//
Eleccións Municipais de 2003

TEMÁTICA DA CAMPAÑA

Os principais temas de debate por aquel entón xiraban encol da Sé do Consello Regulador, da organizacíon dos Xogos do Viño, do polígono industrial e, como sempre, da utilización do Concello en proveito duns poucos. Por partidos:


Concelleiros 1999:10
Concelleiros 2003:9

Cores Tourís presentaba en Marzo de 2oo3 a que ía ser a lista gañadora en Maio. Unha lista continuista canto a obxectivos: revalidar a maioría absoluta, case imprescindíbel para gobernar, e continuar os proxectos comezados na lexislatura. Paseos marítimos, gardería, adquisición do Pazo Torrado…eran os exemplos que o actual alcalde daba para xustificar o que el defendía como bo facer.


Concelleiros 1999: 5
Concelleiros 2003: 4

A mediados de Febreiro o Bloque Nacionalista Galego de Cambados presentaba o seu candidato e daba a sorpresa: non sería outra vez o ex-alcalde Xoán Antonio Pillado, Xose Ramón Durán era a persoa que competiría con Cores Tourís. Roque, independente no seo da fronte, xornalista e adegueiro, acababa de comprometerse tralos acontecementos relacionados co Prestige e coa guerra do Iraq.

O BNG presentou un programa integral para Cambados, denominado Un Cambados para vivir, onde se recollían todas as súas propostas para a vila. Ademais, centrou a campaña en denunciar a utilización do Concello en beneficio propio, é dicir, o enchufismo, o clientelismo, etc…Durán chegou a pedir en varias ocasións a Cores Tourís que presentara publicamente o seu patrimonio para evitar enganos, así como prometeu que el o faría en caso de gañar os comicios.
O Bloque Nacionalista apuntaba alto canto a obxectivos: Capitanear o cambio de goberno.


Concelleiros 1999: 2
Concelleiros 2003: 3

O Partido Socialista presentou a súa candidatura a principios de Marzo no Pazo da Capitana, coa presenza do seu secretario xeral Emilio Pérez Touriño, quen anos máis tarde sería nomeado Presidente da Xunta.

O primeiro posto da lista era outra vez para o profesor e escritor Domingo Tabuyo, quen xa concorrera ateriormente como candidato a alcalde. Como bases do programa, o PSOE propoñía a comunicación como base da relación goberno-cidadanía e Tabuyo presentábase como a opción do talante e do diálogo. Pretendía fomentar a creación de empresas e de chan urbanizábel para abaratar o prezo da vivenda. Pese á continuidade no candidato, os socialistas dispoñían dunha lista de xente cun alto grao de renovación.


Concelleiros 1999:-
Concelleiros 2003:1

Se a designación de Durán ao fronte do Bloque era unha sorpresa, a creación dun novo partido político aínda o era máis. Independentes por Cambados presentou ao avogado Álvaro Rodríguez como candidato a alcalde. Como bases do seu proxecto estaba, ante todo, o desenvolvemento das parroquias cambadesas e a consecución dos mesmos servizos para todas elas. Un ano antes das elección o grupo de Tabuyo fíxolles un guiño para integralos baixo as siglas do PSOE, pero Independentes concorreu de xeito diferenciado ás eleccións.

OS RESULTADOS

Máis unha vez, os populares conseguiron a maioría absoluta, pero ao contrario do que moita xente cre, a lista da dereita acadou o seu último concelleiro por un escasísimo marxe de votos. É máis, durante o reconto de votos o domingo 25 de Maio, algunhas caras populares amosaban a súa preocupación e mesmo se viviron escenas de tensión pola que era moi posíbel perda do bastión.

Porén as cousas ían seguir catro anos como sempre. Canto aos demais partidos, o Bloque Nacionalista cambadés obtiña un mal resultado, non conseguindo medrar e desbancar do goberno á dereita. Pasouse de cinco representantes a catro, o cambio de candidato non callara entre a sociedade cambadesa.

O PSOE obtivo o seu mellor resultado, pasando de dous a tres concelleiros e Independentes por Cambados obtiña a representación n´A Calzada da man de Álvaro Rodríguez, contra o que moitos crían.

A LEXISLATURA

Canto aos cambios nos concelleiros, hai dous importantes. Por un lado, Domingo Tabuyo, líder dos socialistas, abandonaba o seu posto na corporación para adicarse a cumplir co mandato que lle deron os galegos o 14 de Marzo: ocupar o seu escano de deputado en Madrid. Quedaba ao mando do grupo municipal o coñecido Pepe Daporta, empresario cambadés.

E canto ao BNG, cando se deu o cambio a nivel galego Montse Prado, histórica concelleira de Oubiña, abandonaba o posto de concelleira para ocupar o de delegada provincial de Industria. Pasaba a ocupar o seu asento Ulloa, da lista nacionalista.

Canto a sucesos na vila, destacar os seguintes como resumísimo do acontecido: perda da sede do Consello Regulador e reconversión do Pazo Torrado en museu, venda da Mercede, compra da Casa dos Fraga , e todos os temas que coñecemos xa na web: paseos marítimos, inundacións, o gran problema dos cheiros, as instalacións deportivas (novo pabellón, problemas coas pistas de tenis), renovación da fachada litoral, nacemento do movemento da mocidade, problemas financeiros, etcetc….

Voltar a Eleccións 2011

Advertisements

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Decembro 2017
L M M X V S D
« Dec    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: