María Jose Prado e Ana Louzao decidiron deixar de falar do que lles gustaría levar adiante e poñerse mans á obra. O seu gusto pola moda e polas tendencias levounas a abrir na rede un espazo para compartir as súas creacións e falar deste tema ao mundo. Conta coa implicación de membros da súa familia e incluso coa da deseñadora cambadesa Eva Soto Conde, que está a levar o nome de Cambados polas pasarelas de multitude de lugares.
Ela ten unha das seccións da web de MISEMS adicada á alta costura, e ademais podemos atopar neste espazo da rede información sobre tendencias, e o máis importante: as creacións propias e exclusivas de MISEMS. Cóntanos María José que son conscientes do momento adverso para sacar adiante unha idea empresarial deste estilo, por iso queren avanzar “lento pero seguro”. Na web dispoñen dun pequeno espazo de compra onde os visitantes poden adquirir algunha das súas orixinais creacións.
Conversa
Aínda non hai comentarios.