//
arquivo

Archive for

O PSOE denuncia que o Concello boicotea a súa iniciativa solidaria “Nadal para todos”


O Partido Socialista anunciara hai uns días que poñían en marcha a campaña de nadal adicada a recoller alimentos non perecedoiros en diversos puntos de Cambados para doar a Cáritas, e que estes chegaran ás familias en apuros para que todos teñamos un Nadal. Pois ben, tal e como apunta o blog de Xaquín Charlín “A ti Meu Cambados”, a voceira do PSdeG-PSOE denunciou boicot por parte do alcalde. Seguir lendo

Eduardo Baamonde presenta o seu libro de acuarelas “Cambados” este xoves


libroCambadosNo Auditorio da Xuventude terá lugar a presentación do libro “Cambados” de Eduardo Baamonde. Baamonde é profesor pero ademais ten unhas dotes sobresaíntes para as artes, el mesmo confésase na súa web persoal un “amante do deseño gráfico e da pintura”. Entre as obras de Baamonde destacaría “Polo Salnés con Ramón Cabanillas” editado por CANDEA precisamente no 2009, ano adicado ao “poeta da raza”.

Neste “Cambados” editado por Faktoría K de Libros, o autor repasa a través das súas láminas o mellor da nosa vila. Pode ser un regalo excelente para calquera cambadés ou cambadesa, e especialmente para amigos doutros lugares para amosarlles dun xeito orixinal o noso Concello. Vén acompañado por un mapa co roteiro que o autor vai facendo graficamente pola vila. A presentación será este xoves 13 de Nadal a partires das 20 horas no auditorio. Organizan as librarías Contos e Cabanillas, onde podes atopar o libro se desexas adquirilo xa. Colaboran Concello de Cambados e Faktoría K, e presentará a Eduardo Baamonde un representante desta editorial: Chema Heras.

“Estamos relativamente contentos”, di Aragunde tras coñecer os tres despidos do Parador


Hai un días coñecimos a moi mala nova de que Paradores, unha empresa dependente do Estado, aplicará un ERE a parte da súa plantilla. Nalgúns casos péchanse centros, noutros os Paradores só abrirán sete meses ao ano, e na maioría despídese a parte do persoal. Cambados está nese último grupo, con tres despidos sobre os pouco máis de trinta traballadores. Precisamente a ese extremo, ao non-peche do hotel da nosa vila, agarrouse Luís Aragunde para facer unhas declaracións moi desafortunadas ao Faro: “Dentro de lo malo, porque hay tres personas que van a quedarse sin trabajo, en Cambados estamos relativamente contentos”. Na mesma liña se expresou o presidente dos comerciantes, Marcos González. Non debían estar pensando no traballador de mantemento, nunha empregada de limpeza e no director do centro cambadés, que van perder o posto de traballo fundamentalmente pola mala xestión da alta dirección de Paradores, intimamente ligada ao goberno de turno, na actualidade ao Partido Popular. Os traballadores teñen claras sospeitas de que esta operación é a preparación a máis recortes e á privatización total ou parcial da empresa. Seguir lendo

Nas redes sociais

Decembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.