Episodio Piloto – Fefiñáns, Guatemala. Primeira entrega deste novo proxecto. Despois dunha breve introdución sobre CTKast, entramos de cheo no tema central; a peonalización (ou non) da Praza de Fefiñáns. Repasamos a polémica do mes pasado xerada entorno a pechar ao tráfico a Praza durante a Semana Santa e a crise de goberno asociada. Para afondar no tema de fondo, a peonalización, falamos con Iago Pillado Losada, un dos promotores da páxina de Facebook “Peonalización da Praza de Fefiñáns”. Para rematar, conversamos con Manuel Silva Rey, cambadés que leva xa tres anos na Cidade de Guatemala. Ao final do programa escoitamos un tema musical moi especial.
Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.
Cambados(tk) puxo fin neste Marzo de 2016 á “tregua” que declarou en Decembro de 2012. Aínda así a actividade non retornará a CTK do mesmo xeito que no período anterior, senón que o fará nun formato diferente.
Cambados(tk) comeza unha nova aventura na rede; un podcast, que non é máis que un arquivo de audio gratuito que poderás escoitar online ou descargalo para oir cando mellor che vaia. CTKast é o nome desta nova aventura, na que pretendemos abrir debates sobre temas municipais e máis alá, con información, entrevistas, e análise crítica. Tamén se fará especial fincapé en conectar coa comunidade cambadesa no exterior.
CTKast será conducido por Carlos e mais Óscar, polo cal será unha produción cambadesa-americana. O venres 29 de Marzo publicarase o episodio cero, ou capítulo piloto. Agardamos contar convosco non só para escoitar senón para compartir, debatir, e criticar.