//
estás a ler...
., Cambados

Avogados e procuradores concéntranse en Cambados contra a suba das taxas xudiciais


Concentración en Cambados | Click Cambados

As 12 do mediodía foi a hora escollida polo Consello da Avogacía Galega para concentrarse nos principais puntos da Administración de Xustiza de cada partido xudicial. Na nosa comarca houbo dúas mobilizacións, unha nos Xulgados de Vilagarcía e outra ás portas dos de Cambados (na imaxe). No noso Concello a concentración contou coa presenza de case todos os avogados e moitos dos procuradores que aquí exercen.

A Avogacía quere con estas accións chamar a atención da opinión pública sobre unha suba de taxas que nos devolve a 1986, cando foran abolidas. Basicamente, o que queren transladar aos cidadáns é que, logo de que eles pagaran cos seus impostos o custo da Xustiza, van atoparse agora cun obstáculo económico cando queiran facer uso dela. Nun comunicado, puxeron exemplos concretos do que significa este plan do Goberno de España: unha apelación gravarase con 800 euros e recurrir unha multa de 100€ custará 200€ (co cal faise inviable a acción legal). Para o Consello da Avogacía, o Goberno fai que as segundas e ulteriores instancias sexan tratadas como un capricho do consumidor, ata o punto de que por primeira vez na historia se impón unha taxa para recursos de suplicación en materia laboral. Ademais dos colexios de avogados, tamén o Consello Xeral do Poder Xudicial criticou a imposición das taxas, así como todas as asociacións de xuíces.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: