaban algunha igrexa perante a Guerra Civil, a efixie de Cristo a quitaban antes de prender lume: “éste é un dos nosos” ….era unha protesta porén a curia aproveitou o golpe de Estado dos militares: xuntouse a maior parte deles co alzamento … e son culpables, e nunca pedirán perdón. Cristo e a Igrexa son dous cousas diferentes amigo Ricardo: principia a separar, senón correde lo risco de ofender gratuítamente. Buñuel dixo “xuro por Deus que son ateo”, e me parece moi correto, coma se dí que é do BNG … cada un que teña liberdade de pensamento e de ideas …
    Saúdos, e máis cordura Ricardo

    Posted by oscarman | 07/11/2012, 12:03 pm
    • Apreciado amigo Oscar:

      Vaia por diante que a pesar da miña condición de agnóstico téñolle moito respeto, non so a relixión católica, senon a tódalas creencias sexan da indole que sexan polo que quero remarcar que o meu artigo non é un ataque o que cada un crea ou lle rece, iso quero deixalo ben claro. Outra cousa moi distinta e a clase dirixente desta confesión que predica unha cousa e fai a contraria, en moitos casos, aproveitandose da boa fe dos creientes.

      No artigo, igualmente, queda mais que claro o meu apoio ó colectivo homexual, primeiro porque considero que son ciudadans que deben ter os mesmos dereitos co resto da poboación e en segundo lugar, xa mais no eido persoal, porque teño amigos homosexuais e sei polo que pasaron e estan a pasar, polo tanto existe un elevedao grao de empatía.

      En canto ó titulo do artigo, apreciado amigo, quérote aclarar que buscaba unha frase que resumese a forma coa que se lles define coloquialmente, e non so iso, senon tamen como así os definia a dereita franquista; deixame contarche unha anécdota , Oscar : fai un tempo un amigo policia, xa retirado, amosoume uns documentos valiosisimos: as fichas que a policia franquista utilizaba para clasificar á xente que lle facian especiais seguimentos (loxicamente cos nomes tapadaos para preservar a sua identidade) e recordo unha que me chamou especialmente á atención …..decia mais ou menos asi: ” Intectual, calado e, probablemente, MARICON” non homosexual nin desviado, senon MARICON…. cando pensaba nun título lembreime de iso e á vez quería reflexalo sobre unha persoa que fose todo un simbolo para remarcar que ser homosexual non é unha desgraza nin unha enfermidade senon, simplemente, unha opción sexual mais e que homosexual podo ser eu ti, meus fillos ou os teus e non por elo é un drama……puxen “Jesucristo era maricón” como puden ter posto “Oscar Wilde era maricón” ou ” Edgar Hoover era maricón” o que pasa que non sei, realmente quen lee isto e busquei un persoaxe historico facilmente reconocible polo maior segmento e, como pra min, Jesucristo non ten ningunha carga simbólica mais que o de ser un persoaxe histórico.

      Por outra banda estou convencido de que Jesucristo si era homosexual e , por iso, aproveitei para poñelo, evidentemente, recoñezco que é un titular impactante pero aseguroche que non intentei ferir ningunha sensibilidade porque pra min, persoalmente, o feito de ser homosexual (ou maricón) non é unha deshonra e é mais, os que me coñecen saben, porque así manifesteino publicamente que prefiro ter un fillo homosexual a que me salga obispo, asi de claro.

      Repito que respeto todas as creenzas, non só a católica e, (esto vai por ti Maria) no sexas taliban, recordasme os integristas islamiscos que quixeron quemar unha redaccion porque tivo a osadia de publicar unhas caricaturas de Mahoma, respeto as vosas creenzas respetade vos a miña liberdade de expresión, e, sobre todo, procurade ter unha perpectiva mais global e menos radical, e un bo consello que vos dou. Saudos

      RICARDO DOMINGUEZ REY

      Posted by Ricardo | 07/11/2012, 6:27 pm
  2. Felicitacions Oscarman ,podese dicir mais alto pero non mais claro. Hai moito hipocrita que lle conven mezclar igrexa con politica, de todos os lados. a igrexa non e do pp solo . hai católicos en case todos os partidos. Crer en Cristo non e crer en Rouco Varela and company. Hai que saber separar. E a palabra mencionada no titulo e homofoba cos propios homosexuais. Hai que ter un pouco mais de respeto. Felicitacions de novo Oscarman.

    Posted by MARIA | 07/11/2012, 3:48 pm
  3. Maricón es un adjetivo y sustantivo habitualmente de carácter peyorativo, originalmente aumentativo de Marica (a su vez diminutivo de María). Marica se usa como insulto grosero con los significados de hombre homosexual; hombre afeminado (que no significa homosexual, son términos relacionados pero no iguales), además de hombre de poco ánimo y esfuerzo.1

    En España el uso de ciertos términos con carácter peyorativo pueden dejan de tener ese carácter según el contexto en el que se use. Es el caso de su uso en el lenguaje coloquial entre personas con gran confianza entre ellas en el que esos términos pueden ser un halago referido a la habilidad o astucia con que se ha realizado algo, un ejemplo son las frases: “que maricón eres/es”, “que cabrón eres/es” o “que hijo de puta eres/es”.

    NON ME FALAR DO CONTEXTO SI É TAL OU CUAL … é o que entede a maior parte da xente, non na exclusiva comunidade gay. É un tropezo e coma tal deberías rectificar Ricardo, porén non o vas a facer, e por moitas verbas que empregues, o significado e a intención están claras . Non tedes altura moral, nen respeto para os demáis …
    Non perdalo tempo en copiar ou pegar do RAE, xa te adiantei o traballo … vai a ser certo que esto de Cambados.tk é unha marea incontrolable para o PP e para algún de nós tamén … señor moderador: a liberdade de expresión non pode confundirse con publicar cousas coma esta … é unha falta de respeto e de educación …

    Cordura: pouca, porén que non falte … vas a ter record de vistas en Cambados.,tk asemade esta vez non te vou a felicitar por elo .. hai liñas que non se poden atravesar, coma persona cabal que eres Óscar Pardo deberías sabelo.

    Posted by oscarman | 07/11/2012, 4:03 pm
    • Oscarman, pídoche desculpas se te sintes ofendido por min, aínda que creo que non tomei parte nesta historia. Eu limiteime a subir un artigo enviado por un colaborador. Certo é que me chocou o título e que non me parece moi afortunado; refírese a unha parte moi concreta e minoritaria do texto, creo que a maneira de facelo foi precisamente máis como forma publicitaria que como título.

      Agora ben, sábese de sobra (e así está reflectido nos termos da web https://cambadostk.wordpress.com/sobre/ ) que Cambados(tk) ou eu mesmo non temos por que estar dacordo co que se escribe na sección de artigos de opinión, eu emito a miña a través do resto da páxina e sobre todo cos artigos que eu asino.

      Polo demais, aínda que nos felicitamos cando acadamos boa audiencia, dicirche que non é o meu fin principal batir récords de visitas. Espero que seguir contando coa túa participación na páxina. Saúdos

      Posted by Óscar | 07/11/2012, 4:51 pm
    • Por certo Oscarman eu non misturo politica e Igrexa, non te equivoques, os que á misturaron foi a propia curia eclesiástica que saliu a manifestarse polas rúas de Madrid contra ¡¡¡¡UNHA LEI CIVIL SIN NINGUN CARACTER RELIXIOSO!!! polo tanto fora, totalmente, das suas competencias e que, en ningun caso, entra en conflicto co que eles predican …..sinceramente, Oscarman, ¿quen foi o que misturou relixión é política?

      Posted by Ricardo | 07/11/2012, 6:38 pm
  4. Marica eran no meu país as mulleres que de nome oficial eran Maria do Carmo ou Maria del Carmen como todas as Maricas que eu coñezo;,con isto de ser Spañol e todas as mentiras bilinguístas armónicas que coñezo non lle vas chamar a túa nai Marica que queda mal, por iso ,.Eu non me escondo en ningún sobrenome e entendo que haxa xente que o teña que facer pero non se lles ocurre tan sequera opinar e menos criticar,pero como aquí vale todo direivos que EU son Maricón mais non un tomapolocú,desos que abundan na casa grande da Calzada,entre os gais-maricóns ricos-e mariquitas-maricas pobres-nos chamamos mariconazo co senso de que nos gusta un home mais que unha piruleta á porta dun colexio,sen mais,que Ricardo nos chame marica non nos ofende por que sabemos como pensa e escrebe co seu apelido ao inicio ou ao remate dos mesmos e para rematar non todos os gais somos bós e nen todos os maricóns somos”buena gente bien pensante”mirade o meu caso….

    Posted by xan galban galiñanes | 08/11/2012, 3:45 am
  5. O primeiro que teño que dicir neste tema e que o artigo de Ricardo pareceme exemplar, moi bo, na súa liña e fai unha alegato a prol de matrimonio entre parellas do mesmo sexo moi digno, non estou para nada dacordo coa primeira fase do comentarios de Oscarman “Desafortunado artigo” e menos que se lle chame noxento o titulo . Enton cal é o problema aquí? , evidentemente o titulo. Para os que non creemos, ou o menos para min, respetando todas as creencias, o titulo o mais que o podo calificar é de “chamativo”, e dendo logo eu coido que Ricardo esta amparado pola “sacrosanta” liberdade de expresión. Estamos a falar dunha personaxe histórica que non poucos eruditos dubidan da súa existencia, incluso relixions tan importantes coma a xudia negan a súa existencia polo menos no que se refiere a seu protagonismo como mesias e creador de toda unha relixión como a cristiá. Penso de todos os xeitos que Ricardo no fixo con “animus iniuriandi”, senón todo o contrario.
    Noxento é tapar a pederastía dentro da igrexa, noxento é como ben di Ricardo, que os curas vaian a manifestacións que non teñen que ver nada coa relixión, noxento e que a Igrexa non pague o IBI, noxento é que dende os púlpitos se faga política, noxento é que as monxas leven os vellos a votar con indicación do voto, noxento é que o Vaticano esta repleto de tesouros e o mundo esta morrendo de fame, vos creedes que si en realidade existirá ese Cristo do que vos falades e baixara por un intre a terra , concretamente o Vaticano que permitiría tal canallada ou empezarisa a latigazos co papa e cardenais como fixo no templo de Xerusalen cos mercaderes (segundo din as manipuladas escrituras) e fin podia estar relacionando cousas aquí noxentas da igrexa todo o día. Evidentemente que unha empresa tan grande como a Igrexa tamén fai cousas boas sobre todo en temas de caridade social e actividades misionares, pero unha cousa non quita a outra.
    Non é certo que o BNG non se pronunciara en contra dos beneficios eclsiasticos xa que pideu “mogollón” de veces que a iglesia pagara o IBI e se autofinanciara, como debe ser.
    E depois, a que ven o de Maria de insultar a Ricardo chamándolle hipócrita, se hai alguen hipócrita neste pais e a curia eclesiastica.
    En canto a Oscar Pardo, administrador deste blog, pensó, baixo o meu modesto entender, que non debe pedir disculpas, porque se sinta ofendida unha persoa non quere dicir que os demais nos sintamos ofendidos nin moito menos, eu publiquei o artigo no meu blog, previamente de lelo, e publiqueino con todas as consecuencias. Ou sexa que nos rimos de Mahoma, de Buda pero non podemos criticar a un suposto líder cristián do que ninguen ten a certeza absoluta de que houbera existido. Xa non falo do meu blog porque ten moitos ofendidos as suas costas (según din), pero o mellor tamén se sinteu ofendido o asesor do Alcalde cando publicaches aquí o outro día si cobraba horas extras por acompañar o alcalde o día das eleccións e por iso ninguen lle pidiu perdón.
    Por certo, excelente resposta a do meu amigo e admirado Xan Galbán, ese, exactamente ese é o ton non que hai que entender o artigo de Ricardo, e non outro.
    Podiase un aquí alongar moito mais, pero pensó que non se debe nin pode calificar de noxento un excelente artigo e de hipócrita a gran articulista, porque veladamente estase a coartar a liberdade de expresión, non fagamos o que están a facer certos esbirros dende a Casa Grande.

    *[ Editado polo administrador da web co permiso do autor do comentario, para retirar un nome]

    Posted by CHON | 08/11/2012, 5:00 pm
    • Faltaba tempo para que te expresaras Chon: estaba esperando que publicaras o teu manifesto … pasei polo teu posto de traballo para te saudar e sei que o teu Cristo foi Ernesto Che Guevara, moi boa a foto … a cor vermella é empregada por cineastas como Ingmar Bergman e Shymalan para indicar a presenza do medo, do suspense, de que algo tráxico está a piques de ocorrer .. todos temos o noso símbolo, a nosa imaxe, a nosa foto …. real foi que Fidel Castro non lle avisara que ían por el .. é outro mártir. Grazas por publicar o meu apelido por parte de pai, de paso: estou orgulloso del … é o espello más cercano que teño, un home traballador, colaborador (co teu Blog tamén , ainda que tampoco pediras permiso) .. te gusta o espazo escénico, sentirse diantes dos focos .. coma José Mouriño … me contaron que eres do Real Madrid: eu tamén. O Madrid e tamén un símbolo …
      Saúdos

      Posted by oscarman | 08/11/2012, 8:53 pm
    • Retiro a palabra “hipocrita”. E reitero todo o demáis.

      Posted by MARIA | 09/11/2012, 2:07 am
  6. Eu reitero todo o espresado, e engado a a palabra “bocazas”, para quen queira entender.

    bocaza o bocazas.

    (Del aum. de boca).

    1. com. coloq. Persona que habla más de lo que aconseja la discreción.

    Real Academia Española © Todos los derechos reservados

    Posted by oscarman | 09/11/2012, 4:34 pm
  7. Sinto pena e vergoña allea. Dixéronme que tk publicara esta laparaxada e pensei que era unha broma de mal gusto. Óscar: non te escudes na libertade de expresión cando se quere ofender, gratuitamente, a millóns de persoas que cremos en Xesucristo. Xa sei que o fai sobre todo por atacar á Igrexa, pero os argumentos son ridículos. Como predicou o amor e amaba ós homes, “Cristo era maricón” (menuda cretinez). A Fe en Xesús esta moi por enriba das Igrexas e de calqueira institución (por certo, tamén hai miles de curas no terceiro mundo axudando a sobrevivir aos máis pobres de entre os pobres). Ningún historiador serio especula coa posible condición sexual de Xesús, nin pon en dúbida a súa existencia, nin nega o martirio dos cristiáns que foron masacrados polas súas crenzas. Ainda discrepando da súa condición divina, moitos pensadores agnósticos e ateos consideran a Xesucristo un dos líderes relixiosos máis influintes do mundo, tanto que o cambiou para mellor (estudiade a influencia de Cristo na civilizacíón máis avanzada do mundo). Oscarman: non intentes razonar con tipos sen escrúpulos nin principios morais, para que? Ricardo e Chon saben perfectamente que ofender ás relixións cristianas sae gratis. Va que non son quen de publicar un “artigo” como o de arriba trocando o nome sagrado de Cristo polo de Mahoma. A que non. Pero digo, publicalo e facelo circular pola Rede ata chegar ós países musulmáns. A que non hai bemoles… Vale. Pois que saibades unha cousa: se forades persoas de boa fe ó mellor ofendíades, non só a Igrexa católica, senón as crenzas de millóns de cristiáns. Pero como sodes uns pobres miserentos só inspirades compaixón. Nunca pensei que caerades tan baixo. Pobre nacionalismo galego (supoño que tamén hai nacionalistas que se sinten ofendidos por esta bazofia, ata o poeta Cabanillas se remove na súa tumba de Bonaval).
    “Pai noso, perdoa as nosas ofensas como nós perdoamos a quen nos ofende”.

    Posted by Jacinto Cobas | 09/11/2012, 7:15 pm
    • Apreciado Jacinto Cobas : en primer lugar e ante todo darte as grazas polo de miserento vindo de ti tomareino como un cumiprido, en segundo lugar preguntariache ¿realmentente liches o artigo ou soamente o titulo? Eu respeto a tu Fe como a de todos os creientes, pareceme ben que creas en Cristo pero e que pra min so e un personaxe historico, nada mais e non entro en cuestions relixiosas si houbeses lido o artigo realmente verias que tamen critico os paises islamicos, concretamente a Iran, non fixen o artigo sobre Mahoma porque non vivo nun pais musulman senon cristiano e realmente os que parecedes talibanes sodes bos pois seguro que no seu dia pareceuvos mal que atacasen a redaccion dun periodico polo mero feito de facer unhas caricaturas de mahoma e agora vos parecedes uns radicales islamicos polo mero feito porque utilizo a imaxe de Jesucristo como poiden utilizar a imaxe de Napoleon ou de Julio Cesar; evidentemente que a quen quero criticar e a Igrexa pois e que mexou fora do tiesto ao salir a protestar as ruas contra unha lei civil e laica que nada tiña que ver co seu ambito; por certo ¿que ten que ver o nacionalismo galego en todo isto? O que suscribe todo isto vota ao nacionalismo pero catalan pois Catalunya e o pais onde resido. Como boi cristian que dices ser pediriache que rezases pola miña alma xa que eu na miña condicion de agnostico non vou rezar pola tua.

      Posted by ricardo | 10/11/2012, 2:35 am
    • Levas razón Jacinto … o que suscribe ese artigo pensa que Cambados.tk é o seu ximnasio moral, coma dicía Bernard Shaw nalgún dos seus prefacios … porén Cultura, educación, e respeto, non teñen de nengunha clase. E de retractarse non digamos: pensan que traballan “nun túnel de lavado para a moralidade” …. xa non sei nen porque me molesto en dicirlles nada máis … tamén os perdono coma Xesús …. non saben o que fan nin o que escreben ….
      Saúdos

      Posted by oscarman | 10/11/2012, 4:47 pm
  8. Amen.

    Posted by CHON | 10/11/2012, 6:43 pm
  9. De que Centro de Salud Mental salieron Oscarman y Jacinto?, o es que áun están de permiso y tienen que volver?. Porque en pleno siglo XXI, pensar como piensan es de psiquiatrico. Hasta yo tengo pensamientos más avanzados que los de ellos.

    Posted by Jesuscristo | 15/11/2012, 12:11 am
    • A min levoume nunha chalana Jack Nicholson En Alguien Voló sobre el Nido del Cuco, xunto o resto de internos do Hospital aquel, porén non me colleron e ando “libre” … para a túa tranquilidade non represento nengún perigo para a sociedade, Tí sabes que é certo. Pensamientos avanzados, fálame deles … así podo contrastalo, ja, ja …. se os que decides parvadas de cando en vez por TK. sodes os que vos postulades como Goberno para Cambados, será un entroido permanente os 365 días do ano….

      Lucas 8, 12 -20:
      En aquel tiempo dijo Jesús a los judíos: «Yo soy la luz del mundo; el que me siga no caminará en la oscuridad, sino que tendrá la luz de la vida». Los fariseos le dijeron: «Tú das testimonio de ti mismo: tu testimonio no vale». Jesús les respondió: «Aunque yo dé testimonio de mí mismo, mi testimonio vale, porque sé de dónde he venido y a dónde voy; pero vosotros no sabéis de dónde vengo ni a dónde voy. Vosotros juzgáis según la carne; yo no juzgo a nadie; y si juzgo, mi juicio es verdadero, porque no estoy yo solo, sino yo y el que me ha enviado. Y en vuestra Ley está escrito que el testimonio de dos personas es válido. Yo soy el que doy testimonio de mí mismo y también el que me ha enviado, el Padre, da testimonio de mí». Entonces le decían: «¿Dónde está tu Padre?» Respondió Jesús: «No me conocéis ni a mí ni a mi Padre; si me conocierais a mí, conoceríais también a mi Padre».

      Posted by oscarman | 15/11/2012, 1:08 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: