//
estás a ler...
., Cambados

Fraga, agora convertido en algo semellante a Batmam


A estatua convertida en Batman  | @ManuBusto5

A estatua convertida en Batman | @ManuBusto5

A estatua de Fraga amenceu pintada por segunda vez en un mes. Se a finais de Novembro os “artistas” elixiron a Superman para decorala, con pintura vermella na capa e un símbolo no peito, agora tocoulle o turno a Batman. Polo menos así o reflectiron co morcego característico plasmado no peito, aínda que ademais os pantalóns da escultura foron cubertos de amarelo.

O curioso de todo isto é a rapidez coa que o Concello (presuntamente, claro) limpou a pintura. Se ás 12.30 se difundía en Twitter a imaxe da pintada, pouco máis tarde da unha xa estaba medio limpa. Da anterior vez, o Concello asegurara que a limpara rápido porque estaba a máquina de limpeza a presión na zona, pero restaran importancia ao sucedido porque segundo Aragunde “hai que darlle o mesmo valor que se fora un banco ou a escultura de calqueira outro persoeiro”.

Polo de agora, non hai reaccións oficiais ao acto desta noite, aínda que parece complicado manter agora que non hai relación entre estes actos e o malestar que causou a instalación da estatua en Cambados. Na rede, a imaxe estase a extender moi rapidamente, a pesar de que os medios convencionais non se fixeron eco da nova por agora. Os comentarios retranqueiros son os máis extendidos, e hai usuarios que solicitan que para “a próxima” sexa Spiderman o que se plante en Torrado.

DSCN3915

A estatua xa “limpa”. Nótense os restos das diferentes pinturas

Conversa

4 thoughts on “Fraga, agora convertido en algo semellante a Batmam

  1. Spiderman no tiene capa.

    Posted by juas | 30/12/2012, 1:48 am
  2. Propoño que o próximo sexa de “El Zorro”, con sombreiro cordobés incluido.

    Posted by un de fefiñáns | 31/12/2012, 2:31 am

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: La estatua de Fraga en Cambados (Pontevedra) ahora convertida en Batman [GAL] - 29/12/2012

  2. Pingback: La estatua de Fraga en Cambados (Pontevedra) ahora convertida en Batman [GAL] | Cuéntamelo España - 30/12/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Decembro 2012
L M M X V S D
« Nov   Apr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: