Multitudinaria mobilización nas rúas de Vilagarcía de Arousa, que lembrou e moito á masiva manifestación de Xuño contra os recortes. Hoxe, os cidadáns da comarca volveron a responder aos ataques do goberno á maioría social mediante esta convocatoria de greve xeral. Destacou a presenza de traballadoras de Alfageme, inmersas nun conflito que pode levar á desaparición da empresa e dos cento cincuenta postos de traballo.
En Cambados no pequeno comercio o seguimento foi moi escaso (como vén sendo habitual) e en Vilagarcía o paro era bastante máis notable. A cantidade de xente que acudiu á manifestación, que encheu a Praza de Ravella ao remate, dá boa mostra do éxito en xeral. Despois dos pertinentes discursos das organizacións sindicais en Vilagarcía, cantouse o Himno galego e a anécdota protagonizárona un grupo de rapaces que subiron ao balcón do Concello onde penduraron unha estreleira e unha bandeira da República.
Folga Xeral 14N, a set on Flickr.
Vexo xente de cambados nesas fotos,representantes do bng,por certo en Vilagarcia,¿en Cambados non se poden manifestar?¿ou e que se fai como nos mitins?que xuntanse xente de outros concellos para asi encher salons,porque si cada un o fixese no seu concello daria apariencia de fracaso ante a pouca xente que sairia nas fotos.Pois eu teño que decir que fun traballar,por respeto a toda xente que quixera e non pode,temos que valorar o que nos queda e non lamentarnos do que xa non temos.
Mari, a manifestación era comarcal. Aquí e en todo o país… Tes unha fixación co BNG bastante severa!
Parabéns por ir a traballar, outros non temos esa sorte. Aínda así, moitos deses parados (por non dicir a maioría) estou seguro de que preferiríamos que vos solidarizárades na loita e parárades hoxe.
Mari, ou tes coma folla de ruta a Xosé Luis Barreiro Rivas esta mañá na Voz de Galicia, ou Blanco Valdés, ou non entendo ese xeito de pensar … eu estou orgulloso de ollar a Chon, a Óscar Pardo e moitos máis Cambadeses en contra do desmantelamento do Estado do Benestar na nosa Comarca do Salnés, da que Cambados é a súa capitalidade (aínda que lle pese a Fole) , que está a levar a cabo o PP… . Colle o programa eleitoral de Mariano, Feijóo, etc, etc, e te decatarás de que todo o que dixeron que ían facer, pos resulta que fan ao revés, porén ENGANARON a toda a cidadanía … que foras a traballar é moi respetable, eres libre de facelo, agora que non vale dicir que coma teñen maioría absoluta poden estar 4 anos facendo o que lles veña en gana .. non miña prenda: os cidadáns por segunda vez nun ano están na rúa para lembrarlles que non están de acordo co que están facendo, que son uns esbirros dos Bancos, que protexen aos ricos e pisotean aos débiles … se están no paro porén algo fixeron mal … que a sorte estadísticamente non existe… que os que se manifestan na rúa son uns alborotadores …. típico da dereita … e despós que ían da man de ZP, CÓMO ??? que eu lembre lle montaron unha folga coma Deus manda … asemade a pesares dos seus erros, non sen tocaron as prestacións sociais, non se lles reduxo as Prestacións aos desempregados, houbo conquistas no eido dos dereitos civís que se levaron adiante, coma o matrimonio homosexual ou a lei da dependencia … de verdade e que os medios de comunicación da dereita tenvos absorvido o coco … non tedes memoria … vai ser que eres prima de Merkel, Mari:
Xa tiña en falta os teus sermons,ABURRESME,vexamos,lee ben o que escribo e entendeo antes de espetarme o sermon,nin nombrin o pp nin nada polo estilo,preguntinme porque non se manifestan en cambados e porque so o fan en vilagarcia,son libres de facer o que lle pete e si quixeron ir ali moi ben por eles,E o dos mitins non o digo polo bng,digo por todos porque todos o fan pp,psoe,bng…tomadelo todo como un ataque o bng e un aplauso o pp,e carallo,tades enganados,teño que entrar eu e comentar para animar esto e facervos falar se non tades todos caladiños.que historias me ves agora que si pp que si zp,descansa a cabeciña anda.
A concentración foi en Vilagarcía Mari… o que apuntas de Cambados é moi interesante, sobre todo cando CCOO e UXT que son maioría no Concello, non sei se a título particular respaldaron a folga … alá cada un e a súa conciencia …. te parecen poucas manifestacións as que hai na nosa vila??? Achégate a Alfageme ou ao peirao de Tragove …. onde estades vós … ten esta xente que queda na rúa dereito a se manifestar ??? Sí, tes dereito tí a non ir á folga? Sí … Por certo: a “procesión dos caladiños” haina en cada Pleno de Cambados, e nas bancadas ocupadas por quen todos sabemos … e non digo que estea mal: fala Luís, e se lle escoita alto e forte.
A ver Oscarman, a ver se nos aclaramos. Ou sexa que ti estás orgulloso dos que insultan a Jesucristo e menosprezan a todos cantos nos sentimos cristianos?. Parecía que estabas moi contrariado e decepcionado con estes insultadores profesionais, pero como son sindicalistas xa lles perdoas? Alá ti coas túas contradiccións. Para min xa poden ser cidadáns modélicos, que como desprezen as miñas crenzas eu nunca os vou respetar. Nin moito menos sentirme orgulloso deles cando os vexo facendo titiritadas en vilagarcía.
Os sermóns fanse para expiar os pecados .. o voso é unha contrición forzosa .. que ten que ver que seña Cristiano con ser sindicalista ??? nos partidos de corte transversal, hai xente de tódalas ideoloxías e que representan a todo o espectro da sociedade. Jacinto: eu celebro a título particular as persoas que citas porque están facendo uso do dereito Constitucional a manifestarse .. cousa que está xustificada, porén non están a respetar á sociedade civil … e non o digo eu: O Consello de Estado acaba de lembrarles unha das moitas falcatruadas que fan aló onde gobernan (Madrid e Cataluña): o euro por receta é anticonstitucional … a reforma laboral en poucos meses o Alto Tribunal que eu digo coma persona cabal que eres acatarás a súa sentencia (O deus dos homes, non é coma o Deus dos nenos, supoño entenderás a división Ingrexa – Estado) tamén espresará que é anticonstitucional. … do matrimonio homosexual, a Igrexa coma institución privada que é, pode facer o que lle pete con él, teñen un ESTADO que é o VATICANO que di que nones, que se casen polo civil, e que demos pasa, e menos matrimonio entón ??? Hai que respetalo amigo …No eido das ideas non teño contradicións: as levo ata as últimas consecuencias … agora que son unha persoa TOLERANTE … e ti pronuncias que non os vas a respetar por ter as ideas que teñen ??? Qué Biblia tes tí na túa mesilla de noite … debe ser a mesma que miña que teño eu: “Bienaventurados los misericordiosos porque ellos alcanzarán misericordia”. Mt 5, 7.