//
estás a ler...
., Cambados

CTK “declara unha tregua”, mais non “entregará as armas”


Por motivos persoais, Cambados(tk) vese na obriga de declarar unha tregua indefinida na súa acción e difusión. Pode que sexa abordada máis ou menos progresivamente (dependendo da dispoñibilidade destes días e dos temas de actualidade), pero a decisión é firme. É un alto no camiño, nun camiño de máis de sete anos e medio que percorrimos xunto a vós e que a vós en definitiva debemos.

Grazas pola vosa atención, simpatía e colaboración.

Se queres, podes ler o artigo de Óscar Pardo Planas referido a este tema.

A nova noutros medios

A ti meu Cambados – Un día triste para o Cambados progresista e alegre para o conservador

Rif-Rock – Unha tregua de CTK

Vivir Cambados – Cambados(tk) fai un alto no camiño

Dos Vueltas de Tuerca – Cambados(tk) anuncia una tregua

Asoblog – Sorrisos e bágoas en Asoblog

Conversa

2 thoughts on “CTK “declara unha tregua”, mais non “entregará as armas”

  1. NOVO ANO, NOVOS AZOS – melloraremos o noso futuro… (para Oscar Pardo Planas)

    Levo uns días tentado poñer orde no meu despacho (algo case imposible logo de 10 anos …), e sabedes o que trae eso, moitos papeles dun pasado que me resisto a tirar, e tamén a necesidade de facer sitio para un futuro que parece que chega con forza, pero que tampouco sei como acabará nin se fara falta tanto sitio…

    Pero mentres fago esa inmensa tarefa non deixo de pensar que o meu non é nada en comparación co que estará a facer Oscar, e en todas as emocións que estará pasando estes días…
    Para os que non o coñecen Oscar e de Cambados, desa xeración enorme.., “sobradamente” preparada, pero que agora ten que buscar o seu futuro lonxe, tan lonxe, que pasadomaña marcha a traballar para os Estados Unidos, … como antes fixeron outros amigos seus, como Denis Pintos, que agora anda por Nantes, pero non o de Sanxenxo, senón o de Francia…

    Non o fan por pracer, nin por coñecer sitios novos, fano porque por desgraza logo de nonseicantos millóns de euros de Europa gastados e nonseiquecarallo, logo de nonseicantos edificios de investigación construidos e vacios e están a coller telarañas, logo de noiseicantas universidades non hai fondos para investigación e sobre todo, fano porque se queren traballar no deles teñen que emigrar. Esa é a triste realidade que teñen que vivir moitos xovenes, que non son ninis, senón o mellor e o futuro da nosa terra e teñen que marchar mentres outros mediocres ou trepas teñen soldos de xenerais por estar en Consellos de administración de empresas públicas ou en cargos políticos…. E INDIGNANTE.

    Non fai moito que coñecin a Oscar Pardo, antes xa oira falar del e da páxina “non oficial e critica do Concello de Cambados” Cambados.tk. Penso que foi cando organizaron aquela marea laranxa para protestar pola situación dos verquidos. Non sei quen (probablemente Paco Trigo, Maria Folgueira, Xan Galbán ou Cristina) falaronme que un dos organizadores desas movidas era Oscar Pardo, unha persoa xovén, pero xa daquela con moito criterio e que tiña moitas ganas de facer cousas para mudar o seu pobo. Fixenme fan da súa páxina…

    Non foi ata este verán cando coñecín en persoa a Oscar, un café nunha cafetería de Cambados chegou para saber que as cousas que me contaran del quedaban cortas. Boa non, boisima persoa, coas ideas moi claras, sen ningún tipo de ambición persoal e disposto a mollarse sempre polas ideas nas que cree. Foi tamén nese café na que por primeira vez me expresou as súas dúbidas sobre o seu futuro laboral…
    Logo viñeron moitos días de compartir conversas e traballo conxunto na campaña eleitoral, con el e con Denis. Creo que xa llo dixen a eles, pero logo de anos onde fun perdendo as gañas de loitar e o animo daquelas campañas eleitoriais dos anos 90, nestas últimas autonómicas a enerxia e gañas que destilaban estes dous homes e os rapaces de Sanxenxo e Meaño, fixeronme recuperar as gañas de seguir dando o callo por cambiar Galiza e o mundo se fai falta….

    En fin, primeiro foi Denis, agora e Oscar o que ten que coller camiño, e teño un sentimento contradictorio. Rabia porque se ten que marchar unha persoa moi válida, porque non poderei contar con el para que me serva de inspiración, pero ao final estou contento, por él, porque seguro que triunfará, levará o nome de Cambados e Galiza polo mundo adiante, sei que el sempre se considerara galego e exercera como tal alí onde vaia e sempre nos deixará quedar ben… SI AO FINAL ESTOU ALEGRE POR TI OSCAR, porque no 2013 comeza o teu futuro e estou seguro que dentro duns anos poderas voltar moito máis formado e con moito mais traballo e futuro, quen sabe, ao mellor incluso nesta túa terra e en Cambados, que ao mellor tamén tera cambiado, e se o fai, será en parte grazas a ti e ao teu traballo.

    Que teñas un bo viaxe e que che vaia do mellor ao outro lado do mar…

    Un abrazo.

    Posted by Ramón Mouriño. | 31/12/2012, 8:09 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Cambados(tk) anuncia una tregua. El creador del mundo bloguero cambadés cierra su página de forma temporal. « DOS VUELT@S DE TUERC@ - 27/12/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Decembro 2012
L M M X V S D
« Nov   Apr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: