//
arquivo

Adela Leiro

This tag is associated with 16 posts

A Xunta do PP deixará a CANDEA sen subvencións para as Xornadas Pedagóxicas por primeira vez en 20 anos


candea2A Asociación de Ensinantes de Salnés (CANDEA), que entre moitas cousas organiza cada ano un conxunto de actividades formativas baixo o nome de Xornadas Pedagóxicas, deixará de percibir as tradcionais axudas económicas da Xunta para este propósito. Até agora, a Consellaría de Educación cofinanciaba estas activiades, xa que os mestres están obrigados a facelas para cubrir as 100 horas formativas que lles permiten acceder aos sexenios e os cursos que organiza a propia Xunta de Galicia non son suficientes para todo o profesorado.

Adela Leiro, presidenta da asociación, teno moi claro: trátase dunha decisión política. Este ano quen queira participar nas Xornadas terá que pagar até tres veces máis do que custaban en edicións anteriores. Isto, segundo a propia Adela, é grave porque ao contrario que nos cursos da Xunta nos de CANDEA participan tamén docentes sen emprego.

As XII Xornadas Pedagóxicas do Salnés terán lugar desde o día 21 até o 25 de Setembro desde as 16:30 até as 20:30 horas da tarde no instituto Francisco Asorey. Para inscribirse hai que chamar aos teléfonos 986520407 e 986520151 e pagar unha cota de 30 euros, excepto parados e socios (20 euros). Ten unha duración de 20 horas, homolagado pola Consellaría de Eduación.

PROGRAMA:

Conferencias: Proxecto Climántica por Francisco Soñora Luna, director do proxecto Climántica. “Qué pasa co galego” por Marta Dacosta.

Experiencias: “O Corpo e as emocións” (E. Infantil) por Rosa Falcón Chaves e Dolores Oubiña Millán. “Unidade didáctica sobre os portos” por Xosé Manuel Leal Bobeda. “O Contorno animado (Esperiencias de animación 1º e 2ª ciclo da E.S.O.) por Manuel Busto Maddalena. “Climántica” por Victor M. Caamaño Rivas, Isaac Pontanilla Pérez e Adela Leiro Lois . “Tics:  Ferramentas galegas de autor na escola” por Xosé Antón Vicente Rodriguez..

Obradoiros: “Oficios tradicionais de Galicia: sobreiros de palla, os Sancosmeiros”, por Antonio Pérez Froján de Noia.

Exposicións: “Climántica”.

Sáidas: “Ruta dos Muiños de Meis”.

Os centros de ensino homenaxean a Ramón Cabanillas cun libro


candea

Hoxe ás seis da tarde tivo lugar no colexio público de Santo Tomé a presentación do libro Ramón Cabanillas: exposición homenaxe dos centros de ensino do Salnés. A asociación de ensinantes do Salnés, CANDEA, leva traballando desde que se coñeceu a celebración do 50 aniversario da morte do poeta cambadés neste proxecto ambicioso que levou a que numerosos centros da comarca realizaran cos seus traballos unha exposición conxunta que agora se reflicte nese libro.

Foron en total 20 centros da comarca e o IES de Barro, un conxunto de 2.000 rapaces e rapazas desde os 3 anos até adultos. O exemplar hoxe presentado recolle os seus traballos que unen poesía, prosa, traballos de investigación, interpretacións plásticas, cómics, fotografía…todo xirando arredor da figura e a obra de Cabanillas.

A presidenta de CANDEA, Adela Leiro, quixo destacar que o entusiasmo co que o alumnado e o profesorado participou demostrou que Cabanillas pode ser unha fonte de inspiración para traballar a prol da nosa cultura e, en especial, da nosa lingua.

NOVAS ACTIVIDADES

Por outra banda, desde CANDEA anuncian que no mes de Outubro se celebrarán as II Xornadas Cabanillas na escola,  na que se presentará unha Unidade Didáctica coa explicación de diferentes propostas de traballo elaboradas nos distintos centros.

Esta asociación está a demostrar mes a mes neste Ano Cabanillas 2009 a valía e o traballo de iniciativa e coordinación  das persoas á fronte da mesma, así como a súa entrega na divulgación da cultura e a lingua deste país.

Ramón Cabanillas Enríquez. Libro homenaxe dos centros de ensino.


cabanillas-librocolexios

O mércores 20 de Maio nova actividade relacionada co Ano Cabanillas 2009. Desta volta voltan a ser os profesores da comarca os impulsores do evento. No colexio San Tomé de Cambados presentarase o libro Ramón Cabanillas Enríquez. Homenaxe dos Centros de Ensino do Salnés.

Esta publicación é froito do traballo que realizaron nos últimos meses os centros da comarca que participaron no proxecto ANO CABANILLAS. Será as 6 da tarde.

E este xoves tamén nova actividade do Ano Cabanillas, desta volta en Vilagarcía de Arousa


exposicioncabanillas

CANDEA, a asociación de ensinantes do Salnés que este ano está especialmente activa na organización de actividades do Ano Cabanillas, volta á carga pero desta volta faino no Concello veciño de Vilagarcía de Arousa.

Alí, as 20:30 do xoves 7 no Auditorio, inaugura unha exposición fotográfica colectiva (que reune a artistas e fotoxornalistas como José Luiz Oubiña, Quico Álvarez, Martina Miser, Iñaki Abella, Carlos Puga, Eduardo Apariz, Emilio Moldes…) que nós xa tivemos ocasión de ver no noso Concello. Pero ademais terá lugar tamén a presentación do libro que leva o mesmo nome que a exposición, Polo Salnés con Ramón Cabanillas, de Eduardo Baamonde, tamén presentado naquela ocasión no Centro Comarcal.

Para quen o perdera daquela, que non o dubide. Colabora a concellería de Cultura do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Novo libro e exposición fotográfica no Ano Cabanillas


Este mércores día 11 de Febreiro preséntase no Centro Comarcal do Salnés o libro Polo Salnés con Ramón Cabanillas, de Eduardo Baamonde. Tamén se estreará a exposición fotográfica colectiva que leva o mesmo nome que a publicación, e na cal participan profesionais como Martina Miser ,Jose Luiz Oubiña, Eduardo Apariz ou Carlos Puga. Poderémola ver alí até finais deste mes.

Galiza, camiño do sol


Así se titula a última  -esperemos que non derradeira-  obra de Adela Leiro. Un libro cargado coas imaxes que a súa cámara captou ao longo destes anos, desde prantas e animais até paisaxes alucinantes, de costa e de montaña, pasando pola xente que vive e que traballa na terra.  Co único pero forte nexo de Galiza.

Unha rota imaxinaria que arranca no Cebreiro e remata en Fisterra e que levou a Adela e a Mon a percorrer os 315 Concellos deste país buscando ríos e fervenzas, flores únicas ou simplemente un encadre determinado para unha paisaxe.

E podería falar de Adela e de Mon marabillas, porque se trata de xente á que admiro, pero coido que con limitarme a pedir a quen lea isto que abra este exemplar de  Galiza, camiño do sol. Cen camiños, cen olladas, calquera palabra que poida empregar estará de máis. Xa o veredes.

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.