//
Eleccións Municipais de 2007

TEMÁTICA DA CAMPAÑA

A campaña xiraba entorno conflitos entre Xunta de Galicia (bipartita) e Concello de Cambados. O alcalde, Xosé Manuel Cores Tourís, empeñouse en crear problemas coa administración autonómica, capitaneado así aos alcaldes rebeldes do Partido Popular contra o Goberno Galego. A gardería, a remodelación do barrio de San Francisco, e en xeral calquera tema de inversións centrou a disputa, que foi empregada tamén en campaña. Por partidos:

Concelleiros  2003:9
Concelleiros 2007:9

Xosé Manuel Cores Tourís volve a presentarse como candidato a alcalde. A lista retira á daquela case deputada Rosa Oubiña (hoxe ocupa un sitio no Parlamento) e coloca a unha nova muller, Anabel Carro, como número dous. Luis Aragunde, que logo foi alcalde, ocupa o terceiro lugar. Como anécdota, a lista dos conservadores incluía no último posto a unha persoa contraria á normalización da lingua galega e que logo pasou a militar en Galicia Bilingüe.

A campaña centrouse na postura belixerante do Tourís cara a Xunta e tamén cara aos dous candidatos. O PP salientou o que o seu partido fixo por Cambados e como grande proxecto para a lexislatura prometeu a construción dun centro de día.

Concelleiros 2003: 4
Concelleiros 2007: 3

O BNG volve a cambiar de candidato á alcaldía por segunda vez consecutiva. Roque Durán é substituído por Víctor Caamaño, que é presentado en sociedade no mes de Febreiro. Da candidatura cae o ex alcalde Xoán Antonio Pillado, tras 28 anos na Corporación.

O BNG centra a campaña en defender o labor dos nacionalistas na Xunta, e ao contrario que o PP, opta por dialogar co goberno autonómico para lograr avances para os cambadeses. Unha das propostas é incluir o Concello no Consorcio de Servizos Sociais para poder facer viábel a construción dun centro de día, a posta en marcha dunha ludoteca ou outros servizos. Tamén denuncia as contracións sospeitosas do Concello e Caamaño promete realizar estas contratacións de xeito transparete e igualitario.

Concelleiros 2003: 3
Concelleiros 2007: 5

Domingo Tabuyo recunca como candidato unha vez máis, a pesar de que el mesmo recoñece estar máis a gusto no seu posto como deputado en Madrid (de feito na anterior lexislatura abandonara a portavocía local para dedicarse exclusivamente a iso). A lista ten como novidade que José Daporta cae dos postos de saída e aparece Rafael Blanco, que vai xogar un papel importante na lexislatura.

Na campaña o PSdeG-PSOE defendeu a creación da Fundación Ramón Cabanillas e a creación do centro de día na Casa dos Fraga, finalmente empregada para biblioteca municipal.

Concelleiros 2003:1 (IPC)
Concelleiros 2007:0

O partido de independentes que lideraba Álvaro Rodríguez, e que en 2003 deu a sorpresa ao facerse cun concelleiro, adhírese agora ao Partido Galeguista. A nova formación preséntase en Nadal coa vontade de que un escenario post electoral abra a porta a un pacto con eles.

Na campaña, o PG volve a centrarse nas parroquias, e tamén en temas xerais como o peche do PAC, arredor do cal sinalou a Tabuyo e Daporta como responsábeis.

OS RESULTADOS

O Partido Popular volveu facerse co goberno tras acadar a maioría absoluta que precisan para elo. A marxe de votos para a vitoria voltou ser moi escasa, e durante o escrutinio pensouse que un novo goberno ía ser posíbel.

Finalmente non foi así. O BNG, até entón segunda forza política no Concello retrocede aínda máis e acada tan só tres concelleiros na Calzada. Caamaño queixouse de que non se valoraran as candidaturas e que o resultado non ía cambiar nada.

O PSOE continuou o seu ascenso, moderado pero constante ao longo das últimas citas electorais. Desta volta acadaron a cifra, nada negativa, de cinco escanos. Aínda así o seu portavoz, Domingo Tabuyo, lamentou non poder formar goberno por unha escasa marxe.

Álvaro Rodríguez é expulsado democráticamente da Corporación, ao obter tan só 288 votos.

A LEXISLATURA

Durante a lexislatura hai cambios tanto no campo nacionalista como no popular. En 2009 o concelleiro Amancio Gondar (BNG) deixa o seu posto por motivos persoais, aínda que a prensa relaciona isto con desavenencias con Montse Prado. Ramón Martínez Ulloa ocupa o seu posto. No BNG é importante destacar que Xoán Antonio Pillado deixa de ser responsábel local para ocupar este posto María José Cacabelos.

E no Partido Popular destaca a marcha de Cores Tourís en 2009 para ocupar o posto de Delegado en Pontevedra da nova Xunta de Galicia. Con el marcha tamén Anabel Carro, até entón concelleira de Cultura (rumoreouse que aspiraba a ser alcalde). Ocupa ese posto Luis Aragunde e asume tamén as competencias culturais (estabamos daquela en pleno Ano Cabanillas).

Do resto da lexislatura xa se falou nesta web durante os últimos catro anos, pero vaia nas seguintes liñas un brevísimo resumo. En Cultura destaca por moito a celebración do Ano Cabanillas, cunha importantísima abundancia de actos, aínda que non contou do consenso político. O PP goberna o Concello sen cambiar o fondo, ainda que as formas con Aragunde melloran un chisco. De todos os xeitos seguen a politizar todo, e como mostra a utilización da Festa do Albariño, ou a viaxe de Aragunde a Arxentina. Os orzamentos reducen partidas para educación e para fins sociais (un 35% en tres anos no caso dos cartos para centros escolares) mentres soben as taxas de basura e saneamento. Plantéase a construción dunhas comportas no Saco de Fefiñáns, e a oposición alerta da mala calidade das augas e o perigo que entraña para o banco marisqueiro. A bilbioteca cambia de sede e o prometido centro de día aínda non comezou a ser construído e non conta con partida nos Orzamentos da Xunta, a pesar de que a Conselleira si anunciou que se fará.

Voltar a Eleccións 2011

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: