//
arquivo

Albariño

This tag is associated with 82 posts

CTKast – Episodio Catro: Cidade Europea do Viño…e isto que é?


cidadeeuropea

Logo do proxecto gañador de Cambados

Episodio Catro: Cidade Europea do Viño…e isto que é? No mes de Novembro Cambados foi elixida pola Rede Europea de Cidades do Viño (Recevin) como Cidade Europea do Viño para 2017. Unha nova que foi acollida con ledicia na nosa vila por xente de todas as cores políticas. Mais, a piques de chegar xa a 2017… que supón este proxecto para Cambados? Neste capítulo de CTKast falamos das incógnitas que xurden trala boa nova da vitoria cambadesa fronte a rivais fortes como Villafranca del Penedés ou Aranda del Duero. Ademais, analizamos criticamente as desavinzas xurdidas no goberno a raíz da convocatoria dunha comisión organizadora das actividades enmarcadas neste proxecto.
Na segunda parte do programa entrevistamos a Bárbara Abal, unhas das impulsoras da iniciativa de interacción xuvenil “Que fago da miña vida?”para falar dese proxecto e das actividades que queren impulsar neste novo ano que está a punto de comezar. Ademais, reunímonos con Dani, Edu e Álex, membros do novo club de fútbol gaélico, para coñecer máis sobre este deporte que bota a andar no noso Concello.
Ademais de Carlos e Óscar, contamos con este capítulo con Eulogio Romero para a tertulia de CTKast. Un pracer telo connosco e agardamos que a experiencia se repita!

Ir a iVOOX para descargar

Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.

Máis información sobre os temas tratados:

Vídeo de Juan Galiñanes “Cambados, hecho a mano”

Páxina de Facebook de “Que fago da miña vida?”

Páxina de Facebook de Fútbol Gaélico de Cambados

CTKast – Episodio Tres: Episodio Serenísimo


Imaxe

Presentación do Albariño 2015 (Faro de Vigo)

Episodio Tres: Episodio Serenísimo. Neste capítulo de CTKast falamos da organización da Festa do Albariño. Tratamos o resultado da Festa de 2016 así como os cambios introducidos nos útlimos dous anos polo goberno do cambio. Adicamos unha boa parte a tratar de analizar que é o chamado Capítulo do Serenísimo e que relación debe ter o novo goberno local con esta entidade.

O programa inclúe unha entrevista co tenente de Alcalde e concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, co que ademais do Albariño falamos da súa área de goberno.

Para rematar, viaxamos até Gran Bretaña, onde conversamos con André, cambadés que leva uns catorce anos vivindo e traballando en Inglaterra.

Ir a iVOOX para descargar

Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.

Nota – Fe de erros : durante a gravación mencionouse que o custo das entradas ao Xantar é de “sobre 50 e 55 euros” e isto non é certo. O custo era de 50 euros durante os gobernos do PP e descendeu a 40 coa entrada do novo goberno (45 e 2016 polo donativo de 5 euros a Esperanza Salnés)

Máis información sobre os temas tratados:

Datos sobre o Xantar e outras cifras (info complementaria ao Espisodio 3)

O Capítulo Serenísimo rexeita retirar o nomeamento a Jaume Matas (2015)

Entrevista a Víctor Caamaño en Cambados(tk) (2012)

Xantar do Albariño de 2012, máis de 600 convidados (2012)

Lista de convidados ao Xantar facilitada polo Concello en 2010 (2010)

Xantar do Albariño: quen son e por que comen gratis? (2010)

CTKast – Episodio Dous: Repaso ao primeiro ano de cambio


AnodeCambio

Os líderes das catro forzas do cambio (Diario de Arousa)

Episodio Dous: Repaso ao primeiro ano de cambio.  En Maio de 2015 os cidadáns de Cambados decidiron poñer fin a 28 anos de goberno do Partido Popular. A investidura de Fátima Abal como primeira alcaldesa cos votos de PSdeG-PSOE, BNG, Somos Cambados e Cambados Pode colleu a moitos por sorpresa, incluída a propia Fátima. Días despois, asinábase o pacto de goberno coas propostas e reparto de áreas e dedicacións exclusivas.

Está a cumprir coas expectativas o goberno do cambio? Cumpre coas medidas do acordo de goberno? Mellorou ou empeorou o noso Concello? Neste episodio especial de CTKast analizamos o primeiro ano de goberno cuatripartito. O programa inclúe entrevistas con Xurxo Charlín, concelleiro de Economía e Facenda e portavoz do Goberno, e con Fátima Abal, alcaldesa de Cambados.

Ir a iVOOX para descargar

Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.

Máis información sobre os temas tratados:

Análise do cumprimento do Acordo de Goberno (descarga arquivo Excel)

Análise da duración dos plenos e das mocións defendidas por cada concelleiro (descarga arquivo Excel)

Entrevista con Fátima Abal en Cambados(tk) de Nadal de 2012

Páxina web de Transparencia do Concello de Cambados

-Audio: O ex alcalde non permitía gravar os plenos (2012) 

Artigo en ATMC “Unha ollada ao medio ano de cambio”. Xaneiro de 2016

CTKast – Episodio Un: Aqui non hai praia


Programa do PP 2003

Propaganda do PP (2003)

Episodio Un: Aqui non hai praia. É necesaria unha grande praia en Cambados? Precisamos dun areal para atraer turismo? Hai outros modelos de turismo?

Neste episodio falamos de praias e turismo. Conversamos con Carmelo, dono dun hotel, José Ramón, Concelleiro de Enoturismo, e Victoria, mariscadora xubilada que participa en Guimatur.

Viaxamos até Luanda, Angola para conversar con Blas Charlín, cambadés  adestrador na Academia de Fútebol de Angola (AFA). Rematamos cun tema de Xeografías do Deserto, traballo musical de Sito Suárez e Manuel Núñez sobre poesía de Ramón Caride.

Ir a iVOOX para descargar

Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.

Máis información sobre os temas tratados:

Páxina de Facebook de Guimatur

Artigo de Maruxa Alfonso sobre praia en Cambados en La Voz de Arousa (nota: no podcast dixemos que era un artigo recente, e non é en absoluto recente senón de 2008, mais serve de repaso á historia da praia artificial)

A praia proposta en 2003 e outros incumprimentos electorais (2011)

“O Saco de Fefiñáns en 3 minutos”, vídeo de CTK (2011)

Páxina web da Académia de Fútebol de Angola

Páxina de Facebook de Xeografías do Deserto

 

Jesucristo era maricón (mal que lle pese á dereita)


No momento que  escribo  estas liñas estase a espera de saber a resolución do Tribunal Constitucional sobre o recurso que o Partido Popular puxo, no ano 2005,  contra a Lei de matrimonios homosexuais aprobada pola administración Zapatero durante a sua primeira lexislatura.

Vaia por diante,  dende o meu punto persoal,  que, xa no seu dia,  me pareceu unha das leis mais xustas e necesarias,  acorde cos tempos que vivimos e que cumpre con unha das reivindicacións mais demandadas polo colectivo homosexual.

O que resulta penoso e que en pleno século XXI e moito despois de que organizacións como a OMS (Organización Mundial da Saúde), decláranse que a homosexualidade non é nin moito menos unha enfermidade, repito, é penoso que dende diversos estamentos da nosa sociedade empezando polo propio Partido Popular se lles queira  negar  o dereito ó matrimonio e a tódolos dereitos  dos que si gozan os matrimonios heterosexuais. Atrás quedan situacións esperpénticas coma as declaracións  da actual alcaldesa de Madrid Ana Botella facendo unha comparación entre peras e mazás  ou as manifestacións do clero, con Rouco Varela á cabeza, polas rúas de Madrid defendendo a “familia tradicional”, como si polo feito de que os homosexuais poidan casarse supoña algún tipo de ataque a tal concepto de familia.

O Partido Popular dende o principio baseou a súa loita contra esta lei  no feito de que se definise a esta unión como matrimonio, pois considera que tal definición só se debería aplicar ós matrimonios heterosexuais e que a unión entre persoas do mesmo sexo tería  de chamarse de outra maneira; afortunadamente non toda a xente do PP pensa igual e, incluso,  entre as súas filas xa se  celebraron matrimonios homosexuais para desgraza do sector mais “conservador”.

Sempre que escoito o PP defender a súa postura oficial contra esta lei non podo evitar recordar unha visita que o presidente de Iran, Mahmud Ahmadineyad fixo a Nova York, con motivo dun cumio da ONU, resulta que foi invitado a dar unha conferencia  nunha universidade  (paréceme recordar que a de Columbia) e declarou, no medio de apupos e asubíos,  que no seu pais non existía a homosexulidade e algo de razón tiña pois,  e moitos casos, tal practica págase coa vida.

 

¿Cando abrirá os ollos  ó PP? ¿Cando se decatarán de que estamos no ano 2012? ¿a que ven tanta intransixencia? Afortunadamente non todo o mundo  neste partido pensa así pero demostra que neste tema, coma en outros moitos, os dirixentes desta formación política parecen estar ancorados no pasado, persoalmente penso que deberían ser mais consecuentes cos tempos que vivimos.

En canto á postura da Igrexa,  é para darlles de comer a parte, aínda que …. que se pode esperar dunha institución  que  tardou mais de trescentos anos en pedirlle desculpas a Galileo Galilei por levalo case á fogueira ao atreverse o científico italiano en concordancia co que tamén afirmaba Copérnico  ao  afirmar que a terra xiraba entorno ó sol (¡¡tremendo pecado!!).

A Igrexa basa todo o seu discurso para o opoñerse a homosexualidade e ós matrimonios entre persoas do mesmo sexo en que   o  “natural” é a relación entre un home e unha muller e o seu fin primordial é a procreación  xa que así, razoan,   se observa na natureza; o que pasa que este argumento cae por si só porque se tivésemos que guiarnos pola natureza a postura mais próxima ó que se define como  “natural”  serian os matrimonios poligámicos dun home con moitas mulleres  (presente en  algunhas culturas coma a islámica), pois, unha simple ollada ós animais empezando polos mais próximos ao ser humano como son os simios e seguindo por outros mamíferos como leóns, cervos,  etc.,  o macho dominante é o que dispón dunha maioría de femias  para procrear.

A igrexa diríalle ó mesmo que ao PP,  deberían adaptarse ós tempos e deixar de condenar  actitudes totalmente normais, neste senso resulta curioso a dobre vara de medir que manteñen nos asuntos “da carne”: por un lado condenan  a homosexualidade e todo o que lle rodea e por outro pechan os ollos (cando non ó intentan silenciar por tódolos medios) ante os miles  de casos de pederastia que levan a cabo os membros da súa institución en numerosos países do mundo.

Ademais ( é o que vou a dicir e unha teoría miña) en relación co título deste artigo, persoalmente, estou convencido de que Jesucristo era homosexual (espero non estar condenándome a excomuñón ou peor, aínda, ó lume eterno). Unha lectura pormenorizada da Biblia, mais exactamente, do Novo Testamento,  na que se describe a vida do fundador do Cristianismo pode levarnos, sen lugar a dubidas,  a esta conclusión, xa que,  en diversas ocasións, nestas escrituras, se mencionan  as mostras de cariño, de amor (como bicos, abrazos, caricias) que o fillo de Deus dedicaba  a outros homes, especialmente, ós apóstolos e a súa defensa do “amor al prójimo” mentres que pola contra, non se lle coñece relación con muller algunha, salvo, quizais con María Magdalena.

Repito que esta é unha teoría miña como a de que Xesús foi o primeiro comunista da terra (definitivamente estou condenado ó inferno), pois moitos dos seus ideais coinciden plenamente con esta corrente e, segundo a miña santa aboa, os que o crucificaron eran de dereitas (¡¡que grande eres Mercedes!!).

Para concluír reiterar ó meu desexo de que a resolución do Tribunal Constitucional sexa claramente en favor da súa total legalidade e que este sexa o paso a que nun futuro próximo  teñan dereito estes matrimonios a outra das súas grandes reivindicacións  como é a adopción de nenos (esperemos que de aquela o PP e a Igrexa mostren unha actitude mais “cristiana”).

Un saúdo a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

O problema de imaxe do señor Alcalde


Recordo ter lido nunha ocasión a existencia dunha tribu  en  África que, nas  raras ocasións, nas que se atopaban con occidentais se negaban rotundamente a que lles sacasen fotografías; a razón de tal curiosa medida era que pensaban que, no momento que lle facían unha fotografía, o seu espírito, a súa alma  quedaba plasmada na mesma , abandonando para sempre o seu corpo.

Habería que indagar no árbore  xenealóxica do señor alcalde de Cambados para descubrir se ten algún antepasado lonxano en dita tribu para saber si procede da mesma o seu rexeitamento a que se graven os plenos municipais, a que quede plasmada dixitalmente a súa presenza, a súa actitude para a posteridade; en canto a posibilidade de que lle roubase o espírito, pode estar tranquilo, non xa porque sexa unha superstición ancestral senón porque cada dia estannos a convencer mais  de que carece de espírito.

Todo isto ven  a raíz do derradeiro pleno municipal,  no que  o señor Alcalde, a petición da súa concelleira Isabel Varela,  tras comprobarse que algún dos asistentes estaba gravando dito pleno, e baseándose nunha “suposta xurisprudencia”,  negouse a que se seguise gravando.

A primeira pregunta que se me ocorre a min e de seguro que a ti tamén, querido lector, e que de onde se saca o alcalde esa “xurisprudencia”, porque hai que lembrar que estamos a falar dun acto público como é un pleno municipal, en instalacións públicas e debatendo de cuestións públicas e de interese xeral. Salvando as distancias hai que dicir que as sesións do Congreso dos Deputados e dos diferentes parlamentos autonómicos non só son gravadas senón que, na maioría dos casos, son emitidas pola televisión, en algúns casos, a través de cadeas especificamente creadas para tal fin; igualmente, en tódolos xulgados, as comparecencias nas salas de vistas, incluso un simple xuízo de faltas,  son gravadas e arquivadas, sen que ninguén obxecte  nada o ríspeto.

Dende   logo se hai un adxectivo que define e que quedara  na posteridade, como exemplo do que foi a  xestión de Luís Aragunde, como alcalde de Cambados, ese é o de escurantismo, o de tratar de tapar de tódolos modos posibles as súas accións, a súa xestión; fíxoo no tema da estatua de Fraga, escondendo todo o tempo que lle foi posible a  súa iniciativa, e unha vez que se descubriu o pastel, intentou facernos creer a tódolos cambadeses que  dita iniciativa partiu dun suposto sector  do viño; por certo, nunca mais se supo de esa suposta conta aberta na que centos de cambadeses, agradecidos a Fraga, depositarían os seus donativos.

 

Outro exemplo deste escurantismo  do que fai gala o alcalde, foi raíz dunhas gravacións nas que se acusaba ao seu antecesor no cargo Cores Tourís de cobrar,  presuntamente, unhas comisións nunhas obras realizadas en Cambados; neste caso, Aragunde, dou carpetazo o asunto, negándose a que se abrira  unha comisión de investigación e alegando que non había nada que investigar, aínda que neste caso hai que recordar que Aragunde segue a ser un vasallo de Tourís, e loxicamente, seguindo a pirámide de mando non ten nin a capacidade nin o mando de enfrontarse a un superior.

E nestas chegamos ao último pleno referido no que o alcalde négase a que se grave o mesmo, aínda que se o pensamos ben Aragunde non ten ningún problema coas fotografías, e mais invítovos a que vaiades as distintas hemerotecas e veredes como sempre está  á expectativa de onde está o obxetivo, intentando namorar á cámara, con poses solemnes, xa sexa  o lado da maciza de turno, na Festa do Albariño ou nos distintos saraos e inauguracións  ó lado dos seus amados Feijoo e Rajoy.

O que pasa,  Luisiño, que ser alcalde e moito mais importante que iso, é aceptar que todas  as  túas accións como edil requiren de luz e taquígrafos, que a política en xeral, e a municipal en particular, non é unha cousa que se faga as escondidas, nin o concello e a túa finca particular, que te debes os teus concidadáns ….cando aceptaches o cargo, aínda que fose como un alcalde de palla, alguén debería de tercho   dito.

Finalmente quería dirixirme a Isabel Varela, despois de ver que es unha muller ben guapa non sei a que ven o teu rexeitamento a que che graven, pensa que estas desempeñando unha tarefa moi digna ó representar os teus veciños, e non dubido da túa capacidade  para desenrolala aínda que vendo como fai o actual alcalde, penso que no Partido Popular canto mais alto é o cargo mais incompetente o buscan.

Un saúdo para todos

Ricardo Domínguez Rey. 

¡¡¡Por favor, españolíceme, Ministro Wert!!!


Estimadísimo Ministro Wert:

Después de leer sus declaraciones en las que expresaba sus intenciones de “españolizar” los alumnos catalanes, como buen español residente en Cataluña, padre de alumnos catalanes y ante esta santa cruzada que usted quiere iniciar, quiero que sepa que ha despertado en mí el orgullo patriótico  y, como un fiel soldado, he dado un paso al frente para apoyarle en tan noble causa.

He cogido  al toro por los cuernos y ayer, mientras ayudaba a mi hijo mayor a hacer los deberes, le pregunté directamente: “Hijo mío, tu eres español, ¿verdad?, su respuesta me deja bien a las claras que ya han sido aleccionados para saber que responder ante tal cuestión: “Papa, deja de decir tonterías, cuando acabe los deberes ¿puedo jugar a la Play?, sin embargo, yo no cesaré en mi empeño de llevarlo por el buen camino.

Cuando acabó los deberes, quedándome yo solo en la sala de estudios, empecé a buscar pruebas, entre los  libros de texto de mis hijos, de la abducción a la que son sometidos por los catalanes, búscame cosas del tipo: “la vaca es un ser mamífero, herbívoro, que se alimenta de  pastos salvo nuestras vacas catalanas que no pastarán en los prados hasta que éstos sean prados independientes de España” o  “cuatro menos dos son dos salvo para el gobierno centralista de Madrid que es uno porque nos quita mas de lo que les corresponde”, para mi desasosiego no encontré nada en ese sentido, y, siendo sincero, puede asegurarle que poco han cambiado el contenido ha cuando yo hice la EGB, pero seguiré, inmune al desaliento, buscando pruebas de sus maléficos planes.

También he de confesarle  que los profesores de mis hijos han intentado utilizar sus sucias artimañas conmigo, incluso se dirigen a mi hablándome ¡¡en catalán!! ¡¡como  pueden ser tan descarados!! Mañana mismo les pondré los puntos sobre las íes y les dejare bien claro  que cuando me hablen lo hagan en nuestra noble lengua cervantina, no porque no les entienda sino porque solo los malos españoles y los separatistas usan otra lengua distinta.

Sin embargo, debo decirle, querido ministro, que hay señales para la esperanza, el otro día, primer día de la escuela de futbol, mientras vestía a mis hijos para llevarlos, les pregunté que camiseta querían que les pusiese si la del Madrid o la del Barsa, la respuesta de mi hijo mediano me hizo brotar lágrimas incontrolables:  “Papa, yo quiero la camiseta de España porque es la mejor”, reponiendo a la emoción le dije: “Hijo mío, estoy orgulloso  de ti, niños, alumnos españoles como tu son los que quiere nuestro amado Wert” por desgracia tal alegría duro muy poco porque mi hijo pequeño se encargó en destrozarla: “pues yo quiero la del Barsa porque soy catalán” reaccione a esas palabras  como si me hubiese caído un rayo encima: “No hijo mío tu eres español, un español confundido, pero español al fin y al cabo, Cataluña, como Euskadi y Galicia, son inventos de malos españoles, separatistas,  gente sin escrúpulos que quiere acabar con nuestra grande y libre nación, yo te guiare por el buen camino “.

Ahora estoy mas atento a las señales negativas que puedan aparecer de hecho  el otro día mi hijo mayor estaba cantando “Els Segadors” el himno nacional de Cataluña, le explique que un buen español solo canta el himno nacional y empecé a tarareárselo, el problema vino cuando me preguntó como era la letra (¿Cómo es posible que nuestro glorioso himno no tenga letra?), me acorde de aquella letra que de chavales  todos hemos cantado alguna vez: “Franco, Franco que tiene el culo blanco ….” pero la vi de todo inconveniente, pensando que es una persona a la que usted, sin duda,  le guardará gran admiración.

También he empezado  a vigilar a mi señora, ella es una buena española aunque a veces se le escapan palabras en catalán e, incluso, el otro día la sorprendí mirando  TV3, la televisión autonómica catalana, como  medida he impuesto que a partir de ahora solo se vea en casa “Cuéntame”, “Cine de barrio” y “Amar en tiempos  revueltos” y, por supuesto, Intereconomía. También la he sacado de sus clases de aerobic, le he comprado un traje de faroles y la he anotado a unas clases de sevillanas, ante el menor indicio de debilidad hay que actuar enérgicamente.

También se han cambiado las costumbres, se acabó eso de los domingos salir a hacer senderismo, pasear por la playa o andar en bicicleta; el buen español  es un buen cristiano y  un buen católico, por lo tanto su conciencia le obliga a acudir a misa inexcusablemente y a rezar por el alma de esos españoles a los que Artur Mas y sus secuaces quieren confundir  para que Dios los vuelva a guiar por el buen camino.

Igualmente se acabado eso de ir a ver “castellers” o como bailan la sardana; un buen español aprecia el arte del toreo y el placer de una buena corrida (una corrida de toros se sobreentiende), el problema, mi querido ministro, es que aquí, esos que se definen como catalanes, desde el 1 de enero han prohibido los toros ¿Cómo pueden atreverse a tal provocación?, de hecho la última vez que pasa por delante de la plaza Monumental de Barcelona ¡¡habían montado un circo!! ¡¡Como pueden faltarle al respeto a uno de los grandes templos del españolismo como es una plaza de toros!!.

No solo eso, señor, para mas inri el único toro de Osborne (otro inconfundible símbolo del españolismo) que había en Cataluña lo han sometido a todo tipo de perrerías, primero lo pintaron con la senyera y posteriormente le cortaron la cabeza, desde luego, esta gente sabe como hacerle daño a los  buenos españoles.

En la espera de que mis palabras le sirvan de aliento y ante esta nueva Reconquista que usted ha iniciado, sepa que cuenta con el apoyo de muchos españoles, que rezarán para que lleguen a  buen puerto tan nobles intenciones.

UN BUEN ESPAÑOL

ARRIBA ESPAÑA Y VIVA FRANCO, ¡¡PERDON!! QUISE DECIR MARIANO

NOTA DO AUTOR: PARA A REALIZACION DE ESTE ARTIGO E METERME NA PEL DO NARRADOR  PASEI DIAS LENDO  “LA RAZON” E “ABC”, VENDO “INTERECONOMIA” E ESCOITANDO A “COPE” CON GRAVE RISCO PARA A MIÑA SAUDE, POR MOMENTOS SENTIN DESEXOS DE ACERCARME A SEDE MAIS PROXIMA DO PP E AFILIARME E DESPOIS IR AS COLAS DO INEM E DECIRLLE OS PARADOS: “QUE OS JODAN”, AFORTUNADAMENTE OS EFECTOS CESARON …ESPERO QUE NON ME QUEDEN SECUELAS PSICOLOXICAS

Ricardo Domínguez Rey. 

Aragunde, GRAN exemplo (do que nunca debe ser un alcalde)


“Chon é un cabrón”, “Xaquín esta tolo”, “Charlín e un maleducado”….cando fai uns meses empecei a colaborar no blog “A ti, meu Cambados” algúns mostraban a súa estrañeza  pois non entendían que vertese a miñas opinións nun medio, para algúns, tan particular.

Dende logo non serei eu quen critique a liña editorial dese ni de ningún outro medio, Xaquín Charlín (como responsable de dito blog) está no seu lexítimo dereito de dar informacións, de  expresar as súas opinións como considere oportuno dende a liberdade de expresión, co  o seu estilo, as súas formas pero, dende logo, son tan respetables coma as de calquera outro. Fai unhas semanas falaba cunha amiga  periodista, moi boa por certo (e lectora dese blog), e me comentaba que Xaquín peca de faltón, que a veces recurre   nas súas ilustracións  a imaxes demasiado ferintes  ou de dudoso gusto, opinión coa que moita xente estará dacordo pero que, que en ocasións, é un recurso periodístico mais; e  que , por exemplo, utilizaron publicacións míticas como “El Papus”, revista, xa desaparecida, de finales do franquismo (e que en 1977 sufriu un atentado terrorista da extrema dereita) ou, mais, recentemente “El Jueves” a cal, afortunadamente, segue publicándose.

O que está claro é que, polo numero de entradas e  visitas, dito  blog é moi seguido xa sexa  para criticar o seu autor, por curiosidade, por coñecer o seu punto de vista ou simplemente por coincidir co que aquí se fala e se  comenta.

Resalto todo isto porque do que non teño a mais mínima duda é de que Xoaquín Charlín González, con todo o que poida ser, do que todo o que se lle poida chamar, repito, non dubido en absoluto, que, no momento en que entra no salón de plenos do concello, en calidade de membro da oposición, sabe gardar as formas, e a súa actitude é a que corresponde ao cargo que ostenta; ten a responsabilidade de representar a xente que o avalou co seu voto e lle dou a súa confianza; todo isto é extensible  a Víctor Caamaño Rivas e María Xosé Cacabelos Domínguez do BNG e a Rafael Blanco Guerreiro, Fátima Abal Roma e a Lucas Vieites Fariña do PSOE, destaco os nomes destes homes e mulleres porque, persoalmente, teñen todo o meu ríspeto  e admiración, pois, hoxe por hoxe é moi complicado realizar a función que veñen realizando como oposición no concello de Cambados, tendo que aguantar a mala educación, os atropelos e os improperios do alcalde e os seus esbirros.

 

 

A última mostra de todo isto foi o pleno do 30 de agosto, no que se tratou as contas municipais,  non  só  polo famoso “¡non me jodas Víctor!” no   que demostra  o alcalde que non ríspeta nin a institución nin o cargo que ostenta senón pola actitude mostrada ao largo do pleno tanto por Aragunde como polo resto dos seus concelleiros.

Nunca ocasión díxome un político,agora medio retirado,  que uns dos cargos mais reconfortantes, mais bonitos que pode haber no eido da política é o de alcalde, non pola súa relevancia (salvo que o sexas de Madrid, Barcelona ou algunhas das grandes capitais) senón porque é un  cargo no que te escolleron os teus veciños, os teus concidadáns, xente que en moitos casos veuche nacer e crecer, e porque rexerás o goberno do pobo no que te criaches e no que vives;  Luís Aragunde é un dos peores alcaldes da historia de Cambados, non teño a menor dubida, minte ( ¿queda alguén que dubide de que idea da estatua de Fraga partiu do concello?), é parcial, subxectivo, antepón os seus intereses persoais e os do seu partido aos de todo un pobo, goberna de forma caciquil e déspota, coa súa actitude nos plenos ademais de faltarlle ó ríspeto os membros da oposición como persoas, fáltalle o ríspeto a toda a xente que votou por esas formacións políticas, igualmente, fáltalle ó ríspeto a xente do PP que lle dou o seu voto e que  con esta actitude non esta  respondendo á confianza dada; o problema non é que non teña aptitudes ou as capacidades intelectuais necesarias; para ser alcalde dun pobo como Cambados non hai que ser licenciado en ciencias políticas, é tan sinxelo como procurar gobernar para tódolos veciños, por igual e aplicando un criterio correcto para cada decisión.

O problema do alcalde de Cambados é , simplemente, que é un lacaio, só obedece a voz do seu amo que non é outro que Tourís  que é realmente quen segue a gobernar en Cambados na distancia ¿acaso alguén o dubida?, Aragunde soamente está agardarlle ó sillón, non ten criterio nin discurso e segue a ser o que sempre foi o chico dos recados de Tourís e que aínda hoxe estase a preguntar como chegou a alcalde; dende logo, nin  o personaxe  podía chegar tan alto nin o cargo caer tan baixo.

O alcalde de Cambados (e os seus servos) coa súa actitude fáltanlle o ríspeto a todo un pobo, pensan que o concello é a súa finca particular (o tema do Pinal da Maza é bo exemplo de elo) a a súa actitude nos plenos e un reflexo mais desa forma de facer política.

En canto a resposta que o alcalde  lle  dou o grupo socialista dicíndolle que o escrito que presentaron tiña faltas de ortografías é a  resposta mais clara que pode dar un mediocre, aínda que iso fose certo, que non o sei ¿acaso as supostas faltas de ortografía réstanlle contido ó escrito? ¿desvirtúan o que alí se está formulando? ; repito,  é a resposta dun mediocre que como non ten que contestar ou non pode rebater o que lle están expoñendo intenta desviar o tema a un simple formulismo e demostra a catadura moral de quen está a gobernar Cambados; dende logo, entre a capacidade linguistica de Aragunde e a facilidade de Rosa Oubiña para citar ós clásicos, poderiamos cubrir os sillas vacias da “Real Academia da Lengua”.

En canto a resposta que dou  Euloxio Pomares dos  xubilados que cobraban 150.000 euros, dende o experiencia que  me da coñecer a esta persoa dende fai 37 anos e sabendo que non o fixo dende o cinismo,pois eu sempre o  tiven por unha persoa cabal (e salvo que  cambiase moito dende a última vez que falamos) quero pensar que a resposta foi  fruto do nerviosismo pois estou seguro que el sabe tan ben coma min que non hai pensións públicas desas cuantias (e que por desgraza, en moitos casos,  son mais ben  todo o contrario, é dicir, escasas ).

Tamén falouse no pleno do 30 de agosto do suposto éxito da etapa Cambados / Pontevedra  da vuelta ciclista a España do dia anterior, que non dubido que levase xente as rúas de Cambados pero da suposta promoción e repercusión que o pobo  tería na televisión podo dicir que foi nula por moito que digan Aragunde, Louzán ou Tourís, para elo baséome en datos, facilmente comprobables:

A audiencia desa retransmisión foi de 1.553.000 espectadores con un share do  13 %, que para o que non este familiarizado con audiencias televisivas, direille que é un resultado moi pobre ( a outra retransmisión deportiva dese dia da primeira de Televisión Española acadou 9.000.000 espectadores e un 53% de share),  como anécdota comentar que o programa mais visto a hora que se retransmitía  a volta era “Sálvame” en Telecinco con 1.837.000 espectadores e un share do 17 %  polo que eu aconséllolle a Aragunde, á luz destes datos , que se quere promocionar Cambados, se invente un “affaire” con Belén Esteban; podería saír  en Telecinco amosando lugares do noso pobo; por exemplo frente a Torre de San Saturniño podía dicir, mirando compunxido  á cámara: “aquí xureille amor eterno a Belén”,  na plaza de Alfredo Brañas, sentado na terraza da “A Leria” comentaría: “aquí Belén e eu  compartimos unha botella de albariño” ou na plaza de Fefiñans podería dicir: “aquí díxenlle a Belén que era tan fermosa como este pazo” podo garantizar que saldría mais barato, a deputación non se gastaría 150.000 euros para nada  e seria mais promoción para Cambados,  creo que xa está tardando en facer dona do Albariño a ex de Jesulin.

Por certo, unha dubida que se me ven a cabeza xa que falamos do “Serenísimo Capitulo dos Cabaleiros do Albariño” se finalmente Jaume Matas, é condenado a ingresar en prisión pola sentencia recurrida ou por algunha das mais de 15 causas pendentes de xulgar, preguntome se lle quitaran o titulo de Cabaleiro do Albariño pois non creo que quede ben que o  nobre nome do noso pobo e do noso viño quede mesturado con un delicuente e, mais,  pola categoría de delitos cometidos; menos mal que os nosos políticos do PP en Pontevedra, non son coma este suxeto, todo o contrario son honradísimos señores que viven do seu soldo e non  confunden a súa actividade pública con negocios privados (deixémolo aí).

Quería acabar cunha anécdota persoal para que vexades que hai outras formas  de facer as cousas, como xa vos contei eu vivo en Catalunya, nun pobo similar en tamaño e poboación a meu amado Cambados, non é tan bonito pero fanse as cousas medianamente ben, para o que teña curiosidade chamase Llissa de Munt e para que vexades que non todos os políticos do PP son iguales, neste pobo goberna en coalición PSOE e PP, pois resulta que fai uns anos este concello quixo facerlle unha homenaxe a un dos seus veciños ilustres como é Francisco Ibáñez, quizais, o nome en si non vos diga nada pero si vos digo que é o creador de personaxes tan famosos como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, el botones Sacarino e un largo etc.  mais de un  recordará capítulos da súa infancia (coma min) e que a dia de hoxe aínda continua ó pe do cañón, facendo pasar ratos agradables a moitos nenos (como ó meu fillo maior) pois como dicía, o concello para homenaxealo decidiu dedicarlle un parque infantil, cabe dicir que non ó fixo a escondidas ni atribúolle a súa auditoría a ningún suposto sector, todo o contrario,  o publicitou  con suficiente antelación para que a xente fixese chegar as súas suxerencias, opinións etc. solo  dicir que Don Francisco, hoxe en dia, ten en este pobo un parque  dedicado mentras que penso en toda á película (cómica) que Aragunde fixo no meu Cambados a conta da estatua a ese falso demócrata que foi Manuel Fraga Iribarne.

Por certo ¿entearémonos algún dia canto custou realmente a estatua de Fraga? ou quedara baixo o segredo de sumario  a que nos ten acostumado o ilustrísimo Sr. Alcalde Aragunde.

 

Sin mais saludos a todos

Ricardo Domínguez Rey. 

Grandes pensadores da Historia (I): Rosa Oubiña


Hei de recoñecer que Facebook é un gran invento, sobre todo para xente que coma min, que  estamos lonxe do noso amado pobo e queremos manter contacto coa realidade cotía do mesmo;  outras veces permíteche contactar con xente da que hai tempo non tiñas novas e algunhas veces, coma nesta, grazas a enlaces coñecer as desvergoñas, pensamentos e tonterías que chega a colgar algún no seu muro.

Hai uns días chegoume ó meu muro de Facebook un enlace sobre o maltrato animal, asinado entre outros por Rosa Oubiña, antiga concelleira no concello de Cambados e actual deputada no Parlamento de Galicia, a miña curiosidade levoume a entrar no seu muro (síntoo pero son un curioso crónico) e entre fotos do seu amado presidente Rajoy e alcalde Aragunde, atopeime isto (reprodución verídica):

Fai máis de 2000 anos decía MARCO TULIO CICERON:

“El presupuesto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser disminuida, la arrogancia de los funcionarios públicos debe ser moderada y controlada, y la ayuda a otros países debe eliminarse, para que Roma no vaya a la bancarrota. La gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado.”

Ano 55 a .C. (Sen palabras).

Perdoa Rosiña pola expresión, pero eu non leo a Cicerón (aínda que ti tampouco, é máis, estou por decir que non tes nin rematada idea de quen era) : QUE OVARIOS TES, GUAPA!!!

Unha señora (por chamala dalgunha maneira) que cando estivo no Concello de Cambados, cobraba do mesmo en calidade de dedicación semiexclusiva e, agora, nas Cortes Autonómicas cobra máis de 70.000 euros anuais, entre soldos e complementos (datos sacados da paxina oficial do Parlamento de Galicia), ten o morro, a cara de facerlle unha crítica ós funcionarios públicos  (a maioría dos cales accederon á administración pública duramente tras unha oposición), a ti que te  enchufaron a dedo;  esta pensadora de pacotilla ten a desvergoña de dicir : “la gente debe aprender nuevamente a trabajar, en lugar de vivir a costa del Estado” … ¨non o dirás por ti, non Rosa?  Acaso falas de Aragunde, Tourís ou Louzán? Os cales coma ti, en canto puideron, viviron a costa do Estado, non o dubidaron.

De que funcionarios falas, guapa? Dos que cobran pouco mais de 1000 euros e o teu presidente lles suprimiu a paga extra de Nadal? Funcionarios que ni de lonxe gañan o que ti gañas  e que, dende logo, traballan moito máis ca ti; e cando falo de funcionarios non só me refiro a administrativos, auxiliares etc. falo de médicos, enfermeiros,bombeiros, xente que tódolos días están salvando vidas, non coma ti que te limitas a votar o que che mandan no Parlamento e aplaudir as intervencións do teu portavoz de partido (cando vas) .

Aquí os únicos arrogantes son os políticos coma ti que intentan dar clases do que precisamente non teñen de humildade, de dignidade, en resumidas contas de humanidade; políticos como o teu compañeiro de partido e Presidente de Baleares que ten o descaro de dicir que moita xente prefire vivir do subsidio do paro antes de saír  a buscar traballo; políticos como a deputada  Fabra do Congreso dos deputados  que lle di os parados : “que se jodan”

…….. se tiveses un mínimo de vergoña, Rosiña, estarías caladiña, dándolle grazas  a Deus e bicando o chan por onde pasa o iluminado que un dia te colocou onde estas e non criticarías a xente que realmente a chegado onde está  por méritos propios a diferenza de ti.

Na cita de Ciceron que che pasaron , porque, repito dubido moito que saibas quen era este personaxe, di tamén  “”El presuposto debe equilibrarse, el Tesoro debe ser reaprovisionado, la deuda pública debe ser diminuída”   Iso non o dirás polo alcalde de Cambados? O cal derrocha os cartos do concello en estatuas estúpidas, en invitar a centos de come baldes no parador o Domingo de Albariño ou pulirse en apenas 4 meses máis de 8.000 euros en comidas oficias etc. … por se non o sabías,  ti que es unha eminente política, o Concello de Cambados ten actualmente unha débeda de máis de 3.600.000 Euros ( o 44 % do seu presuposto anual) e ti vesnos a falar de equilibrio no presuposto. Que graciosa eres, bonita.

Quero finalizar cunha entrevista que che fixeron hai uns 8 ou 10 anos na radio, preguntábache a periodista que  libro estabas lendo ti dixeches toda chea “El Codigo Da Vinci” (creo que era esta obra pero non estou seguro) a continuación,  pregúntache de que vai, e a túa resposta (textual) : “bueno, en realidad, sólo he leído la portada, pero lo tengo en la mesilla de noche para  leer”, e xa ves, hoxe en día, vesnos citando a clásicos como Cicerón, calquera día  nos sorprenderás con outra cita de Kant ou de Descartes. É o que ten ser unha persoa ilustrada e cultivada coma ti.

Despídome e, por certo, Rosa encantaríame que me agregases a túa lista de amigos de Facebook, seguro que non me aburriría.

Saúdos a todos.

Ricardo Domínguez Rey. 

O BNG pregunta polo Xantar do Albariño


O voceiro do BNG presentou hoxe unha pregunta ao grupo de goberno para interesarse sobre o Xantar do Albariño deste ano. Víctor Caamaño quere saber a quen convidou o Concello a comer de balde, quen acudiu realmente, se acudiron acompañados e cal foi o motivo de tal convite. Os concelleiros do Bloque non asistiron outro ano máis a un Xantar que consideran totalmente sobredimensionado e que serve para que simpatizantes e cargos do PP coman de balde a conta dos contribuíntes, aos que lles reclaman “apretarse o cinto” e austeridade. Unhas 600 persoas si estiveron este ano segundo os medios de comunicación. Tamén aproveita o Bloque para solicitar as contas das Festas deste ano 2012. Podes ler aquí o escrito presentado por Caamaño.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.