//
arquivo

Archive for

A estatua de Fraga no parque de Torrado convertida nunha especie de Superman


A estatua convertida en superheroe

Xa van alá case catro meses desde que a estatua a Manuel Fraga fora inaugurada (un pouco ás agachadas) por parte de cargos do PP no Pazo de Torrado ao final da Festa do Albariño. Trala polémica que espertou en Cambados esta homenaxe impulsada polo goberno local (aínda que logo atribuída por el a un “sector do viño” que aínda hoxe non sabemos ben quen é) a escultura foi colocada no Pazo de Torrado. Sorprendentemente, elixiron un lugar dobremente vallado para instalala, segundo o propio Faro de Vigo temeroso o propio goberno local de que sufrira algún “acto vandálico”. Pois ben, parece que as precaucións non foron suficientes. Seguir lendo

Anova do Salnés celebrou unha cea de fraternidade


Un intre da cea | Facebook Anova Meaño

A organización Anova – Irmandade Nacionalista reuniu onte  a boa parte dos seus membros do Salnés nunha cea celebrada en Dena. O encontro tivo por obxecto pasar unha noite de fraternidade e compañeirismo entre as persoas achegadas a este novo proxecto que naceu formalmente en Xullo e que electoralmente se estreou nas últimas autonómicas baixo a coalición Alternativa Galega de Esquerda (xunto con Esquerda Unida, Equo e Ecosocialistas). Alternativa obtivo nove representantes no Parlamento, sendo Juan Fajardo o deputado do Salnés desta nova entente da esquerda que xa é terceira forza política en Galiza con 200 mil votos. Os nove deputados de AGE xa formaron un grupo parlamentar en Santiago e comezaron a traballar, transladando a voz da cidadanía e dos movementos sociais á institución. A cea comarcal en Meaño prolongouse até ben entrada a noite nun moi bo ambiente. Anova está a implantarse en todos os Concellos desta comarca e celebra periodicamente asembleas abertas á cidadanía, nunha nova forma de artellar a política.

O Bloque presenta unha moción sobre Alfageme


Unha das protestas das traballadoras | Ballesteros, La Voz

O conflito de Alfageme está na recta final e dá (lamentablemente) moitísimo do que falar. Nos últimos días o enfado das traballadoras foi monumental ao coñecer que o Igape declaraba deserto o concurso pola empresa, ao que concorreran tres empresas. Segundo a Xunta ningunha dela cumpría cos requisitos demandados, aínda que unha (El Consorcio) declaraba na prensa que iso non era certo. Descartado o concurso, o seguinte paso é a subasta xudicial por lotes, tanto das plantas industriais como das marcas. Esta saída non asegura nin moito menos a continuidade do proxecto e dos 150 postos de traballo. Os sindicatos cren que o conselleiro de Industria é culpábel da situación e mesmo ameazaron con presentarlle unha querela por prevaricación, xa que consideran que está a incurrir neste delito segundo eles pola total falta de decisión para resolver este conflito.

O BNG de Cambados levará ao pleno da Corporación deste Nadal unha moción na que pide aos Concellos da comarca que se impliquen para evitar a especulación cos terreos onde se atopa a empresa. Solicítanlles expresamente que non recalifiquen estes terreos. Por outra banda o BNG quere que o pleno de Cambados acorde esixir a demisión de todos os cargos políticos implicados neste proceso, moi especialmente do conselleiro de Industria.

Fauna cambadesa: O “benitus pelexón”


Hoxe, queridos amigos, quería falar de zooloxía, mais, concretamente, describirvos unha ave, un paxaro de mal aguero, que, un mal dia, para desgraza do resto das aves mariñas, posouse no tellado da cofradía e, a pesar dos intentos por espantala, non hai forma de que se vaia volando.
O “Benitus Pelexón” en unha mestura de varios paxaros, está emparentado co voitre pola súa afección aos desfeitos e á carroña, tamén ten algo de corvo por aquilo de que como te descoides te comerá os ollos, algo de galo de curral, o cal, “sempre pensa que amañece por que canta el (refraneiro popular)” e pola súa tendencia a “pavonearse”; pero, dende logo, se hai dous paxaros cos que está emparentado son o cuco e o papamerda – palanquín.
Como todos sabedes o cuco non fai niño senón que pon o ovo nos niños de outras aves, de forma que, cando o pito de cuco nace, instintivamente, comeza, coa espalla a botar fora do niño o resto dos ovos, quedando el como único beneficiario do alimento que, inicialmente, estaba destinado a outros. Cando o “Benitus Pelexón” chegou voando ó tellado da cofradía, viña acompañado de outras aves, mais nobres, pero, como o cuco, empezou a desprazalas pra facerse ó único dono do niño.
Tamén diciamos que o “Benitus Pelexón” está emparentado co papamerda- palanquín (Págalo Parásito en castelán) unha ave (emparentada coas gaivotas) que non dubida en atacar a outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas.
O “Benitus Pelexón” é unha ave covarde, polo que, unha vez que se posou no tellado da cofradía, buscou aliarse con outras aves do seu entorno, e, tras analizar o terreo, fíxose amiga da “gaviota chorona” ou “gaivota do PP” que ten o niño no tellado do concello, coa cal, é frecuente atopala,as dúas xuntas co ó buche ben alto, con aires altivos, e mostrando os seus mellores plumaxes.

O “Benitus Pelexón” intenta ser o líder, o macho alfa das aves mariñas, aínda que, cada vez mais as aves mariñas o rexeitan, no recoñecendo o seu liderado xa que fai tempo que esta ave non molla a pluma para procurarse o seu sustento.

O hábitat natural por onde poderemos observar a este paxaro é moi variado pero, sobre todo, polas rúas de Cambados, no verán picoteando nas terrazas da rúa Real, nas distintas casetas que a tal fin se montan na festa do albariño ou pola “Ribeira de Fefiñans”, a súa alimentación é moi variada: “pulpo a feira, churrascadas, centoladas e sobre todo, é unha ave gran catadora de albariños e “gin tonics”, aínda que tampouco lle fai ascos ós “Ribera del Duero” a súa capacidade para absorber todos estes líquidos é mítica, entón é cando saca o seu lado mais divertido e transformase nun papagaio do mais gracioso.
Para rematar se vos atopades con esta ave, observala con coidado, é moi nerviosa e, en seguida, pode sentirse “acosada”.

Un saúdo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

Nota: o autor quere agradecerlle ao seu irmán  Manuel Domínguez o asesoramento ornitolóxico para a realización de este artigo.

(NOTA DO ADMINISTRADOR: Todo parecido coa realidade é pura coincidencia)

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.