//
estás a ler...
., Cambados

Diario de Arousa renova a súa web


diariodearousa2O xornal comarcal Diario de Arousa vén de acometer unha renovación moi profunda do seu espazo na web. Se até agora dos tres xornais da bisbarra pode ser que fora o que contaba cunha web máis rudimentaria, a partires de hoxe competirá con Voz e Faro quizais á súa cabeza. Coa versión vella existían bastantes problemas cos enlaces do Diario, posto que cambiaban cada día (é dicir, ao día seguinte as ligazóns apuntaban a outra nova), algo que agora está solucionado. Tamén contará cunha hemeroteca (neste sentido a páxina da Voz conta cun buscador moi potente con varios anos de información acumulada) e a navegación é moito máis amigable que até o de agora. Sen dúbida estamos ante un cambio para mellor. Anuncian que pronto contarán con espazo propio nas redes sociais.

Pola outra banda, o Faro mellorou nos últimos tempos a súa web ao incluír moitas máis novas comarcais nela, mentres a Voz fixo o contrario e só publica unha parte delas na rede. A outra parte pode ser consultada no xornal en papel ou adquirirse na rede previo pago (reducido, 0.79€). Porén, a Voz está a realizar un grande esforzo por integrar o audiovisual na súa web e agora publica novas tamén na sección Arousa a calquera hora do día, non limitándose a plasmar a edición de papel na rede senón a crear contidos específicos para internet.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Novembro 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: