//
estás a ler...
., Cambados, Ricardo Domínguez Rey

Jesucristo: “E que pasa se fun maricón?”


Debo confesar que non teño a mais  mínima idea de decoración, non atinando a diferenciar entre un sillón Luís XV e outro  calquera dos que venden en IKEA, a diferenza da miña muller que coas revistas e programas de televisión sobre decoración  que ve, poderían darlle, tranquilamente, o titulo de arquitecta de interiores.

Por iso que cando foi o momento de decorar a casa, loxicamente decidiu ela levar o tema, iso si o que eu  tiven claro dende un principio, coma a si foi,  é que no salón poñería  unha enorme pantalla de televisión (dunha coñecida marca xaponesa) e un sofá tan enorme que me permitise manter calquera postura en  horizontal.

Un dos meus maiores praceres consiste en que,  cando van a durmir a miña muller e os nenos para a planta superior, quedarme eu no salón, abrir unha botella de viño,  un paquete de xamón ibérico reservado para as ocasións e gozar dunha velada cinematográfica.

Atopábame eu a outra noite nesta situación cando sonou o timbre da casa, estrañado de quen podía ser a tales horas, abrín a porta.

–          Boas noites, Ricardo, ¿podo pasar?

–          Pero ¿como puido saltar a valla da casa?, ¿como puido chegar ata aquí evitando os meus cans?  e a mais importante ¿quen e vostede?

–          Tranquilo, dos teus cans encárganse Paco e Toño, que en tema de animais son os que mais man teñen

–          ¿Quen?

–          San Francisco de Asis e San Antonio Abad, e eu son Jesucristo.

Cando me quixen dar contar Jesucristo estaba sentado no meu sofá (vantaxes da omnipresencia, supoño)

–          Invitaríalle a un viño, señor,  pero acabo de terminar a última botella

De repente na mesa apareceu un relucente botella de albariño, Jesucristo botou unha gargallada.

–          Dende as vodas de Caná que non facía este milagre e ,por certo, non me trates de vostede, ¡coño!, que só teño trinta e tres a nos e, por tanto , son mais novo ca ti e podes chamarme Suso.

Eu con algo de medo, pois non tódolos días ven a visitarche o fillo de Deus, preguntei:

–          ¿Fixen algo malo? ¿vasme a castigar?

(Jesucristo deixou de beber da copa, levantou a mirada e botou outra gargallada)

–          ¿Por que  debería facer tal cousa?

–          Non sei, non estou acostumado a visitas tan ilustres

–          ¡Que va , home! Ademais cando teño que castigar a alguén mándolle ao arcanxo San Gabriel

–          Imaxino que un tipo coma un armario coa súa espada ardente e todo ¿non?

(Jesucristo botou unha terceira gargallada, mais sonora aínda)

–          ¡Para nada! E un tipo mais ben baixiño ¡pero ten unha mala hostia que non vexas!

(Debo de recoñecer que o fillo de Deus é un cachondo mental de coidado)

–          Pensei que viñeras porque  afirmara que cando vivías na terra, entre os homes,  eras homosexual.

–          Ja ja como ti ben dis, Domínguez, iso non é nada malo e, a pesares do que din os que afirman representarme na terra, tampouco é pecado.

–          Pois todo o clero ten unha guerra declarada aos homosexuais, fíxate que non querían que se puideran casar, e fáloche dun acto civil. Parece que para o clero os problemas relacionados co sexo son os mais graves que acochan ó mundo.

–          ¡Que che vou a contar! Pensas que poido coincidir en algo co que están a facer esta grupo de vexestorios, como segan nesa liña voume ter que reencarnar en Justin Bieber para atraer ás novas xeracións porque senón ó final quedaremos catro gatos.

–          ¿A que ven tanta rechazo por parte do clero, entón? Sinceramente,  Suso,  non o entendo, só son condescendentes cos casos de pederastia que se producen no seu seno, entón si que nos piden que sexamos razoables e bos cristiáns.

–          ¿Que queres que che diga Domínguez? Si souberas a de sacerdotes, bispos, cardeais   homosexuais que hai …..ata algún presidente de goberno!

A verdade é que Jesucristo era ben simpático polo que a conversación transcorría nun ambiente moi agradable.

–          Oes Suso!! entre ti e mais eu, no meu pobo, Cambados, ¿hai moito pecador?

–          Ja ja ja ¡¡mais que entre Sodoma e Gomorra xuntas!! Se volvese a caer o diluvio universal alí  non se salvaba nin o Tato.

–          E xa postos ¿é moi pecador o alcalde de Cambados?

(Jesucristo sorriu levemente, acariciouse a barba e preguntoume)

–          ¿que pecados crees que puido cometer?   a ver si os adiviñas

(Pensei mentalmente, durante uns intres,  en toda a lista de pecados que coñecía e tamén na “brillante” traxectoria do noso “ilustre” alcalde e contestei)

–          Pois por empezar polos pecados capitais, penso que comete gula porque pra ter a cara de presentar unhas dietas de comida de apenas dez días por valor de mais de 3.000 euros  hai que ter moita cara, ou moito estómago segundo se vexa, tamén comete o pecado de soberbia pois pensa que as súas actuacións están por enriba do ben e do mal, tamén comete o pecado  da pereza pois mira que sen ser Cambados un pobo moi grande contratou a dous asesores  ¿para que? Recórdame, Suso, aquel chiste dun capataz que está nunha obra e chama polo obreiro: “¡Jose! ¿que fas? e o obreiro contéstalle : “axudándolle a Benito” o cal o xefe volve a preguntar: “¿e que fai Benito? a resposta do obreiro: “absolutamente nada, xefe”.

(Jesucristo partíase o cu de risa mentres eu seguía a dicir, a meu xuízo que pecados cometía o noso queridísimo alcalde).

–          Tamén penso que cometeu o pecado da mentira, ¡mira que estivo tempo intentando meternos a milonga de que a estatua de Fraga era idea dun suposto sector do viño! tamén penso que cometeu o pecado de…..

–          Ja ja ja Para, para Domínguez que xa non podo mais, ¿nunca pensaches en ser sacerdote?

–          Non podería gústame demasiado a carne

–          E a min, onde este un bo filete de boi que se quite todo o demais ….

–          Non digo iso…digo que me gusta demasiado o ñaca ñaca

(Jesucristo botou a gargallada mais sonora que eu había escoitado na miña vida)

–          Ja ja ja o ñaca ñaca e o ñiqui ñiqui ¿non? e que ten que ver, coñezo algún sacerdote que deixaría en ridículo o mesmísimo Casanova. ¿pensas realmente que tódolos curas gardan o voto de castidade?

(A verdade é que non souben que contestar polo que desviei o tema)

–          ¿E Louzán é moi pecador?

–          ¿Quen?  Ah! Ese Herodes canino   que mais que unha canceira, fixo un campo de exterminio en Meis, a ese na outra vida condenareino a vivir nun mar de merdas de can para que aprenda a querelos, está San Roque que non quere escoitar falar de ese individuo.

(Decidín volvera cambiar de tema e volvín a xénese da nosa conversa)

–          Ó final non me quedou claro se cando vivías na terra eras ou non homosexual

–          Ja ja ja ti utilizaches o termo “maricón” mais exactamente   pero da igual ¿acaso importa?, eu podo ser todo e non ser nada, podo comprender o sufrimento que a tivo que soportar ese boa xente, podo poñerme na pel de casqueira e, francamente, iso non cambiará a historia do Cristianismo.

–          A verdade, Suso, é que no Novo Testamento  non queda claro

–          ¿que lle queres,  Ricardo, ós catro fantásticos?

–          ¿os catro fantásticos?

–          Si home, Máteo, Marcos, Lucas e Xoán ; os catro evanxelistas, moito falar de curar enfermos, moito de andar sobre as augas pero dos detalles interesantes da miña vida …¡¡hostias!!

De repente lembreime do noso “admirado” Manuel Fraga que tanto quería Aragunde e pregunteille a Jesucristo:

–          Escoita Suso, ¿e Fraga? ¿onde foi a parar finalmente o ceo ou ao inferno?

–          ¿queres sabelo? Fraga está no ………

“ Ademas en Teletienda,  si llama ahora además  de esta maravillosa colección de …..” o ruído da televisión espertoume bruscamente, mirei o reloxo: as catro da maña, vai sono mais raro acababa de ter,………… curiosamente a botella de albariño estaba totalmente chea.

Podería  pedir desculpas por pensar que Jesucristo  foi homosexual, pero pensado friamente é un absurdo, é como si me tivese que desculpar por pensar que foi rubio,moreno  alto ou baixo; a homosexualidade, repito para os curtos de mente,  é unha opción sexual, tan lexítima como calquera outra, aos que se ofenderon por tal comparación que miren ó seu interior, o problema téñeno eles.

Jesucristo estaba cos marxinados, cos pobres coa xente á que  todo o mundo lle daba a espalla. Poderiamos falar dunha entidade como a Igrexa Católica ancorada no pasado,  politizada ata estremos vergoñentos, afastada dos verdadeiros problemas dos nosos días, envolta en polémicas absurdas que non leva a ningún sitio; podiamos falar da xente que intentou sen éxito ata agora adaptar a Igrexa ós tempos que corren, da Teoloxía da Liberación.

En canto o porque do uso do termo “maricón”, quixen utilizar o mesmo linguaxe que utiliza a xente que intenta ofender ó colectivo homosexual, ou acaso pensades que estes individuos cando se refiren  ao referido  colectivo utilizan “fermosas verbas”.

Unha vez mais o meu mais sincero apoio a todo o colectivo homosexual e felicitarlles pola resolución do Tribunal Constitucional.

Un saúdo a todos

Ricardo Domínguez Rey

Conversa

4 thoughts on “Jesucristo: “E que pasa se fun maricón?”

  1. Parabéns pola exclusiva. Pero ten coidado co viño, que é moi traisionero. Machiño, estás coma unha nasa. Intenta falar con Napoleón, que foi outro personaxe histórico importante. E seguramente era maricón tamén. A culpa non é vosa, a culpa e de quen vos fai caso. Vaia nivel.

    Posted by Marica el último | 11/11/2012, 1:00 am
  2. Nivel de esterco: son incapaces … dementes no sentido xurídico, de desenrolar tarefas na vida civil … endexamáis tocaron a beleza:
    http://www.youtube.com/watch?v=oEZVXhMpGBo

    Posted by oscarman | 12/11/2012, 12:36 pm
  3. Vaya par de fundamentalistas acomplejados.

    Posted by Jesuscristo | 15/11/2012, 12:05 am
    • Con todo, la Iglesia Católica y las iglesias cristianas en su conjunto, pese a ejercer eventualmente como grupos de presión política, han aceptado hace tiempo un sistema pluralista que mantiene separados la Iglesia y el Estado y donde la convivencia se basa en un sistema de leyes humanas aprobadas de forma democrática, todo lo cual contiene los excesos totalitarios que la interpretación fundamentalista produce en sistemas teocráticos basados en las leyes religiosas.

      Posted by oscarman | 15/11/2012, 1:14 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: