A Óscar e a min presentounos a estatua de Fraga.
Foi a raíz da manifestación popular espontánea xurdida en Cambados, cando un grupo de xente de Cambados (entre os que se atopaba Óscar como uns dos seus máximos expoñentes) decidiu protestar contra a decisión caprichosa, persoal e irracional do alcalde de levantarlle unha estatua ao ex- ministro de Franco; foi entón cando empecei a facer as miñas humildes colaboracións con Cambadostk e “A ti meu, Cambados”; recordo que nunha das nosas charlas e, ante a miña inminente visita, pra pasar as vacacións de verán, no meu amado pobo, Óscar díxome: “¿vémonos na Calzada o dia 1 de agosto, non?” en relación coa orixinal protesta de estatuas viventes, idea, como non, de el mesmo; evidentemente confirmeille a miña asistencia e a súa pose do pensador de Rodin, ao paso da comitiva, quedará para sempre no recordo dos moitos que alí estábamos.
Evidentemente calquera cousa que poida dicir de Óscar, será dende un prisma subxectivo, froito da miña admiración e, de seguro, que coincido con moitos de vos; este rapaz con apenas dezaoito anos montou un blog que acabou sendo unha referencia en Cambados; un blog que descubriu, sobre todo, as vergoñas dos nosos gobernantes e sempre cun valor valioso, dos mais valiosos que nos pode ofrecer a democracia, como é o da liberdade da expresión. Unha liberdade de expresión que sempre defendeu ata as últimas consecuencias: o mellor exemplo, ó último pleno no que desafiando as directrices caprichosas do alcalde de Cambados, gravou o pleno, para podérnolo facer chegar a todos.
Grazas, Óscar, por deixarme expresar libremente no teu blog; grazas por abrir unha fiestra a tódolos cambadeses que, coma min, estamos lonxe e amosarnos a realidade cotiá do noso pobo. Grazas, sinxelamente, pola túa amizade.
Espero que che vaia ben no teu novo destino e coñecéndote non me estrañaría que dentro de nada aparecese un novo blog: Oklahomatk, dándolle caña ó gobernador do estado ou ó alcalde, capaz es de iso e mais; ou que non sei (xa nos informarás) se estes gobernantes son tan incompetentes e mediocres como Louzán, Tourís e Aragunde.
Espero tardar en verte, iso será a mellor sinal de que os americanos saben a quen teñen entre mans e de que non te deixaran marchar e si te vexo que sexa en vacacións, ben en Galiza ou ben en Catalunya.
Cóidate meu amigo e unha forte aperta.
Ricardo Domínguez Rey.
(BASADO NA OBRA DO MESMO TITULO DE CHARLES DICKENS)
Ao Alcalde de Cambados non lle gustaba o Nadal; o Nadal son festas familiares, festas íntimas onde el perdía todo o protagonismo que lle gusta ter; ao Alcalde de Cambados gustáballe mais a Festa do Albariño onde se podía sentir importante, retratarse ao carón do Presidente da Xunta ou do “famosete de turno” ou,por outro lado, a festa de San Roque, onde presidía a procesión, sentíndose mais presenciado que o propio santo. Ademais este Nadal estaba especialmente cabreado coa festa: os funcionarios municipais botábanlle en cara que non fixese nada porque cobrasen a paga extra de Nadal, cando vían que en outros concellos (como no de Pontevedra, por exemplo ) os seus rexedores buscaban artificios pra podela abonar e non deixar aos seus traballadores sen tal paga tan merecidamente gañada; ademais (como lle argumentaban os propios traballadores e a oposición) se había un superávit nas contas municipais de case 300.000 euros ¿por que non aproveitalo para ditas pagas?, de seguro que era o comercio local haberíao de agradecer.
“Quen se creen estes empleaduchos” (pensaba o Alcalde), “non se dan conta que ese é un superávit maquillado (como ben fixera ver a oposición), e, ademais, aínda que así fose tal decisión non dependía de min, as decisións importantes séguenas a tomar Tourís, eu só son un mandado, ademais os cartos sempre se poderían empregar en cousas mais importantes ….. para que carallo quererán eles unha paga extra”, seguía cavilando o alcalde para intentar xustificar tal actitude. Faltaban so un par de días para o Nadal e xa estaba desexando que pasase
Aquela noite, o Alcalde estaba especialmente cansado, non porque houbese traballado arreo (nunca o facía), senón porque levaba durmindo mal un par de dias e mentres estaba a ver a televisión no sofá, quedou durmido; de repente unha voz estrañamente familiar espertouno: “Luís, esperta”, o Alcalde aínda medio durmido, abriu os ollos e, no medio dunha especie de néboa, no seu salón atopábase ¡Xaquín Charlín “Chon” ataviado cunha especie de túnica como flotando no aire……..!
“¡Que fas aquí! ¡é que na miña propia casa non me podes deixar en paz!” , de repente a presenza levantou o brazo e unha forza misteriosa tombou ao Alcalde no sofá, facendo que non se puidese mover.
“Cala, ¡ostias!, que non son quen ti crees, simplemente adoptei unha presenza humana que che resultase familiar, son o espírito de todos os nadais, veño a visitarte pra anunciarte que o longo de esta noite recibiras a visita de tres fantasmas, o Fantasma do Nadal Pasado, o Fantasma do Nadal Presente e o Fantasma do Nadal Futuro, quero que vexas co paso do tempo no que te convertiches e medites se vale a pena seguir así……”
De repente a presenza desapareceu e o Alcalde púidose reincorporar “vaia sono mais raro” pensou “ porque en vez do cabrón de Chon non podería soñar con Beyonce co que a min me gustan as mulatiñas……..”
Nese intre soou a porta da casa, e pensando quen podería ser a esas horas, abriu a porta e atopouse de fronte ¡coa estatua de Fraga que cobrara vida¡, aterrado o Alcalde dou para atrás…..
“Boas noites Luís, son o Fantasma do Nadal Pasado e vamos a ver como eras antano…”; de repente Luís veuse transportado no tempo e co o Fantasma, empezou a ver etapas da súa vida, víase moito mais novo (e delgado), en outros nadais, como o animador da festa; tamén o Luís deportista, facendo piragüismo e, tamén, presenciou a súa etapa no Instituto “Ramón Cabanillas” encabezando as manifestacións, megáfono en man, contra o proxecto inicial do Concello de que a carreteira pasara pegada ó centro, berrando: “¡Tirado, fascista aquí non farás unha autopista!”
A Fantasma do Nadal Pasado mirouno co seu ollar de bronce (por algo era a estatua de Fraga) e espetoulle: “Que irónica é a vida, Luís, tanto criticar ó alcalde de entonces e, o final, volvícheste igual ou peor que el, ¿que queda de aquel rapaz tan sano e nobre?” (Luís, non sabia onde meterse) “quizais, véndote, o Luís de agora semella que se tragou o Luís de entonces”.
Luís mirábase en todas as escenas do seu pasado como quen se esta a mirar nun espello, xente coa que se falaba e agora non se fala, xente que o apreciaba, e o vían como o bo rapaz que nese tempo era; a Fantasma fixo un xesto e díxolle: “temos que regresar” e de repente apareceu no salón da súa casa; o Fantasma xa non estaba, quedou uns intres pensando no que había visto.
Novamente soou a porta e Luís apresurado foi a abrila e da impresión case cae de cu: ¡era Mariano Rajoy!, Luís non o podía crer e a duras penas balbuciu:
“Señor Presidente ¿que fai vostede aquí?”
“Luís, son o fantasma do Nadal Presente, xa sei que me asemello ó Presidente do goberno pero e que, en moitos casos, el aínda é mais fantasma que eu, vamos a ver no quen te convertiches na actualidade”………
Novamente Luís sentiuse transportado e veuse en moitas esceas da actualidade:o dia que Tourís lle dixo que quería que fose o seu alcalde “de prestado”, a súa actitude “chulesca” nos plenos ……. o pleno no que lle faltou ao ríspeto ó finado de Rafael Blanco co tema das supostas faltas de ortografía. Tamén amosoulle a situación na que estaban os seus funcionarios, os que tiñan as nóminas mais humildes e que esperaban a paga extra como auga de maio e as privacións que terían este Nadal; a Luís caíaselle a cara de vergoña, o fantasma espetoulle: “pra os teus funcionarios non tes cartos pero para invitar a moita xente o domingo do Albariño ó Parador ¿verdade que si?, xente que só se lembra de Cambados pra encher o bandullo ese dia ¿crees que iso é xusto? Luís non quixo ou non soubo que responder; o fantasma seguía a fusilalo con preguntas: “¿cres que ti es un bo gobernante?”, “¿sabes que no teu Concello hai xente que o está a pasar moi mal co tema da crise? ¿pensáchelo algunha vez?, co que gastas ti ó ano en dietas de comidas ¿sabes a canta xente poderías axudar? Sabes das deficiencias no colexio Magariños e no pavillón e, sen embargo, pra ti é mais importante levantarlle unha estatua a un fascista como Fraga, velo normal? Cando quixo contestar, Luís estaba novamente no salón da súa casa, a fantasma do Nadal Presente despediuse pero antes avisoulle de que recibiría a visita do último fantasma e que non se asustase pois a imaxe que había adoptado era a dun fantasma de verdade.
Luís quedou intrigado pensando como seria o Fantasma do Nadal Futuro e nese momento sonou a porta por terceira vez e topouse con: ¡Jose María Aznar! efectivamente…… o home que dixo, poñendo os pes encima da mesa e diante de George Bush que era capaz de correr 10 kms. en 5 minutos e 20 segundos;o mesmo Aznar, que dixo que foi unha bendición pra España que el fose o seu presidente; en definitiva, o home dos abdominais pétreos, dende logo, o Fantasma do Nadal Futuro non podería haber adoptado unha presenza mais …..fantasmal.
“Mire Uste” (díxolle o fantasma) imos ver como será o teu Nadal do Futuro e por terceira vez o alcalde veuse transportado, aparecendo no seu despacho do Concello. Alí sentado no súa cadeira estaba un señor que non acababa de recoñecer, “¿que é ese e que fai sentado no meu sitio” preguntoulle ao fantasma do Nadal Futuro; este respondeulle: “Luís, estamos no futuro,ti xa non es o alcalde de Cambados e ese que está sentado é o teu sucesor”, “coma ti, sóubolle facer a pelota moi ben a Tourís, coma ti estivo o carón de Feijoo pra darlle de man á mangueira cando este fixo a comedia de facer que apagaba un conato de incendio forestal” “ese que está sentado é o actual chico dos recados de Tourís como ti fostes en tempos pasados”
Luís preguntoulle intrigado: “¿e que foi de min?, supoño que ascendín politicamente ¿verdade?, o fantasma botou un sorriso malicioso e díxolle :”vámolo a ver”, e apareceron na lonxa de Tragove, alí estaba un Aragunde, claramente mais avellado, no medio das sobastes de peixe e marisco.
“Pero ¿que pasou?”, preguntou Luís confuso “¿como volvín ao meu antigo traballo?”.O fantasma respondeulle: “Cando deixaches de valerlle a Tourís, abandonouche coma un xoguete roto, xa no lle eras útil pra os seus intereses; así de claro e así de real”. ¿que esperabas? ¿ fidelidade por parte de Tourís? ¿non te dabas conta que te manexaba como manexa a outros moitos? Ti, Rosa Oubiña, e outros solo sodes pezas, peóns nun axedrez, deberías de haberte dado conta Luís; a parte de pasar a historia de Cambados como un dos peores alcaldes, tamén pasaras como o alcalde que nunca tivo nin a autoridade nin o valor de facerse respetar
“¡¡¡¡NOOOOONNNN¡¡¡¡¡”…………….
Luís espertou no sofá do seu salón sen saber se aquilo fora un pesadelo ou se había ocorrido realmente
Un final feliz seria que o Alcalde cambiase radicalmente, que abrira os ollos e que empezase a gobernar pra tódolos cambadeses e cambadesas, e non só pra os do seu partido; que respetase e que fixese aos seus concelleiros respetar á oposición nos plenos, que non enganase mais os seus veciños, que, en resumen, mirase polas verdadeiras necesidades do pobo.
Pero pra todo iso fai falla ter o valor e os bemoles que ao noso alcalde lle falta e unha alma que aparenta haberlle vendido o diaño, aínda que o diaño teña a aparencia de Tourís.
Mentres tanto o gran prexudicado por tanta incompetencia segue a ser o pobo de Cambados.
QUERO FELICITAR O NADAL A TODOS E, ESPECIALMENTE, A QUENES ME DERON A POSIBILIDADE DE EXPRESAR A MIÑA OPINION COMO SON XAQUIN CHARLIN “CHON” E OSCAR PARDO PLANAS, DOUS VALENTES QUE TEÑEN TODA A MIÑA ADMIRACION POR ENFRENTARSE O CACIQUISMO QUE OUTROS QUEREN IMPOÑER; A OSCAR DESEXARLLE SORTE NESA AVENTURA AMERICANA A PUNTO DE EMPEZAR E A TODOLOS CAMBADESES E CAMBADESAS OS MEUS MELLORES DESEXOS PRA ESTE ANO QUE ESTA A PUNTO DE COMENZAR.
¡¡¡¡¡FELICES FESTAS E FELIZ 2013 ¡¡¡¡¡¡
UN SAUDO A TODOS
Ricardo Domínguez Rey.
Hoxe é un dia triste pra a democracia, triste pra os que, como eu, creemos na democracia, na verdadeira democracia e nos verdadeiros políticos, políticos honestos e honrados que contribuían e loiten realmente polo mellor para o seu pais, e non polo seus intereses persoais.
Hoxe levanteime lendo na prensa que Tourís repetirá como delegado provincial da Xunta na provincia de Pontevedra despois de que, apenas fai dous meses, sairán a luz unhas gravacións que o relacionaban co cobramento dunhas comisións ilegais en relación cunhas obras realizadas en Cambados.
Evidentemente como todo cidadán, Cores Tourís ten o dereito á presunción de inocencia que recolle noso ordenamento xurídico e , seguramente, ao final non se lle imputará delito algún en relación con este asunto pero dende o punto de vista moral e social, sempre quedará a dúbida entre unha poboación que, cada vez mais (e sobre todo en tempos de crise), non se ve representada polos seus políticos. Ademais a actitude do “suposto” alcalde de Cambados, Luís Aragunde, negándose a que se constituíse unha comisión de investigación, como reclamaba a oposición, tampouco deixa en bo lugar nin a un nin a outro.
Aínda que isto non nos debía de sorprender a estas alturas da película, Luís Aragunde é, dende que tomou posesión do cargo, un “alcalde de palla”, un “pelele” que fai o que lle manda o seu amo e señor, que non é outro que o propio Tourís, e, loxicamente nunca morderá a man de quen o puxo aínda que fose so pra figurar.
Cores Tourís sempre defendeu a súa inocencia, negando totalmente todo o que recollía as gravacións; non serei eu (Deus me libre), o que lle diga a Tourís o que ten facer, pero se a min, me houbesen acusado do que o acusaron a el, ao dia seguinte comparecería ante a prensa (e non mais dunha sema despois) pra defender dita inocencia e anunciar a inmediata interposición dunha querela por calumnias; outra cousa é deixar correr e pasar o asunto, como se non houbese ocorrido nada, en fin, os seus motivos terá.
Cores Tourís é un malo, malísimo político, non porque non teña aptitudes pra desenrolar este ou calquera outro cargo político, senón polas súas actitudes, actitudes que xa amosou cando era o rexedor “oficial” de Cambados, o tratar ó concello coma a súa finca ou (o que é peor) como a finca particular do PP, iso , dende logo foi o que mellor lle ensinou ao seu pupilo Aragunde.
Se o propio delegado provincial da Xunta en Pontevedra, en vez de dar exemplo, é o primeiro que se salta a Lei, como o fixo no tema do Pinal da Maza, ¿con que autoridade pode pedirlle a administración a un cidadán de Cambados, de Poio ou de Porriño que cumpran cos todos os permisos a hora, por exemplo, de realizar unha obra.
Sinceramente que Xosé Manuel Cores Tourís e, tamén ( porque non dicilo), Rafael Louzán sexan os dous máximos representantes da provincia, non deixa en bo lugar a Pontevedra e, simplemente, desexo que algunha vez os pontevedreses teñan políticos que de verdade os representen.
Saúdos a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
Dende logo se de algo podemos estar agradecidos os cambadeses e cambadesas e de ter uns dirixentes tan graciosos que ás veces parecen mais ben monologistas de “El club de la comedia”.
Eu, quería propoñerlles ao alcalde Aragunde e o patrón maior da cofradia, vistas a súas derradeiras declaracións que montasen un dúo cómico, ao estilo Tip e Coll ou Faemino e Cansado, pois vista a súa xestión ao fronte dos seus respectivos organismos, non teño a menor dubida de que, dende logo, teñen mais futuro no mundo da farándula e vodevil. Supoño que, quizais, para homenaxear a recente morte do xenial Miliki, puxéronse de acordo para facer unhas declaracións tan hilarantes, practicamente, no mesmo espazo de tempo.
Por un lado temos ao ínclito alcalde de Cambados Luís Aragunde que, a sema pasada, a raíz de que aparecese pintada como Superman a estatua de Fraga, nun arranque de Sherlock Holmes, dixo en declaracións a unha emisora de radio, que tales pintadas foron producto dunha gamberrada da mocidade que sae de marcha por Cambados. ¡¡que poder de dedución do noso alcalde!! ¿como puideches chegar a tan brillante conclusión, Luís? Intentándome meter nunha mente tan emérita como a túa supoño que pensaches: “as pintadas producíronse a noite do sábado para o domingo, do sábado para o domingo é o dia da movida nocturna entón os responsables son rapaces da movida nocturna” ¿isto pensáchelo ti so ou axudáronche os teus asesores?
Tamén dixo esta mente tan privilexiada: “hai que darlle o mesmo valor que se fora un banco ou a escultura de calquera outro persoeiro”. Vamos a ver Luís, por empezar por isto último, na historia recente de Cambados, eu non recordo unha historia tan rocambolesca entorno a ningunha estatua (e menos a un banco) como a que creaches ti cando se te meteu nos miolos o de levantarlle tal monumento a un fascista como Fraga. ¿cando te darás conta dunha “puñetera” vez que os cambadeses e cambadesas de ben non queren, non queremos esa estatua; dende logo que cabe a posibilidade de que houbese sido a movida nocturna a autora das pintadas como cabe a posibilidade de que a miña musa Rosa Oubiña algún dia acabe rendida aos meus encantos e vivamos un apaixonado romance, a posibilidade existe.
As gamberradas, como dis ti, da movida nocturna soen ser improvisadas, irracionais e nun momento de impulso producidas polos calores etílicos ou a “bravocunada” do valente de turno e, dende logo non teñen carga reivindicativa nin social que tivo esta; si houbese sido unha gamberrada tiñan mais monumentos a man, moito mais accesibles. Estas pintadas foron realizadas por alguén ou algúns (os cales dende aquí eu móstrolles a miña total adhesión e felicitación) que, como moitos de nos, non queren que manchen o nome do noso pobo, asociándoo a un tipo tan desprezable como foi Manuel Fraga Iribarne; foi un acto pensado, calculado i estudado a fondo, así que non lle botes a culpa de tal acción a terceiros, que en iso ti xa eres un experto, como cando lle intentaches atribuír a auditoría da estatua ao “sector do viño”, vamos, Luisiño, non fagas mais ó ridículo.
A única dúbida que teño no tema da estatua de Fraga, e que non creo que nunca nos aclares e si a decisión de facer a estatua veuche imposta de arriba, na condición túa de alcalde de palla ou foi un acto teu de peloteo sen límites ao partido.
O outro membro de este dúo cómico é o patrón maior da cofradía e presidente da Federación Galega das cofradias que, a raíz da querela presentada contra él pola Fiscalía de Santiago por un presunto delito de malversación de caudais públicos, vai e di que “estuda a posibilidade de interpor contra Agamar denuncias por acoso e falsidade” tamén dixo, en outro momento cando menos gracioso, “en realidade son catro persoas que non representan ao sector do marisqueo, nin fixeron nunca nada por o mesmo”, “aparecen cada vez que a Federación Galega logra algo importante para ou beneficio do sector marisqueiro” e que eles a “diferenza dos sindicatos non viven do aire”.
Vamos a ver, Benito, que non vives do aire iso é evidente, poden dar fe do mesmo os lugares onde comes (moi ben por certo) en moitos casos a conta da cofradía; en canto a querela presentada contra ti dicirche que o que move ficha é a Fiscalía, non Agamar, e que se a Fiscalía se decide presentara a querela é porque ve indicios pra elo ¿será tamén que a Fiscalía te acosa?, deberías de mirarte iso do acoso, a ver se vai a ser que tes “manía persecutoria” e crees que todo o mundo vai detrás de ti . Dis que son catro persoas que non representan ao sector do marisqueo, home, Benitiño, represéntanos dende a hora en que son mariscadores e están a loitar polos intereses do conxunto dos mariscadores; habería que preguntarse a quen representas ti, realmente, na túa condición de patrón maior, porque é moi fácil encherse a boca dicindo que logras cousas importantes para o sector do marisqueo (¿que cousas me pregunto?), gañar, ao mes, o que non gañan no mesmo período, en moitos casos, catro o cinco mariscadores xuntos e vivir do conto.
A xente que vive do mar,e xente que cando sae a faenar non saben se cubrirá ese dia nin os gastos, xente que realiza un traballo admirable e que moitas veces o resto da poboación non valora como se debería; en definitiva, é xente que necesita, realmente, a alguén que se “molle” por eles, que comprenda os seus problemas e quen non veña a mirar o seu beneficio propio, e, lamentablemente ti nos das o perfil; se foses minimamente consecuente cos teus actos presentarías a dimisión e deixarías a xente con ganas de facelo ben que se seguro que algún haberá.
Como dicía ao principio anímovos a montar o dúo, haber si como comediantes mostrades a profesionalidade que vos falta como dirixentes.
Un saúdo a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
(8: 30 da maña, diante da porta dun colexio de Catalunya)
– “¡Gallego! : acabo de leer lo que pasó ayer en tu pueblo.”
– “¿ en mi pueblo? ¿que paso?”
(Pregunto intrigado, debo confesar que o domingo pasei boa parte da maña no hospital co meu fillo Pau, debido a unha febre moi alta que me tiña preocupado, e, o único momento que puxen as noticias, foi para seguir o desenrolo das eleccións cataláns.)
– “¡Si, hombre! La estatua de Fraga ¿de verdad que no sabes lo que le ha pasado?”
– “Dame una alegría, dime que alguien la ha robado o que mi querido alcalde ha recapacitado y ha decidido retirarla….”
– “¡ha aparecido pintada de Superman!”
– “¡¿Comor!?”
Despídome do meu interlocutor e tras deixar os meus fillos no colexio, achégome a un kiosko e compro un xornal e ahí esta a nova “Aparece pintada de Superman, la estatua de Manuel Fraga en Cambados (Pontevedra)”……….
Téñome que render aos teus pes,Luís, se dende aquí, sempre se criticou (con razón na inmensa maioría dos casos) a funesta xestión municipal, tamén é xusto, cando o noso alcalde realiza unha brillante actuación, destacala e felicitalo. ¡menuda campaña de marketing!
¡Eres un crack, Aragunde! ¿como se che ocorreu a idea? Non sei, imaxínote, vendo un dia pola televisión a película “Titanic” e no momento que se funde o barco, de repente tes unha visión, quizais, pensas: “Este barco non pasou a historia por ser o mais avanzado da su época, nin polo seu tamaño, non, este barco pasou á historia polo pouco que durou dende a súa inauguración e como deixou de existir para pasar a ser lenda”.
Algo así debiches de pensar entorno a estatua de Fraga ¿non?, quizais, pensaches en como rexenerala, en como facer que pasase do seu aspecto actual de vilán a heroe, de unha figura de dubidoso gusto como era Fraga a alguén querido por grandes e menores como é o personaxe de Superman.
Veña, va, confésamo agora que non nos escoita ninguén ¿onde estiveches o sábado dende ás dez da noite ao domingo ás seis da maña? ¿aínda tes as mans manchadas de pintura? Imaxínote enfundado nunha mono negro, cun pasamontañas, escalando a valla, cun bote de pintura vermella na man e levando a cabo tan magnifica obra.
¡Eres un monstruo! (ollo! no bo sentido da palabra!), levanto a miña copa e brindo pola túa saúde, estou repasando os medios de comunicación por internet e o nome de Cambados empeza a asomar en moitos de eles.
¿Parácheste a pensar nas múltiples posibilidades desta acción? Ocorréseme que poderías ampliar ó numero de estatuas con personaxes coñecidos do noso pobo e caracterizalos como superheroes do comic ou, simplemente, como calquera outro tipo de heroes.
Xa o estou vendo, amigo Aragunde, por exemplo, unha estatua túa pintada de verde, ¡¡non me digas que non eres cravado ao Incrible Hulk!! ….. vamos que si te ven ¡chámante de Hollywood!, cando pos esa mirada túa penetrante, como querendo mirar mais ala do infinito, pareces “La Masa” a punto de pegar unha labazada.
E, seguindo coa lista de persoas ilustres da nosa comarca, ocorréseme, por exemplo, que a nosa querida Rosa Oubiña con ese tipazo que ten, unha estatua dela, pintada de negro, semellaría perfectamente o personaxe de Catwoman, a muller- gato, a heroína que sempre vai enfundada nun traxe de coiro negro,e, dende logo, non envexaría, en absoluto, a interpretación que para o cine fixo no seu dia Michelle Pfeiffer ou, mais recente, Anne Hathaway.
¿ E que me dis de Louzán, unha estatua coa forma esférica (que de si xa ten) da sua cabeza e o seu ritus case imperturbable, coma de robot, pintada de amarelo e vermello e clavado a Iron Man, o home de ferro … ¡¡se ata ten os seus andares!!.
Evidentemente non podía faltar o teu mentor, Xosé Manuel Cores Tourís, con esa barbiña e bigotiño, co seu andar altivo e señorial, parécese totalmente ao nobre hispano D. Diego de la Vega, a personalidade debaixo da cal se esconde “El Zorro”, non me negaras que si lle pos un anteface, un sombreiro de ala ancha, unha capa (serve a que ten de cabaleiro do albariño) e o montas a cabalo polas terras de Oubiña, parece totalmente “El Zorro” atravesando o territorio da Baixa California.
Poderiamos seguir con cantidade de exemplos,unha estatua do patrón maior da cofradía, con esa planta e esa barba, con unha túnica e un tridente, parecería totalmente Neptuno, o deus do mar, aínda que dáme a sensación de que este señor, fai moito tempo que xa non se acerca ao mar nin para mollar os pes.
Pénsao, querido alcalde, ata poderiamos intentar facer uns decorados para darlle a Cambados un aire como de Nova York, total, o barrio chino xa o temos.
Na espera de haberte sido de axuda despídome.
Ricardo Domínguez Rey.
Hoxe, queridos amigos, quería falar de zooloxía, mais, concretamente, describirvos unha ave, un paxaro de mal aguero, que, un mal dia, para desgraza do resto das aves mariñas, posouse no tellado da cofradía e, a pesar dos intentos por espantala, non hai forma de que se vaia volando.
O “Benitus Pelexón” en unha mestura de varios paxaros, está emparentado co voitre pola súa afección aos desfeitos e á carroña, tamén ten algo de corvo por aquilo de que como te descoides te comerá os ollos, algo de galo de curral, o cal, “sempre pensa que amañece por que canta el (refraneiro popular)” e pola súa tendencia a “pavonearse”; pero, dende logo, se hai dous paxaros cos que está emparentado son o cuco e o papamerda – palanquín.
Como todos sabedes o cuco non fai niño senón que pon o ovo nos niños de outras aves, de forma que, cando o pito de cuco nace, instintivamente, comeza, coa espalla a botar fora do niño o resto dos ovos, quedando el como único beneficiario do alimento que, inicialmente, estaba destinado a outros. Cando o “Benitus Pelexón” chegou voando ó tellado da cofradía, viña acompañado de outras aves, mais nobres, pero, como o cuco, empezou a desprazalas pra facerse ó único dono do niño.
Tamén diciamos que o “Benitus Pelexón” está emparentado co papamerda- palanquín (Págalo Parásito en castelán) unha ave (emparentada coas gaivotas) que non dubida en atacar a outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas.
O “Benitus Pelexón” é unha ave covarde, polo que, unha vez que se posou no tellado da cofradía, buscou aliarse con outras aves do seu entorno, e, tras analizar o terreo, fíxose amiga da “gaviota chorona” ou “gaivota do PP” que ten o niño no tellado do concello, coa cal, é frecuente atopala,as dúas xuntas co ó buche ben alto, con aires altivos, e mostrando os seus mellores plumaxes.
O “Benitus Pelexón” intenta ser o líder, o macho alfa das aves mariñas, aínda que, cada vez mais as aves mariñas o rexeitan, no recoñecendo o seu liderado xa que fai tempo que esta ave non molla a pluma para procurarse o seu sustento.
O hábitat natural por onde poderemos observar a este paxaro é moi variado pero, sobre todo, polas rúas de Cambados, no verán picoteando nas terrazas da rúa Real, nas distintas casetas que a tal fin se montan na festa do albariño ou pola “Ribeira de Fefiñans”, a súa alimentación é moi variada: “pulpo a feira, churrascadas, centoladas e sobre todo, é unha ave gran catadora de albariños e “gin tonics”, aínda que tampouco lle fai ascos ós “Ribera del Duero” a súa capacidade para absorber todos estes líquidos é mítica, entón é cando saca o seu lado mais divertido e transformase nun papagaio do mais gracioso.
Para rematar se vos atopades con esta ave, observala con coidado, é moi nerviosa e, en seguida, pode sentirse “acosada”.
Un saúdo a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
Nota: o autor quere agradecerlle ao seu irmán Manuel Domínguez o asesoramento ornitolóxico para a realización de este artigo.
(NOTA DO ADMINISTRADOR: Todo parecido coa realidade é pura coincidencia)
Debo confesar que non teño a mais mínima idea de decoración, non atinando a diferenciar entre un sillón Luís XV e outro calquera dos que venden en IKEA, a diferenza da miña muller que coas revistas e programas de televisión sobre decoración que ve, poderían darlle, tranquilamente, o titulo de arquitecta de interiores.
Por iso que cando foi o momento de decorar a casa, loxicamente decidiu ela levar o tema, iso si o que eu tiven claro dende un principio, coma a si foi, é que no salón poñería unha enorme pantalla de televisión (dunha coñecida marca xaponesa) e un sofá tan enorme que me permitise manter calquera postura en horizontal.
Un dos meus maiores praceres consiste en que, cando van a durmir a miña muller e os nenos para a planta superior, quedarme eu no salón, abrir unha botella de viño, un paquete de xamón ibérico reservado para as ocasións e gozar dunha velada cinematográfica.
Atopábame eu a outra noite nesta situación cando sonou o timbre da casa, estrañado de quen podía ser a tales horas, abrín a porta.
– Boas noites, Ricardo, ¿podo pasar?
– Pero ¿como puido saltar a valla da casa?, ¿como puido chegar ata aquí evitando os meus cans? e a mais importante ¿quen e vostede?
– Tranquilo, dos teus cans encárganse Paco e Toño, que en tema de animais son os que mais man teñen
– ¿Quen?
– San Francisco de Asis e San Antonio Abad, e eu son Jesucristo.
Cando me quixen dar contar Jesucristo estaba sentado no meu sofá (vantaxes da omnipresencia, supoño)
– Invitaríalle a un viño, señor, pero acabo de terminar a última botella
De repente na mesa apareceu un relucente botella de albariño, Jesucristo botou unha gargallada.
– Dende as vodas de Caná que non facía este milagre e ,por certo, non me trates de vostede, ¡coño!, que só teño trinta e tres a nos e, por tanto , son mais novo ca ti e podes chamarme Suso.
Eu con algo de medo, pois non tódolos días ven a visitarche o fillo de Deus, preguntei:
– ¿Fixen algo malo? ¿vasme a castigar?
(Jesucristo deixou de beber da copa, levantou a mirada e botou outra gargallada)
– ¿Por que debería facer tal cousa?
– Non sei, non estou acostumado a visitas tan ilustres
– ¡Que va , home! Ademais cando teño que castigar a alguén mándolle ao arcanxo San Gabriel
– Imaxino que un tipo coma un armario coa súa espada ardente e todo ¿non?
(Jesucristo botou unha terceira gargallada, mais sonora aínda)
– ¡Para nada! E un tipo mais ben baixiño ¡pero ten unha mala hostia que non vexas!
(Debo de recoñecer que o fillo de Deus é un cachondo mental de coidado)
– Pensei que viñeras porque afirmara que cando vivías na terra, entre os homes, eras homosexual.
– Ja ja como ti ben dis, Domínguez, iso non é nada malo e, a pesares do que din os que afirman representarme na terra, tampouco é pecado.
– Pois todo o clero ten unha guerra declarada aos homosexuais, fíxate que non querían que se puideran casar, e fáloche dun acto civil. Parece que para o clero os problemas relacionados co sexo son os mais graves que acochan ó mundo.
– ¡Que che vou a contar! Pensas que poido coincidir en algo co que están a facer esta grupo de vexestorios, como segan nesa liña voume ter que reencarnar en Justin Bieber para atraer ás novas xeracións porque senón ó final quedaremos catro gatos.
– ¿A que ven tanta rechazo por parte do clero, entón? Sinceramente, Suso, non o entendo, só son condescendentes cos casos de pederastia que se producen no seu seno, entón si que nos piden que sexamos razoables e bos cristiáns.
– ¿Que queres que che diga Domínguez? Si souberas a de sacerdotes, bispos, cardeais homosexuais que hai …..ata algún presidente de goberno!
A verdade é que Jesucristo era ben simpático polo que a conversación transcorría nun ambiente moi agradable.
– Oes Suso!! entre ti e mais eu, no meu pobo, Cambados, ¿hai moito pecador?
– Ja ja ja ¡¡mais que entre Sodoma e Gomorra xuntas!! Se volvese a caer o diluvio universal alí non se salvaba nin o Tato.
– E xa postos ¿é moi pecador o alcalde de Cambados?
(Jesucristo sorriu levemente, acariciouse a barba e preguntoume)
– ¿que pecados crees que puido cometer? a ver si os adiviñas
(Pensei mentalmente, durante uns intres, en toda a lista de pecados que coñecía e tamén na “brillante” traxectoria do noso “ilustre” alcalde e contestei)
– Pois por empezar polos pecados capitais, penso que comete gula porque pra ter a cara de presentar unhas dietas de comida de apenas dez días por valor de mais de 3.000 euros hai que ter moita cara, ou moito estómago segundo se vexa, tamén comete o pecado de soberbia pois pensa que as súas actuacións están por enriba do ben e do mal, tamén comete o pecado da pereza pois mira que sen ser Cambados un pobo moi grande contratou a dous asesores ¿para que? Recórdame, Suso, aquel chiste dun capataz que está nunha obra e chama polo obreiro: “¡Jose! ¿que fas? e o obreiro contéstalle : “axudándolle a Benito” o cal o xefe volve a preguntar: “¿e que fai Benito? a resposta do obreiro: “absolutamente nada, xefe”.
(Jesucristo partíase o cu de risa mentres eu seguía a dicir, a meu xuízo que pecados cometía o noso queridísimo alcalde).
– Tamén penso que cometeu o pecado da mentira, ¡mira que estivo tempo intentando meternos a milonga de que a estatua de Fraga era idea dun suposto sector do viño! tamén penso que cometeu o pecado de…..
– Ja ja ja Para, para Domínguez que xa non podo mais, ¿nunca pensaches en ser sacerdote?
– Non podería gústame demasiado a carne
– E a min, onde este un bo filete de boi que se quite todo o demais ….
– Non digo iso…digo que me gusta demasiado o ñaca ñaca
(Jesucristo botou a gargallada mais sonora que eu había escoitado na miña vida)
– Ja ja ja o ñaca ñaca e o ñiqui ñiqui ¿non? e que ten que ver, coñezo algún sacerdote que deixaría en ridículo o mesmísimo Casanova. ¿pensas realmente que tódolos curas gardan o voto de castidade?
(A verdade é que non souben que contestar polo que desviei o tema)
– ¿E Louzán é moi pecador?
– ¿Quen? Ah! Ese Herodes canino que mais que unha canceira, fixo un campo de exterminio en Meis, a ese na outra vida condenareino a vivir nun mar de merdas de can para que aprenda a querelos, está San Roque que non quere escoitar falar de ese individuo.
(Decidín volvera cambiar de tema e volvín a xénese da nosa conversa)
– Ó final non me quedou claro se cando vivías na terra eras ou non homosexual
– Ja ja ja ti utilizaches o termo “maricón” mais exactamente pero da igual ¿acaso importa?, eu podo ser todo e non ser nada, podo comprender o sufrimento que a tivo que soportar ese boa xente, podo poñerme na pel de casqueira e, francamente, iso non cambiará a historia do Cristianismo.
– A verdade, Suso, é que no Novo Testamento non queda claro
– ¿que lle queres, Ricardo, ós catro fantásticos?
– ¿os catro fantásticos?
– Si home, Máteo, Marcos, Lucas e Xoán ; os catro evanxelistas, moito falar de curar enfermos, moito de andar sobre as augas pero dos detalles interesantes da miña vida …¡¡hostias!!
De repente lembreime do noso “admirado” Manuel Fraga que tanto quería Aragunde e pregunteille a Jesucristo:
– Escoita Suso, ¿e Fraga? ¿onde foi a parar finalmente o ceo ou ao inferno?
– ¿queres sabelo? Fraga está no ………
“ Ademas en Teletienda, si llama ahora además de esta maravillosa colección de …..” o ruído da televisión espertoume bruscamente, mirei o reloxo: as catro da maña, vai sono mais raro acababa de ter,………… curiosamente a botella de albariño estaba totalmente chea.
Podería pedir desculpas por pensar que Jesucristo foi homosexual, pero pensado friamente é un absurdo, é como si me tivese que desculpar por pensar que foi rubio,moreno alto ou baixo; a homosexualidade, repito para os curtos de mente, é unha opción sexual, tan lexítima como calquera outra, aos que se ofenderon por tal comparación que miren ó seu interior, o problema téñeno eles.
Jesucristo estaba cos marxinados, cos pobres coa xente á que todo o mundo lle daba a espalla. Poderiamos falar dunha entidade como a Igrexa Católica ancorada no pasado, politizada ata estremos vergoñentos, afastada dos verdadeiros problemas dos nosos días, envolta en polémicas absurdas que non leva a ningún sitio; podiamos falar da xente que intentou sen éxito ata agora adaptar a Igrexa ós tempos que corren, da Teoloxía da Liberación.
En canto o porque do uso do termo “maricón”, quixen utilizar o mesmo linguaxe que utiliza a xente que intenta ofender ó colectivo homosexual, ou acaso pensades que estes individuos cando se refiren ao referido colectivo utilizan “fermosas verbas”.
Unha vez mais o meu mais sincero apoio a todo o colectivo homosexual e felicitarlles pola resolución do Tribunal Constitucional.
Un saúdo a todos
Ricardo Domínguez Rey
No momento que escribo estas liñas estase a espera de saber a resolución do Tribunal Constitucional sobre o recurso que o Partido Popular puxo, no ano 2005, contra a Lei de matrimonios homosexuais aprobada pola administración Zapatero durante a sua primeira lexislatura.
Vaia por diante, dende o meu punto persoal, que, xa no seu dia, me pareceu unha das leis mais xustas e necesarias, acorde cos tempos que vivimos e que cumpre con unha das reivindicacións mais demandadas polo colectivo homosexual.
O que resulta penoso e que en pleno século XXI e moito despois de que organizacións como a OMS (Organización Mundial da Saúde), decláranse que a homosexualidade non é nin moito menos unha enfermidade, repito, é penoso que dende diversos estamentos da nosa sociedade empezando polo propio Partido Popular se lles queira negar o dereito ó matrimonio e a tódolos dereitos dos que si gozan os matrimonios heterosexuais. Atrás quedan situacións esperpénticas coma as declaracións da actual alcaldesa de Madrid Ana Botella facendo unha comparación entre peras e mazás ou as manifestacións do clero, con Rouco Varela á cabeza, polas rúas de Madrid defendendo a “familia tradicional”, como si polo feito de que os homosexuais poidan casarse supoña algún tipo de ataque a tal concepto de familia.
O Partido Popular dende o principio baseou a súa loita contra esta lei no feito de que se definise a esta unión como matrimonio, pois considera que tal definición só se debería aplicar ós matrimonios heterosexuais e que a unión entre persoas do mesmo sexo tería de chamarse de outra maneira; afortunadamente non toda a xente do PP pensa igual e, incluso, entre as súas filas xa se celebraron matrimonios homosexuais para desgraza do sector mais “conservador”.
Sempre que escoito o PP defender a súa postura oficial contra esta lei non podo evitar recordar unha visita que o presidente de Iran, Mahmud Ahmadineyad fixo a Nova York, con motivo dun cumio da ONU, resulta que foi invitado a dar unha conferencia nunha universidade (paréceme recordar que a de Columbia) e declarou, no medio de apupos e asubíos, que no seu pais non existía a homosexulidade e algo de razón tiña pois, e moitos casos, tal practica págase coa vida.
¿Cando abrirá os ollos ó PP? ¿Cando se decatarán de que estamos no ano 2012? ¿a que ven tanta intransixencia? Afortunadamente non todo o mundo neste partido pensa así pero demostra que neste tema, coma en outros moitos, os dirixentes desta formación política parecen estar ancorados no pasado, persoalmente penso que deberían ser mais consecuentes cos tempos que vivimos.
En canto á postura da Igrexa, é para darlles de comer a parte, aínda que …. que se pode esperar dunha institución que tardou mais de trescentos anos en pedirlle desculpas a Galileo Galilei por levalo case á fogueira ao atreverse o científico italiano en concordancia co que tamén afirmaba Copérnico ao afirmar que a terra xiraba entorno ó sol (¡¡tremendo pecado!!).
A Igrexa basa todo o seu discurso para o opoñerse a homosexualidade e ós matrimonios entre persoas do mesmo sexo en que o “natural” é a relación entre un home e unha muller e o seu fin primordial é a procreación xa que así, razoan, se observa na natureza; o que pasa que este argumento cae por si só porque se tivésemos que guiarnos pola natureza a postura mais próxima ó que se define como “natural” serian os matrimonios poligámicos dun home con moitas mulleres (presente en algunhas culturas coma a islámica), pois, unha simple ollada ós animais empezando polos mais próximos ao ser humano como son os simios e seguindo por outros mamíferos como leóns, cervos, etc., o macho dominante é o que dispón dunha maioría de femias para procrear.
A igrexa diríalle ó mesmo que ao PP, deberían adaptarse ós tempos e deixar de condenar actitudes totalmente normais, neste senso resulta curioso a dobre vara de medir que manteñen nos asuntos “da carne”: por un lado condenan a homosexualidade e todo o que lle rodea e por outro pechan os ollos (cando non ó intentan silenciar por tódolos medios) ante os miles de casos de pederastia que levan a cabo os membros da súa institución en numerosos países do mundo.
Ademais ( é o que vou a dicir e unha teoría miña) en relación co título deste artigo, persoalmente, estou convencido de que Jesucristo era homosexual (espero non estar condenándome a excomuñón ou peor, aínda, ó lume eterno). Unha lectura pormenorizada da Biblia, mais exactamente, do Novo Testamento, na que se describe a vida do fundador do Cristianismo pode levarnos, sen lugar a dubidas, a esta conclusión, xa que, en diversas ocasións, nestas escrituras, se mencionan as mostras de cariño, de amor (como bicos, abrazos, caricias) que o fillo de Deus dedicaba a outros homes, especialmente, ós apóstolos e a súa defensa do “amor al prójimo” mentres que pola contra, non se lle coñece relación con muller algunha, salvo, quizais con María Magdalena.
Repito que esta é unha teoría miña como a de que Xesús foi o primeiro comunista da terra (definitivamente estou condenado ó inferno), pois moitos dos seus ideais coinciden plenamente con esta corrente e, segundo a miña santa aboa, os que o crucificaron eran de dereitas (¡¡que grande eres Mercedes!!).
Para concluír reiterar ó meu desexo de que a resolución do Tribunal Constitucional sexa claramente en favor da súa total legalidade e que este sexa o paso a que nun futuro próximo teñan dereito estes matrimonios a outra das súas grandes reivindicacións como é a adopción de nenos (esperemos que de aquela o PP e a Igrexa mostren unha actitude mais “cristiana”).
Un saúdo a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
Recordo ter lido nunha ocasión a existencia dunha tribu en África que, nas raras ocasións, nas que se atopaban con occidentais se negaban rotundamente a que lles sacasen fotografías; a razón de tal curiosa medida era que pensaban que, no momento que lle facían unha fotografía, o seu espírito, a súa alma quedaba plasmada na mesma , abandonando para sempre o seu corpo.
Habería que indagar no árbore xenealóxica do señor alcalde de Cambados para descubrir se ten algún antepasado lonxano en dita tribu para saber si procede da mesma o seu rexeitamento a que se graven os plenos municipais, a que quede plasmada dixitalmente a súa presenza, a súa actitude para a posteridade; en canto a posibilidade de que lle roubase o espírito, pode estar tranquilo, non xa porque sexa unha superstición ancestral senón porque cada dia estannos a convencer mais de que carece de espírito.
Todo isto ven a raíz do derradeiro pleno municipal, no que o señor Alcalde, a petición da súa concelleira Isabel Varela, tras comprobarse que algún dos asistentes estaba gravando dito pleno, e baseándose nunha “suposta xurisprudencia”, negouse a que se seguise gravando.
A primeira pregunta que se me ocorre a min e de seguro que a ti tamén, querido lector, e que de onde se saca o alcalde esa “xurisprudencia”, porque hai que lembrar que estamos a falar dun acto público como é un pleno municipal, en instalacións públicas e debatendo de cuestións públicas e de interese xeral. Salvando as distancias hai que dicir que as sesións do Congreso dos Deputados e dos diferentes parlamentos autonómicos non só son gravadas senón que, na maioría dos casos, son emitidas pola televisión, en algúns casos, a través de cadeas especificamente creadas para tal fin; igualmente, en tódolos xulgados, as comparecencias nas salas de vistas, incluso un simple xuízo de faltas, son gravadas e arquivadas, sen que ninguén obxecte nada o ríspeto.
Dende logo se hai un adxectivo que define e que quedara na posteridade, como exemplo do que foi a xestión de Luís Aragunde, como alcalde de Cambados, ese é o de escurantismo, o de tratar de tapar de tódolos modos posibles as súas accións, a súa xestión; fíxoo no tema da estatua de Fraga, escondendo todo o tempo que lle foi posible a súa iniciativa, e unha vez que se descubriu o pastel, intentou facernos creer a tódolos cambadeses que dita iniciativa partiu dun suposto sector do viño; por certo, nunca mais se supo de esa suposta conta aberta na que centos de cambadeses, agradecidos a Fraga, depositarían os seus donativos.
Outro exemplo deste escurantismo do que fai gala o alcalde, foi raíz dunhas gravacións nas que se acusaba ao seu antecesor no cargo Cores Tourís de cobrar, presuntamente, unhas comisións nunhas obras realizadas en Cambados; neste caso, Aragunde, dou carpetazo o asunto, negándose a que se abrira unha comisión de investigación e alegando que non había nada que investigar, aínda que neste caso hai que recordar que Aragunde segue a ser un vasallo de Tourís, e loxicamente, seguindo a pirámide de mando non ten nin a capacidade nin o mando de enfrontarse a un superior.
E nestas chegamos ao último pleno referido no que o alcalde négase a que se grave o mesmo, aínda que se o pensamos ben Aragunde non ten ningún problema coas fotografías, e mais invítovos a que vaiades as distintas hemerotecas e veredes como sempre está á expectativa de onde está o obxetivo, intentando namorar á cámara, con poses solemnes, xa sexa o lado da maciza de turno, na Festa do Albariño ou nos distintos saraos e inauguracións ó lado dos seus amados Feijoo e Rajoy.
O que pasa, Luisiño, que ser alcalde e moito mais importante que iso, é aceptar que todas as túas accións como edil requiren de luz e taquígrafos, que a política en xeral, e a municipal en particular, non é unha cousa que se faga as escondidas, nin o concello e a túa finca particular, que te debes os teus concidadáns ….cando aceptaches o cargo, aínda que fose como un alcalde de palla, alguén debería de tercho dito.
Finalmente quería dirixirme a Isabel Varela, despois de ver que es unha muller ben guapa non sei a que ven o teu rexeitamento a que che graven, pensa que estas desempeñando unha tarefa moi digna ó representar os teus veciños, e non dubido da túa capacidade para desenrolala aínda que vendo como fai o actual alcalde, penso que no Partido Popular canto mais alto é o cargo mais incompetente o buscan.
Un saúdo para todos
Ricardo Domínguez Rey.
Tras a nova de que a “distinguida” e “moi nobre” Sociedade Cultural de Cambados declarou “persona non grata” a Xaquín Charlín “Chon”, asáltanme varias dúbidas, a primeira e mais interesante: ¿poderá o pobre Xaquín superar tal trauma? imaxino que dende que lle deron tal desafortunada misiva, haberá entrado nunha profunda crise existencial e persoal, preguntándose que fará agora da súa vida sen poder formar parte de tan “elitista” entidade, seguro que, ao igual que o Club Siglo XXI, Real Madrid, F. C. Barcelona ou o Liceu, hai unha longa lista de espera para poder ingresar como socio na mesma ¿non? , e, de seguro, que sempre se atopa abarrotada e cun amplo cartel de actividades que fan honor ó seu nome.
Tamén teño as miñas dúbidas se é legal prohibirlle ó paso a un edificio público !ah! ¿que non é un edificio publico? Home!! Dígoo porque a súa derradeira reforma foi subvencionada, practicamente na súa totalidade, con cartos públicos como si da Casa Consistorial ou do pavillón de deportes se tratase, polo tanto, deduzo, que o seu uso debería de ser, tamén, público.
Móstrase, tamén, indignada tan insigne directiva de que se insinuase que alí se celebrou unha despedida de solteiro con “girls” incluídas, aínda que, se o mirades ben Luisiño, é un campo que non tedes explotado e que de seguro podería dar bos réditos, e, sen lugar a dúbidas, é moito mais rentable que alugar o local para mitins electorais que, ó fin e ao cabo, soamente se producen cada catro anos; mentres que rapaces que queiran despedir a súa solteria, antes de pasar pola vicaria ou polo xulgado, hainos, practicamente, cada sema ou ó sumo cada quince días; polo aspecto moral non vos preocupedes lembrade que antigas sociedades culturais (¿pillades a metáfora linguistica?) como a grega ou a romana tamén eran coñecidas polas súas bacanais celebracións, onde o alcohol, o divertimento e as mulleres en coiros eran parte de tales exaltacións humanas e nada divinas.
Aínda que ben visto estas celebracións non deixan de ter unha vertinte cultural, ¿acaso hai algo mais fermoso e, a vez, mais representado na historia do arte como o desnudo feminino? dende as deusas da fecundidade, nos albores da humanidade pasando polas esculturas da antiga Grecia ou pintores tan diversos como Rubens, Goya e Picasso destacaron todo o arte que amosa o corpo da muller; polo tanto non pensedes dende a directiva da Cultural que é un espectáculo vergoñento onde rapaces coas feromonas en niveis estratosféricos van a poñerse “palotes” ó ver mulleres en coiros. ¡non! queridos amigos, o que lograriades con estes espectáculos é fomentar o arte e á cultura entre a mocidade (a parte de beneficiar ás maltreitas arcas da entidade). ¡que mellor forma de honrar o apelido de tan gran entidade!
Incluso dende o punto relixioso e ante o reparo moral que podería amosar algún directivo o, incluso, algún mozo que asistise a tal “manifestación cultural” , sempre pódese falar con Don José, para que expida algún tipo de bula eclesiástica ou salvaconducto espiritual temporal dado o carácter pedagóxico e instrutivo que se busca e que, en ningún senso, ten porque estar enfrontado coa Fe.
Sei que sodes unha institución que “pretende fomentar a concordia entre os seus asociados a través da cultura e o deporte” o cal sumado a que o Concello ten a debilidade de facer museos en canto currucho atopa : Museo do mar, museo do viño, Casa museo de Ramón Cabanillas etc. dende logo , os cambadeses somos os cidadáns do mundo con ratio cultural mais elevado.
Sin mais un cultural saudo a todos.
Ricardo Domínguez Rey.