A Óscar e a min presentounos a estatua de Fraga.
Foi a raíz da manifestación popular espontánea xurdida en Cambados, cando un grupo de xente de Cambados (entre os que se atopaba Óscar como uns dos seus máximos expoñentes) decidiu protestar contra a decisión caprichosa, persoal e irracional do alcalde de levantarlle unha estatua ao ex- ministro de Franco; foi entón cando empecei a facer as miñas humildes colaboracións con Cambadostk e “A ti meu, Cambados”; recordo que nunha das nosas charlas e, ante a miña inminente visita, pra pasar as vacacións de verán, no meu amado pobo, Óscar díxome: “¿vémonos na Calzada o dia 1 de agosto, non?” en relación coa orixinal protesta de estatuas viventes, idea, como non, de el mesmo; evidentemente confirmeille a miña asistencia e a súa pose do pensador de Rodin, ao paso da comitiva, quedará para sempre no recordo dos moitos que alí estábamos.
Evidentemente calquera cousa que poida dicir de Óscar, será dende un prisma subxectivo, froito da miña admiración e, de seguro, que coincido con moitos de vos; este rapaz con apenas dezaoito anos montou un blog que acabou sendo unha referencia en Cambados; un blog que descubriu, sobre todo, as vergoñas dos nosos gobernantes e sempre cun valor valioso, dos mais valiosos que nos pode ofrecer a democracia, como é o da liberdade da expresión. Unha liberdade de expresión que sempre defendeu ata as últimas consecuencias: o mellor exemplo, ó último pleno no que desafiando as directrices caprichosas do alcalde de Cambados, gravou o pleno, para podérnolo facer chegar a todos.
Grazas, Óscar, por deixarme expresar libremente no teu blog; grazas por abrir unha fiestra a tódolos cambadeses que, coma min, estamos lonxe e amosarnos a realidade cotiá do noso pobo. Grazas, sinxelamente, pola túa amizade.
Espero que che vaia ben no teu novo destino e coñecéndote non me estrañaría que dentro de nada aparecese un novo blog: Oklahomatk, dándolle caña ó gobernador do estado ou ó alcalde, capaz es de iso e mais; ou que non sei (xa nos informarás) se estes gobernantes son tan incompetentes e mediocres como Louzán, Tourís e Aragunde.
Espero tardar en verte, iso será a mellor sinal de que os americanos saben a quen teñen entre mans e de que non te deixaran marchar e si te vexo que sexa en vacacións, ben en Galiza ou ben en Catalunya.
Cóidate meu amigo e unha forte aperta.
Ricardo Domínguez Rey.
Xa cho dixen en privado, pero moitísimas grazas e sobre todo grazas pola colaboración. Ti e mais a xente que foi participando nos últimos anos sodes realmente Cambados(tk). Apertas
PD. Tiña dazaseis anos! hehe
PD2. Oxalá cando nos volvamos ver xa non haxa estatua de Fraga! 🙂
Unha despedida feita por Ricardo é unha gran despedida.
Agora entendo porque sentín unha grande perturbación no reverso tenebroso da forza en pleno Caurel, do grande Uxío Novoneyra … as folerpas de neve o día 25 de Nadal arrodeábanme, e desde o planeta Alderaán milleiros de Cambadeses laiban pola marcha dun dos nosos símbolos da Resistencia que quere mudar a nosa vila e liberala das mans de Darth Vader Tourís, que xunto o Emperador Alberto, ten feito trizas o espíritu Republicano e demócrata … ogallá a teu “falcón milenario” voe alto amigo Óscar, e consigas en América os planos que precisamos para atacar á Estrela da Morte. Penso que en 2 anos estarás de volta con iles … son fundamentais e están agochados nalgún lugar … saúda da miña parte a Georges Lucas e que “a forza te acompañe tocaio” … aquí quedamos con Obi Wan Kenobi (CHON), Han Solo (Ricardo M. Rey) e a Princesa Leia (Fátima Abal) … eu son o R2.D2 … ESPERÁMOSTE DE VOLTA CON NÓS … APERTAS AMIGO ÓSCAR
http://www.youtube.com/watch?v=9gvqpFbRKtQ
hehe mátanme as túas comparacións estimado Oscarman, moitas grazas. Foi un pracer terte por aquí, seguimos en contacto que é algo que a rede nos permite, sexan cantos sexan os quilómetros de por medio. Que a forza te acompañe. Apertas!