//
estás a ler...
., Cambados

A estatua de Fraga no parque de Torrado convertida nunha especie de Superman


A estatua convertida en superheroe

Xa van alá case catro meses desde que a estatua a Manuel Fraga fora inaugurada (un pouco ás agachadas) por parte de cargos do PP no Pazo de Torrado ao final da Festa do Albariño. Trala polémica que espertou en Cambados esta homenaxe impulsada polo goberno local (aínda que logo atribuída por el a un “sector do viño” que aínda hoxe non sabemos ben quen é) a escultura foi colocada no Pazo de Torrado. Sorprendentemente, elixiron un lugar dobremente vallado para instalala, segundo o propio Faro de Vigo temeroso o propio goberno local de que sufrira algún “acto vandálico”. Pois ben, parece que as precaucións non foron suficientes.

Montaxe espallada pola rede a comezos de Setembro

A primeira imaxe que acompaña esta nova é o aspecto da estatua de Fraga hoxe domingo. Apareceu pintada de cor vermella parte da súa capa, e un símbolo de Superman gravado no seu peito. Descoñecemos se os autores desta “acción” pretendían con ela reclamar que o ex ministro de Franco e ex presidente da Xunta marchara voando de Cambados, ou se simplemente basearon esta pintada nunha das moitas montaxes fotográficas que semanas despois da polémica inauguración se espallaron polas redes (segunda imaxe). O que parece é que a acción non foi nin reivindicada nin “asinada” dalgún xeito polos resposables da mesma. Haberá que agardar para coñecer máis información (se a hai) e reaccións.

Actualizado 26/11 para cambiar a foto cedida por unha veciña por unha propia

Conversa

10 thoughts on “A estatua de Fraga no parque de Torrado convertida nunha especie de Superman

  1. “Don Manuel is missing but not forgotten”

    Posted by oscarman | 25/11/2012, 3:25 pm
  2. good very good

    Posted by kazanture | 26/11/2012, 8:49 am
  3. O pobo galego, en contra do que algúns acreditam, non é un conxunto de vacas mansas senón de milleiros de cidadás e cidadáns en pé contra os recortes e con memoria. Non queremos nin o fascismo de Fraga nin o de Rajoy!

    Posted by Antom Fente | 26/11/2012, 2:06 pm
  4. Pos temos 3 anos máis de Rajoy …non sei quen é pior Mariano ou Aznar …agora que algún de nós empregámolo sentido do humor coma instrumento na percura da verdade, coma Aristóteles no Segundo Tomo da Poética … increíble clip:
    http://www.youtube.com/watch?v=e85hJUopmrk

    Posted by oscarman | 26/11/2012, 8:44 pm
    • Peor que estes dous era o inutil que habia antes, rodeado de esas lumbreras (Pajin a pajillera, Bibiana Aido la flamenquilla, Maria Antonia Trujillo, la socialista que paga su piso porque ella puede y el que no que no lo haya comprado, etc,,,,etc….) Vaya tropa. Solo se salva Carmen Chacon. E o pero de todo e que estes e os dous de antes teñen pensions vitalicias por jodernos a todos.

      Posted by MARIA | 28/11/2012, 1:30 am
      • Estás re-indignada coma min, María: é unha República bananera este país noso .. as comparacións son odiosas, asemade nengún político en activo dos que dirixen os grandes partidos hexemónicos se salva da queima … eu emprego o sentido do humor de cando en vez para distanciarme da realidade, se alguén se sinte ofendido por algunha “parodia” pido desculpas … porén o único que podemos facelos cidadáns que non collemos cartos públicos para despifarralos coma ben relatas, é rirnos. É un escudo para protexernos de que nos vampirizen con ese feixe de verbas que teñen por montera … disque a solución é a política para trocalas cousas, porén namentras non renoven os seus cargos e sitúen a xente con moral e ética, esto non ten remedio. Hoxe Mario Monti fala de que España no 2013 acadará o 27% de Paro, e El- Rei brinda en Arabia Saudí de que as cousas están a mellorar. Se temos un Xefe de Estado así, apaga e vámonos.
        Saúdos
        p.d: non me falas de Acebes, María … estivo 6 meses en Bankia e liscou con 380.000 euros … cando o Xuíz interrogoulle, dixo que non sabía nada de nada … saliu pola porta con 10 garadaespaldas e aí vos quedades… Onte Aznar presentando as súas memorias dicía que en canto rematara a presentación, collía a Mariano e Rato e se ían a un karaoke que hai na estrada Madrid – A Coruña a cantar cancións de Luis Miguel …. segundo relataba Carlos Herrera ao que teñen en nómina en Onda Cero para protexelos das “insidias” … a min tamén me gosta Luis Miguel … tódalas súas cancións falan de amor e desamor, de vida e morte, soa tan apaixoado … no fondo o PP nos quere …

        Posted by oscarman | 28/11/2012, 11:54 am
      • perdoa, Maria guapa, ¿quen dis que era peor? que eu sepa eses que nombraches non foron ministros de un dictador asesiño, non dixeron “la calle es mia” mentras sacaba á policia ou non se foron de caza cando Galicia estaba ao borde da traxedia ecolóxica mais grande da sua historia, en canto o do piso mais vergoñento é ter cinco vivendas en Madrid e cobrar o plus de aloxamento como fai Montero e, encima, pedirnos a todos que nos apretemos o cinto (vaia cinismo)

        Posted by Ricardo | 28/11/2012, 2:19 pm
      • E que nunca se acorda un de todo Oscarman. Pero si, e certo. Acebes, Rato, Cascos…e agora o Rey e a suas operacions. E felicidades por o bo gusto. Luis Miguel e dos meus cantantes favoritos.
        Ricardo, a min tampouco me cae ben Aznar, pero si te refires a el como o dictador (ainda que teña pinta de eso) foi elexido por unha gran maioria , sobre todo a segunda vez que se presentou, igual que o señor Zapatero. E si se volve a presentar no dubides de que volveria gañar.
        Ata o de agora EU non notei ningun recorte, si subidas de impostos. Tiña cita para mayo do ano que ven nun especialista en Montecelo i adiantaronma para Decembro. Cando me fagan pagar un euro por receta como na Comunidade de Madrid e no pais dos Catalonios xa se vera.

        Posted by MARIA | 28/11/2012, 5:11 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: La estatua de Fraga en Cambados (Pontevedra) convertida en una especie de Superman [GAL] - 25/11/2012

  2. Pingback: Fraga, agora convertido en algo semellante a Batmam « Cambados(tk) - 29/12/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Novembro 2012
L M M X V S D
« Oct   Dec »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: