//
arquivo

Archive for

O Bloque denuncia que o goberno local gasta cartos en solucionar os problemas que provoca a obra de Maza


Imaxe da arqueta nova a carón de Maza | BNG

Imaxe da arqueta nova a carón de Maza | BNG

Reflectíamos onte en CTK os problemas que está a causar o antigo piñeiral de Maza, unha obra que o BNG non dubida en calificar de ilegal por carecer de licenza urbanística e aténdose ao que din as Normas Subsidiarias do Concello sobre o seu uso. Pois ben, Víctor Caamaño denuncia nun escrito presentado hoxe no Concello que o o propio goberno local está adicando tempo e cartos a paliar os problemas que ocasiona a auga e a lama que baixan desde Maza cando chove. En concreto, o BNG afirma que persoal do Concello acudiu en diversas ocasións á zona para resolver problemas, co cal o Concello destina recursos a isto. Tamén son coñecedores no Bloque de que se instalou este ano unha beirarrúa e unha arqueta na entrada da finca, e presentan unha serie de cuestións sobre estes temas para ser respondidas en pleno (que será este xoves).

Unha das preguntas fai referencia á presenza da Policía Local na zona pola anegación da capela de San Antón. Os nacionalistas quererían saber se existen informes ao respecto e se poderían consultalos. Tamén queren saber cantas veces acudiron os operarios municipais no outono a resolver problemas xerados en Maza. O BNG pregunta tamén pola arqueta da foto: en concreto piden saber a razón da súa instalación e a data. Tamén se a finca de Maza ten algún tipo de sumidoiro conectada a esta arqueta, e se solicitou permiso para facer isto. Por último, o Bloque sabe que unha excavadora estivo a levantar a beirrarrúa a carón de Maza, e quere saber se esta obra foi realizada polas empresas vinculadas coa deforestación da parcela (Dismaterra e Cancelo, relacionadas cun concelleiro do PP e o ex alcalde Tourís por medio da súa dona).

A páxina web do Concello: anos de inoperancia (ben financiada, por tod@s)


Cando naceu Cambados(tk) hai case oito anos, denunciabamos naquela rudimentaria web a pouca presenza de Cambados na rede. O Concello, que tiña que ser pioneiro na utilización destes medios (daquela non ao alcance de todo o mundo) inhibíase e o resultado era un espazo na rede deficiente, tanto para veciños como para potenciais turistas. Estes días publicouse o primeiro dos spots realizados por Juan Galiñanes sobre a Festa do Albariño. Estes anuncios, moi ben presentados e realizados coa participación altruista de centos de persoas, demostran que as boas ideas e as ganas poden facer que un pobo como Cambados goce dunha boa proxección no exterior. Volvendo ao tema, ao final do vídeo, ademais da referencia á propia Festa do Albariño, introduciusea dirección da páxina web oficial do noso Concello: http://www.cambados.es. Ata aquí todo normal. Pero, que é o que falla? Seguir lendo


 

Volve A Buxaina do instituto Asorey


Hai máis de un ano facíamonos eco da páxina web que poñía en marcha o departamento de ciencias do IES Asorey. Tratábase dunha revista dixital, co nome de A Buxaina. Nos últimos meses, por problemas técnico, a revista estivo parada. Pero agora volve ao “prelo” de internet cun cambio de imaxe e estrutura.

Desde o Asorey queren que esta publicación responda a un criterio científico de busca de información, investigación, sentido crítico, capacidade para comunicar, pero tamén que se entronque na realidade cotián do seu alumnado. Ademais pretenden que, como o seu nome indica, sexa activa, que amose as inquedanzas do profesorado e o alumnado e que se meta nas casas a través das pantallas dos ordenadores. Pero, tamén, e non menos importante, queren que sexa un compromiso permanente coa nosa língua, o medio ambiente a a sostenibilidade. Están abertos a colaboracións de calquera persoa interesada nestes temas, máis alá dos propios alumnos e profesores. Non deixes de (volver) visitar A Buxaina!

Nas redes sociais

Decembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.