//
estás a ler...
., Cambados

Presentada unha reclamación polas cámaras da Casa do Concello


Hoxe presentouse unha reclamación no rexistro do Concello sobre o tema das cámaras de videovixilancia instaladas desde hai tempo na Casa do Concello sen seguir os pasos pertinentes que manda a lei (como xa indicaramos nunha entrada previa). A reclamación faise ao Regulamento de Ficheiros de Datos de Carácter Persoal do Concello de Cambados, que está en fase de exposición pública. O que se pide é que se as cámaras instaladas teñen por obxecto gravar as dependencias municipais (é bastante obvio que si) se desinstalen mentres non se realicen os trámites que require a Lei de Protección de Datos e por suposto, que se están en funcionamento e xa existen ficheiros con gravacións se eliminen estes documentos por non estar custodiados coas garantías que obriga a lei.

As do Concello son semellantes a esta

Poderíase ter presentado unha denuncia á Axencia Española de Protección de Datos, que seguramente tería dado a razón, pero en caso de que se impuxera unha sanción económica esta recaería no Concello de Cambados (non nos responsables da presunta irregularidade), co cal teríase que pagar con cartos de todos os veciños. Non é ese o noso obxectivo, nin moito menos.

O que pretendemos desde Cambados(tk) con esta queixa é simplemente deixar constancia de que o goberno local emprega un dobre discurso: por un lado quere prohibir as gravacións dos Plenos da Corporación (que son públicos e hai numerosas sentenzas e informes xurídicos defendendo o dereito dos cidadáns a gravalos)  e por outro lado tería no propio edificio administrativo do Concello unhas cámaras sen ter cumprido presuntamente os trámites que marca a lei. Podes ver o documento entregado no Concello premendo aquí.

Nota: Respecto á petición de gravar os plenos da Corporación rexistrada hai dúas semanas, seguimos sen ter resposta do Alcalde.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: