Hoxe é un dia triste pra a democracia, triste pra os que, como eu, creemos na democracia, na verdadeira democracia e nos verdadeiros políticos, políticos honestos e honrados que contribuían e loiten realmente polo mellor para o seu pais, e non polo seus intereses persoais.
Hoxe levanteime lendo na prensa que Tourís repetirá como delegado provincial da Xunta na provincia de Pontevedra despois de que, apenas fai dous meses, sairán a luz unhas gravacións que o relacionaban co cobramento dunhas comisións ilegais en relación cunhas obras realizadas en Cambados.
Evidentemente como todo cidadán, Cores Tourís ten o dereito á presunción de inocencia que recolle noso ordenamento xurídico e , seguramente, ao final non se lle imputará delito algún en relación con este asunto pero dende o punto de vista moral e social, sempre quedará a dúbida entre unha poboación que, cada vez mais (e sobre todo en tempos de crise), non se ve representada polos seus políticos. Ademais a actitude do “suposto” alcalde de Cambados, Luís Aragunde, negándose a que se constituíse unha comisión de investigación, como reclamaba a oposición, tampouco deixa en bo lugar nin a un nin a outro.
Aínda que isto non nos debía de sorprender a estas alturas da película, Luís Aragunde é, dende que tomou posesión do cargo, un “alcalde de palla”, un “pelele” que fai o que lle manda o seu amo e señor, que non é outro que o propio Tourís, e, loxicamente nunca morderá a man de quen o puxo aínda que fose so pra figurar.
Cores Tourís sempre defendeu a súa inocencia, negando totalmente todo o que recollía as gravacións; non serei eu (Deus me libre), o que lle diga a Tourís o que ten facer, pero se a min, me houbesen acusado do que o acusaron a el, ao dia seguinte comparecería ante a prensa (e non mais dunha sema despois) pra defender dita inocencia e anunciar a inmediata interposición dunha querela por calumnias; outra cousa é deixar correr e pasar o asunto, como se non houbese ocorrido nada, en fin, os seus motivos terá.
Cores Tourís é un malo, malísimo político, non porque non teña aptitudes pra desenrolar este ou calquera outro cargo político, senón polas súas actitudes, actitudes que xa amosou cando era o rexedor “oficial” de Cambados, o tratar ó concello coma a súa finca ou (o que é peor) como a finca particular do PP, iso , dende logo foi o que mellor lle ensinou ao seu pupilo Aragunde.
Se o propio delegado provincial da Xunta en Pontevedra, en vez de dar exemplo, é o primeiro que se salta a Lei, como o fixo no tema do Pinal da Maza, ¿con que autoridade pode pedirlle a administración a un cidadán de Cambados, de Poio ou de Porriño que cumpran cos todos os permisos a hora, por exemplo, de realizar unha obra.
Sinceramente que Xosé Manuel Cores Tourís e, tamén ( porque non dicilo), Rafael Louzán sexan os dous máximos representantes da provincia, non deixa en bo lugar a Pontevedra e, simplemente, desexo que algunha vez os pontevedreses teñan políticos que de verdade os representen.
Saúdos a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
Igualmente as miñas condolencia por vivir nunha COMUNIDADE AUTONOMA chamada CATALUÑA presidida por un fracasado reincidente que vai de MAIS a menos.
Si o inutil de ZAPATERO foi presidente do goberno de ESPAÑA, calquera pode ser presidente de diputacion.
A diferencia, querida Maria, e que a Zapatero e a Mas o elixiron os ciudadans democraticamente e a Louzan enchufaronno ahi e non te preocupes que como di o refran “otros vendran que bueno te haran” Zapatero pode que fose un inutil pero a este paso Rajoy levase a palma de largo, non so por inutil e mal xestor senon tamen por mentiroso; en canto a Artur Mas, a parte de non ser un personaxe que eu lle teña especial estima e nin siquera lle votei, direiche que preside un partido de de dereita, pero unha dereita europeista, moderna e democratica e non a dereita arcaica, rancia e intransixente que representa o Partido Popular; grazas polas tuas condolencias como galego e cambades boto de menos a miña terra pero consolome pensando que estou nunha terra que me acolleu cos brazos abertos e que, sobre todo non ten personaxes da calaña de Touris e Louzan
Touris e Louzan hainos en case que todos os sitios. E ahi tamen. Ultimamente van saindo a luz cada vez mais . Pero mentras no se demostre o contrario son inocentes, Pujol e compañia. E o presidente da deputacion de Barcelona creo que tampouco se vai librar….
De todas formas a Mas xa se lle esta vendo o plumeiro e Mas que se lle verá. Os republicanos confian demasiado en el, vailles dar en toda a boca. O tempo o dira.
De todas formas, unha cousa son os politicos catalans e outra os cidadans. ¿Por que non vos ian acoller cos brazos abertos? En todos os lados os galegos nos reciben cos brazos abertos.