//
estás a ler...
., Cambados

A corporación amosa o seu apoio aos traballadores de Paradores coa aprobación dunha moción do BNG crítica co PP


Un dos puntos do día do pleno do xoves era o debate e votación da moción do Bloque sobre o problema laboral de Paradores, que no caso de Cambados podería deixar tres traballadores na rúa. Os propios afectados e compañeiros estaban presentes ese día no salón de plenos, algo que quizais fixo que o desenlace do debate fora a unanimidade da votación. Isto quere dicir que a Corporación insta ao Goberno central a parar o plan de axuste de Paradores, impedindo os despedimentos e o peche dalgúns centros en Galiza. Ademais, pide que se realicen plans para mellorar a ocupación hosteleira no país, potenciando e mellorando a rede de paradores, e reclama que calquera plan que afecte á plantilla sexa negociada cos seus representantes. O curioso é que no texto expositivo da moción, que votou o Partido Popular a favor, dise textualmente que estamos ante un “plan, duro e salvaxe”, que contou  “co silencio cómplice e o beneplácito do goberno do PP na Xunta e dos alcaldes do PP nas vilas afectadas”. Ademais, do PP tamén di: “demostra a falta de xestión do PP, con capacidade demostrada para o recorte e o despido de centos de traballadores e traballadoras”. Podes ler a moción íntegra premendo aquí.

A nota “anecdótica” do debate púxoa o propio alcalde, que ao comezo da súa intervención, non deixou pasar a oportunidade para gabar a figura de Manuel Fraga, chegando a dicir textualmente que “Manuel Fraga foi quen construiu o Parador en Cambados”, por iso “lle debemos tanto a Fraga”. Parecía outra autoxustificación máis polo tema da estatua no canto dun debate sobre o problema laboral dos traballadores. O alcalde salientou que Cambados non era un dos centros en perigo aínda que dixo sentirse “sensible” ante calquera perda de postos de emprego, sobre todo ao poñerlle “nomes e apelidos”. O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, fixo a defensa da moción que o seu grupo presentou poñendo de relevo a contradición entre a apertura de Pousadas por parte da Deputación e do feche de Paradores polo goberno central, e a do PSdeG-PSOE, Fátima Abal, argumentou o voto positivo do seu grupo lendo unha iniciativa do PSOE no Senado na mesma dirección.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: