Episodio Un: Aqui non hai praia. É necesaria unha grande praia en Cambados? Precisamos dun areal para atraer turismo? Hai outros modelos de turismo?
Neste episodio falamos de praias e turismo. Conversamos con Carmelo, dono dun hotel, José Ramón, Concelleiro de Enoturismo, e Victoria, mariscadora xubilada que participa en Guimatur.
Viaxamos até Luanda, Angola para conversar con Blas Charlín, cambadés adestrador na Academia de Fútebol de Angola (AFA). Rematamos cun tema de Xeografías do Deserto, traballo musical de Sito Suárez e Manuel Núñez sobre poesía de Ramón Caride.
Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.
Máis información sobre os temas tratados:
–Páxina de Facebook de Guimatur
–Artigo de Maruxa Alfonso sobre praia en Cambados en La Voz de Arousa (nota: no podcast dixemos que era un artigo recente, e non é en absoluto recente senón de 2008, mais serve de repaso á historia da praia artificial)
–A praia proposta en 2003 e outros incumprimentos electorais (2011)
–“O Saco de Fefiñáns en 3 minutos”, vídeo de CTK (2011)
–Páxina web da Académia de Fútebol de Angola
– Páxina de Facebook de Xeografías do Deserto
Conversa
Trackbacks/Pingbacks
Pingback: Hemeroteca sobre a praia artificial | Cambados(tk) - 21/05/2016