//
estás a ler...
., Cambados

O último pleno do ano case completo en vídeo


Como xa reflectimos aquí hai uns días, o alcalde non fixo nada por impedir que gravaramos a última sesión plenaria do ano, logo dunha polémica entorno a este tema. A propia prensa referiuse a este feito, no caso de La Voz de Arousa non dubidaron en calificalo como o máis relevante -máis ben era o máis incerto- do pleno (xa que os demais asuntos eran máis ou menos de trámite). Nos primeiros puntos tratáronse aprobacións de taxas ou novas regulacións. A taxa de realización de tarefas de control e verificación de actividades e tramitación dos expedientes de licenzas de apertura ou actividade, foi aprobada cos votos do Partido Popular. O BNG votou en contra, porque considera que os cidadáns están a ver subas de impostos a diarios nun momento moi difícil, e PSOE abstívose. Este esquema repetiuse nos puntos seguintes. Tamén se modificou a taxa de outorgamento de licenzas urbanísticas (subiuse) e o mesmo aconteceu co imposto sobre construcións, instalacións e obras. Aprobouse unha nova ordenanza do procedemento para a concesión de licenzas de obras e de actividade, e de comunicación previa e declaración responsable. Todos estes asuntos están no vídeo “Varios (taxas…”.

Recorte da Voz do 22 de Decembro

Recorte da Voz do 22 de Decembro

Ademais, discutiuse outra vez sobre Alfageme. O BNG levou a pleno esta moción (ver vídeo)  para pedir solucións ao problema e reclamar demisións dos máximos responsables da Xunta neste confluto (entre outros o conselleiro de Industria). Pero o feito de que o pleno teña lugar cada dous meses fixo que a moción quedara obsoleta ao renovarse a Xunta (o conselleiro ao que se facía referencia é o único que non repetiu no cargo) e ao modificarse substancialmente o escenario acerca de Alfageme. Por iso o voceiro do BNG pediu modificar a conclusión da moción. Aínda así, Luís Aragunde baseouse na moción orixinal para descalificar a proposta. Asegurou que o PP estivo xunto as traballadoras e que foi a CIG quen as enganou (acusou ao sindicato de facerlles pagar 800 euros por persoa). Tamén criticou que o BNG pedira ao Concello que instara a outras localidades a “non recalificar” os terreos da empresa para evitar especulacións, xa que segundo Aragunde “non lle dicimos a outros Concellos o que teñen que facer”. Vítor Caamaño acusou ao Partido Popular a non facer o suficiente desde o goberno, e a botar as culpas ao executivo bipartito, cando había unha empresa interesada e quedou sen a adxudicación do Igape. Logo dun longo debate o PP insistiu en votar en contra aínda que quixo deixar claro que iso non significara que estaban en contra de Alfageme. O PSOE apoiou ao BNG nesta moción.

Ademais, tamén se tocou o tema dos desafiuzamentos e das taxas xudiciais, que foron levadas ao pleno polo PSdeG-PSOE. O Bloque amosouse a favor destas propostas (defendeu estes puntos o concelleiro Xaquín Charlín) e o PP cargou contra elas. Eulogio Pomares (PP) dixo que a lei de taxas xudiciais non era mala e que no PP, con matices, apoiaban a proposta. Isto viña a conto da intervención de Charlín (BNG), quen durante a súa intervención foi lendo declaracións de destacados membros do PP totalmente contrarios á medida de Gallardón, de cuxo traballo o concelleiro do Bloque dixo que “calquera elefante entraría nunha cacharrería máis sixilosamente”, en relación á frontal oposición de xuíces, funcionarios, avogados, procuradores, e fiscais.Fátima Abal (PSOE) respondeu a Pomares que si que é desproporcionado que “un mileurista” non teña acceso á xustiza gratuíta (só se mantén para salarios moi baixos e ademais son a nivel de núcleo familiar, non de renda individual).

O pleno completouse coa moción sobre Paradores, da que xa se deu conta noutra entrada, e coa resposta do alcalde a preguntas da oposición. Cómpre ver o vídeo para ver o curioso que é este método. Os grupos lle van presentando nos dous meses anteriores ao pleno unha serie de cuestións ao rexedor, e este no pleno vai respondendo dunha maneira digamos que cómica ao secretario, como se dunha obra de teatro se tratara. Hai que salientar, ademais, que as respostas acostuman ser totalmente evasivas ou brevísimas (moitas veces non pasan do “si” ou do “non). Outras veces o alcalde di non poder responder por “falta de informes técnicos”, coa que pregunta ten que agardar até o seguinte pleno. É dicir, dous meses.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Decembro 2012
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: