//
estás a ler...
.

A páxina web do Concello: anos de inoperancia (ben financiada, por tod@s)


Cando naceu Cambados(tk) hai case oito anos, denunciabamos naquela rudimentaria web a pouca presenza de Cambados na rede. O Concello, que tiña que ser pioneiro na utilización destes medios (daquela non ao alcance de todo o mundo) inhibíase e o resultado era un espazo na rede deficiente, tanto para veciños como para potenciais turistas. Estes días publicouse o primeiro dos spots realizados por Juan Galiñanes sobre a Festa do Albariño. Estes anuncios, moi ben presentados e realizados coa participación altruista de centos de persoas, demostran que as boas ideas e as ganas poden facer que un pobo como Cambados goce dunha boa proxección no exterior. Volvendo ao tema, ao final do vídeo, ademais da referencia á propia Festa do Albariño, introduciusea dirección da páxina web oficial do noso Concello: http://www.cambados.es. Ata aquí todo normal. Pero, que é o que falla?

Captura de pantalla da web oficial

Captura de pantalla da web oficial

Calquera posible visitante de Cambados con interese sobre o que acaba de ver (e vendo a calidade dos anuncios, serán bastantes) tentará acceder a esta url que se lle ofrece ao final do vídeo. E que atopará? Unha páxina web moi básica e case carente de contidos. Imposibilidade de cambiar de idioma, e moi pouca información (non digamos xa a forma de presentala). Tan pouco actualizada que na súa portada se nos presenta como unha “nova” a programación da Festa do Albariño…a de 2012. E para o veciño de Cambados, que? Pois máis ou menos outro tanto, a web non é funcional (non permite realizar trámites co Concello), non ofrece novas máis alá da propaganda do PP (agora mesmo tres das seis “novas” da portada son mencións a visitas ou actos de Louzán e Aragunde) e a desactualización que sofre é grande. Hai un ano facíamonos eco das mesmas cousas e propoñíamos alternativas a aplicar para unha web máis útil.

O grave de todo isto é que o Concello de Cambados, repetimos, ten contratadas a dúas persoas que terían que exercer como responsables de prensa: un Asesor de Comunicación e un Auxiliar. O primeiro cun soldo de 28.803,04 € e o segundo 18.409,16€ (fonte: A ti meu Cambados) sen contarmos as horas extras. Como pode ser que con persoas pagadas polos cartos de todos os cambadeses, teñamos unha web tan primitiva e mal actualizada? Como pode ser que o conxunto das webs non oficiais (e non profesionais) ofreza unha información, tanto no plano turístico como no plano informativo, moito mellor e máis completa que o medio financiado por todos? Hai meses (en Maio) o Concello anunciaba que gastaría uns 80.000 euros na creación dunha nova web, entre outras cousas, adicada a proxectar Cambados no eido turístico. Onde está esa páxina?

Conversa

4 thoughts on “A páxina web do Concello: anos de inoperancia (ben financiada, por tod@s)

  1. Ademáis de ¿onde está esa páxina?, eu preguntome ¿quen se vai encargar de actualizala? porque se se vai seguir facendo como ata agora, gastarse 80.000 euros nunha páxina de calidade para estropeala con publicacións “chafalleiras” non sei se serviría para algo.

    Como exemplo, no seguinte enlace pode verse unha nova algo antiga, sobre un curso que se realizou no edificio de A Merced, e que ía acompañada dunha imaxe, na que o “retoque fotográfico” é máis que evidente:
    http://cambados.es/index.php?option=com_content&view=article&id=465%3Aa-concelleira-de-educacion-inaugura-o-curso-de-graduado-en-eso-para-adultos&catid=1%3Alatest-news&lang=gl

    Posible orixe da imaxe: http://www.valchetanet.com.ar/2012/05/dictan-cursos-de-computacion-para.html

    Posted by sonia | 17/12/2012, 7:41 pm
  2. Grazas polos apuntes, coincido totalmente. Que triste o que comentas da foto, está claro que é un retoque (e bastante chafalleiro). Saúdos

    Posted by Óscar | 17/12/2012, 8:23 pm
  3. Hola,soy el canario,he entrado en vuestra maravillosa pagina y veo un pequeño fallito, perdón por ser tan claro,aunque llevo unos vente años en Galicia mi gallego y el de muchos turistas deja mucho que desear,por eso escribí aquí esto,para deciros,que un traductor para vuestro wordpress vendría muy bien para los visitantes de fuera de Galicia,gracias por su atención el canario.

    Posted by el canario | 19/12/2012, 1:40 am
    • Canario Cambados.tk non e unha web institucional, non esta pagada con fondos públicos e creo que costou menos de 80.000 €, comisions a parte, e non se trata dunha web para turistas, ademáis os pocos turistas que entraron na web do concello non creo que sacaran moito proveito dela, non habera nadie dos enchufados no concello que polo menos actualice as novas, os textos e as fotos, eu xa non pido unha oficina virtual, pero si gastan 80 mil euros na web municipal polo menos que sexta útil, bueno 80 mil menos a comisión de Touris.
      Críticas unha web particular e non te preocupa a web do teu concello, pois moi ben canario, si en vinte anos que levas en Galiza non eres capaz de entender o galego, duas opciones, ou eres pouco intelixente, ou en Cambados apenas se utiliza o galego

      Posted by Señor X | 19/12/2012, 3:00 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Decembro 2012
L M M X V S D
« Nov   Apr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: