//
estás a ler...
., Cambados

Exposalnés: Centro social? Centro cultural? Non, centro comarcal abandoado


Hai dez meses, por Xaneiro deste ano, soubemos da intención da Xunta de Galicia de eliminar as Fundacións Comarcais, cuxa presenza na nosa comarca tradúcese no denominado edificio Exposalnés. Neste lugar, ademais dunha exposición fixa sobre a comarca, téñense celebrado multitude de exposicións de arte e presentacións de libros, ademais doutro tipo de actos culturais. Cando coñecimos a intención da Xunta de  rematar con estes espazos fixemos unha pregunta aos lectores de CTK: Ti que farías con Exposalnés se pasa a titularidade municipal? Houbo moitas respostas, mais un 80% consideraba que o modelo de xestión debía cambiar. Uns propuxeron que se empregara como centro de servizos sociais e outros apuntaban a diferentes usos culturais (museo Asorey, arquivo Cabanillas…) e os menos falaban de usos administrativos.

O estado do Salón de actos | Martina Miser, Voz

Pois ben, hoxe a prensa comarcal dános a resposta oficial a esta enquisa: Exposalnés está literalmente abandonada. O número de traballadores que siguen alí é mínimo e non hai limpeza desde que nós lanzabamos a enquisa en Xaneiro. O Salón de actos está impracticable por unha inundación e en xeral alí o que se está a dar é un desaproveitamento absoluto dunhas instalacións que estaban nunhas condicións normais e agora están degradándose. Certo é que a pelota está no tellado da Xunta, xa que aínda non decidiu se vai ceder ao Concello o uso do edificio. Pero…está facendo o goberno local todo o necesario para recuperar para a cidadanía este espazo?

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: