Anova – Irmandade Nacionalista reúne a súa asemblea comarcal este sábado 17 de Novembro en Barrantes. A cita, como de costume, é aberta a todos aqueles que queiran asistir, tanto militantes, como persoas que se involucraron na campaña ou xente que simpatiza con esta organización que concorreu ás pasadas autonómicas na coalición Alternativa Galega de Esquerda. Na asemblea, que comezará ás seis e media na Casa de Cultura, os participantes farán a súa análise da campaña e dos resultados que as eleccións deixaron, e ademais tratarase a organización de Anova nos Concellos da comarca. A convocatoria pode lerse neste enlace.
Avante!! Por certo, sabedes como vai o tema das afiliacións ?? Eu mandéi a miña o luns 29/10 tanto por correo como por e-mail
Segundo teño entendido estanse comezando a procesar. Nesta asemblea vanse recoller algunhas in situ, se non podes achegarte envíame un email e cóntoche o que se fale do tema. Pero se estás, vente!
Alí estarei : )