//
arquivo

Archive for

O Bloque pide coñecer a fondo o tema das horas extras do persoal do Concello


Víctor Caamaño (BNG) vén de presentar no Concello un escrito para preguntar media ducia de cuestións sobre o persoal do Concello. En primeiro lugar solicita coñecer a normativa na que se basea o goberno local para conceder horas extras a algúns traballadores. Tamén pide certificación das horas extraordinarias e dos incentivos de produtividade do persoal do Concello durante este ano, facendo constar o nome das persoas, o mes e a cantidade recibida. Pregunta o voceiro do BNG se existe algún tipo de rexistro ou fichaxe de persoal para coñecer as horas de entrada e saída, así como se este rexistro se efectúa á totalidade do persoal. Así mesmo, solicita coñecer por escrito cal é o horario do persoal do Concello nas súas diferentes estancias (Rúa Ourense, edificio da Mercede…).

“O Prestige na memoria” este luns


O instituto Francisco Asorey acollerá unha xornada de “memoria colectiva” este luns 19 para cando CANDEA, o propio instituto e o Colectivo Ecoloxista do Salnés organizan esta actividade. Consiste nun acto dividido en dous: por un lado a presentación dunha serie de fotografías daqueles días realizados por xornalistas da prensa comarcal (Martina Miser, Víctor Mejuto, José Luiz Oubiña, Iñaki abella, Mónica Vila e Carlos Puga) xunto cunha presentación realizada no centro de ensino hai dez anos.

Por outro lado, intervirán unha serie de persoas para falar do que supuxo a traxedia ecolóxica e social da maré negra. Participan nesta parte Víctor Caamaño, profesor e Xefe de Departamento de  Bioloxía e Xeoloxía, Marta Lois, bióloga e presidenta do Colectivo Ecoloxista, e Nito Dios, bateeiro da Arousa e Membro da Plataforma en Defensa da Ría. Ao remate haberá lectura dunha serie de poemas por parte do alumnado do IES Asorey.

Será o luns 19 de Novembro ás 20 horas no Salón de actos do instituto cambadés.

Tapóns solidarios en Ribadumia


A iniciativa no Salnés | Martina Miser, Voz

Chega unha excelente nova desde a veciña Ribadumia. Alí un grupo de tres persoas dese Concello e de Cambados organizáronse para colaborar nunha campaña de recollida de tapóns de plástico para financiar unha boa causa. Participan coa iniciativa do Baixo Miño, que busca financiamento para tres nenos de Vigo, Redondela e Lugo que necesitan tratamentos especiais para mellorar a súa vida. 40 toneladas é o obxectivo a lograr para acadar os 9.000 euros necesarios.

En tan só uns días estes veciños de Ribadumia conseguiron, grazas á solidariedade dos cidadáns, achegar douscentos quilos. Para axudarlles, dipoñen de puntos de recollida: o centro de Saúde en Ribadumia, o colexio ou os seus propios domicilios. Non custa nada colaborar, tan só separar os tapóns de botellas de plástico e de cando en vez, pasarse por ese municipio a deixalos. Parabéns pola iniciativa a Marcos Mouriño, Anabel Mouriñoe Belén Rodríguez…e a todos os que colaboren!

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.