//
Que é?

Cambados.tk

Cambados.tk naceu como web participativa no ano 2005 na era pre-redes sociais como resposta á falla de contidos web sobre Cambados.

Desde os inicios puxo unha grande énfase na análise da situación política municipal cunha liña crítica de esquerdas.

En 2009 pasou a ser blog na plataforma Blogaliza, de xeito máis persoal e trascendendo en temas ao propio Cambados. En 2011 muda a WordPress coa vontade de recuperar o proxecto colectivo dos primeiros anos, aberto á opinión e como lugar de encontro para o debate. En Decembro de 2012 Cambados(tk) anunciou unha “tregua” por motivos persoais, que durou até Marzo de 2016. Durante este tempo non se actualizou a web nin se crearon novos contidos, aínda que si se empregou puntualmente a páxina de Facebook.

Desde Marzo de 2016 o proxecto retomouse coma podcast baixo o nome de CTKast. O programa, de periodicidade variábel, está coproducido por Miguel, Carlos, e Óscar, e tenta analizar temas de interese arredor da vida municipal e máis alá por medio de tertulias e entrevistas.

Quen coordina a páxina?

Chámome Óscar Pardo Planas e nacín en Cambados en 1988. Son Enxeñeiro Químico pola USC e doutor en Enxeñería de Biosistemas pola Universidade Estatal de Oklahoma. Durante este anos vivín, ademais de en Cambados e Compostela, en Dinamarca e nos Estados Unidos, onde resido actualmente. Desde pequeno interesoume a política, particularmente a municipal, e por iso a partires de 2005 canalicei esa inquedanza a través da rede, con Cambados.tk.

Contacta connosco

Podes enviar un correo-e á seguinte dirección: cambadostk (arroba) gmail.com

****Nota Legal****

Cambados(tk) e os seus coordinadores non se responsabilizan das opinións verquidas nas diferentes entradas da web, tanto en artigos de opinión, como en novas, partes ou episodios enteiros do podcast, como por medio dos comentarios dos lectores.

As imaxes que empregamos adoitan provir de xornais, especificándose a fonte no primeiro uso das mesmas.

De existir calquera queixa/reclamación/petición arredor das imaxes, vídeos ou opinións, podes poñerte en contacto connosco no correo arriba mencionado.

Cambados(tk) é un espazo na rede SEN ÁNIMO DE LUCRO.

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Febreiro 2017
L M M X V S D
« Dec    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: