Premendo nos seguintes enlaces ou mesmo empregando as ventás que aparecen podes ter acceso aos tres exemplares que, polo de agora, o colectivo Cambados.tk ten publicado en papel. Trátase de dous números de 16 follas cada un, que viron a luz en Decembro de 2006 e Maio de 2007 e un número especial -o Mini Mocidade en Marcha- que publicamos en decembro de 2007 e que se reduce a un simple artigo sobre a memoria histórica en Cambados.
Nos Mocidade en Marcha participaron, ademais dos colaboradores habituais de CTK, persoas alleas á páxina por medio de entrevistas ou artigos de opinión.
MOCIDADE EN MARCHA NÚMERO 1 – (Setembro de 2006)
Editorial. Facendo Contrapeso
Opinión. A man esquerda segunde se vai ao ceo (Frai Guillerme de Baskerville), Somos Unha Grande Chea… (Xaquín Charlín) , Máis do mesmo (Miguel Palacios), Trofeo do Albariño de tenis de mesa (Enrique Barreiro), O centro comercial urbano de Cambados (Marcos González), Aí vén o Maio…do 2007 (Francisco Trigo Durán).
Cultura. Embaixada Prusiana, Despregable e entrevista a Mon Falcón. Memoria histórica.
Crítica. Coidado coa costa (Óscar Pardo-Planas), Foxo e as súas bandas (Vítor Domínuez Pintos), Nunca máis aos lumes e á crispación (Óscar Pardo-Planas), Xuventude e Asociación (Hadrián Fariña).
Contraportada. A balanza, un traballo gráfico de Iria Ribadomar.
Preme aquí para ler este número.
MINI MOCIDADE EN MARCHA – (Nadal de 2006)
Artigo Memorias e Memorias, de Hadrián Fariña e Óscar Pardo-Planas.
Preme aquí para ler este número
MOCIDADE EN MARCHA NÚMERO 2 – (Maio de 2007)
Editorial. Que cambio?
Opinión. Cambados, de espaldas ao río (Marta Lois), Quen contamina? (Benito González), Mudar Cambados (Xaquín Charlín Piñeiro).
Cultura. Música nos jalpóns. O superescenario deportivo (Roberto e Raúl Cacabelos Bote)
Crítica. A xestión medioambiental – O PUNTO LIMPO e Agárrate como poidas (Óscar Pardo-Planas), Do komando legal ao negocio municipal (Beni Pomares).
Política. Entrevista común aos candidatos á alcaldía do BNG (Víctor Caamaño), do PSdeG-PSOE (Domingo Tabuyo) e do PG (Álvaro Rodríguez). O candidato do Partido Popular, Cores Tourís, non respostou ás preguntas.
Conversa
Trackbacks/Pingbacks
Pingback: Cambados(tk) » Os Mocidade en Marcha na rede - 22/05/2009