A continuación reproducimos a entrada sobre o tema que redactou o blog “Vivir en Cambados”, xa que está moi ben explicada: “Lorena Acha é a blogueira de moda que dirixe If I Were a skirt, un dos blogs que forman parte da Asociación Asoblog Salnés.
Desde a constitución da asociación Lorena, xunto a outros membros da mesma, implicáronse na organización de diversos actos. Agora chégalle a quenda ao que é a súa especialidade, a moda, polo que se pode dicir que se este evento saíu adiante é grazas á súa enorme capacidade de traballo e ilusión.
No evento, que terá lugar o domingo 30 de decembro ás 18:00 horas, proxectarase un documental realizado pola Fundación Vicente Risco titulado “Galiza Emerxente” Novos emprendedores galegos, cuxa xestión hai que agradecer á profesora Maribel Iglesias. Para terminar o acto as deseñadoras Eva Soto Conde, Mónica Guillán e Marta Varela, mostrarán o público as súas últimas creacións.
Colaboran con este evento: Concello de Cambados, Cambados Zona Centro, Beleza Merchy Pintos, B&M barbaría e estética, Arousa Se Radio Salnés e Conexiondance.” Nova extraída de “Vivir en Cambados” (cambados.org.es).
Conversa
Aínda non hai comentarios.