Hai dez meses, por Xaneiro deste ano, soubemos da intención da Xunta de Galicia de eliminar as Fundacións Comarcais, cuxa presenza na nosa comarca tradúcese no denominado edificio Exposalnés. Neste lugar, ademais dunha exposición fixa sobre a comarca, téñense celebrado multitude de exposicións de arte e presentacións de libros, ademais doutro tipo de actos culturais. Cando coñecimos a intención da Xunta de rematar con estes espazos fixemos unha pregunta aos lectores de CTK: Ti que farías con Exposalnés se pasa a titularidade municipal? Houbo moitas respostas, mais un 80% consideraba que o modelo de xestión debía cambiar. Uns propuxeron que se empregara como centro de servizos sociais e outros apuntaban a diferentes usos culturais (museo Asorey, arquivo Cabanillas…) e os menos falaban de usos administrativos. Seguir lendo
Se hai algo que queda claro ao observar os resultados da Mini Enquisa (preme aquí para velos íntegros) aberta a semana pasada en Cambados(tk) sobre o futuro de Exposalnés, é que a diversidade de opinións é moi importante. Certo é que unha aplastante maioría dos lectores participantes (máis do 80%) consideran que se o Concello se fai coa sede da antiga Fundación Comarcal, os usos das instalacións deberán cambiar. Se queres, podes premer en Seguir lendo
Nos últimos días deuse a coñecer a intención da Xunta de Galicia de eliminar as Fundacións Comarcais, aqueles entes creados por Manuel Fraga que non acabaron por ter unha finalidade definida e que en moitos casos remataron por ter como fin principal o emprego de persoas afíns ao partido. Pero a cuestión é…que se vai facer coas sedes daquelas Fundacións? [Preme para acceder á enquisa] Continúa premendo en Seguir lendo
O vindeiro venres 1 de Abril terá lugar no Centro Comarcal do Salnés un acto cultural arredor da figura da artista Maruja Mallo (pseudónimo de Ana María González Mallo, pintora surrealista, 1902-1995).
Comezará ás 20 horas coa proxección dun documental: Maruja Mallo. Metade anxo, metade marisco, dixido por Antón Reixa e con guión de Antón Patiño.
De seguido presentarase o libro Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal, gañador do premio de ensaio Ánxel Fole e editado pola Fundación Caixa Galicia. Intervirán Luís Rei, escritor, biógrafo de Cabanillas e técnico cultural; Antón Reixa, director do documental; e Carlos Nuevo Cal e Emilio Xosé Ínsua, co-autores do libro.
Podes ler a biografía de Maruja Mallo en culturagalega.org, de onde se extraeu a imaxe
Mañá Mércores 27 de Outubro terá lugar no Centro Comarcal Exposalnés a presentación deste libro de Emilio X. Ínsua, que analiza a conveniencia do topónimo desta localidade costeira cervense.
Será a partires das oito e media da tarde e colaboran as librarías Contos e Cabanillas. Na presentación deste libro falarán o propio autor e o cambadés académico da lingua Francisco Fernández Rei.
Mañá venres 20 de Novembro ás seis da tarde terá lugar no Centro Comarcal do Salnés a proxección dunha nova serie de curtas enmarcadas no ciclo Cinemas Dixitais que promove a Consellaría de Cultura para achegar o cine ás vilas que non contan con salas comerciais e potenciar o audiovisual galego.
A de mañá é unha sesión temática que repasará algunhas historias da guerra civil no noso país a través de sete curtas publicadas todas elas entre 2001 e 2007. Os títulos son os seguintes: 1939 Un berro de silencio, Guerra dos avós, Alma esquecida, Cores, Minas, Ribadeo 1936, e Soldado sen fortuna. Entrada de balde até completar aforo.
Este venres, seguindo co ciclo de curtametraxes que se leva a cabo no Centro Comarcal, é o turno do xénero dramático. Infernos na terra é unha sesión de seis curtas que tratan diversos temas, compartindo o xénero do drama. Será o venres 3 de Xullo ás 18:00 en Exposalés.
Hoxe ás 18:30 horas terá lugar a inauguración da exposición Cores para Cabanillas no Centro Comarcal do Salnés que naceu a partires dun proxecto do colexio Magariños para traballar a figura de Ramón Cabanillas e que coordinou Saúl Otero.
Na mostra participan un bo número de artistas:
Manuel Busto, Emérita Méndez, Xulio Gayoso, Eduardo Baamonde. P. Palomar, Fernando Arenaz, Alexandre Otero, Lucas Míguez, Francisco Pazos, Carmen Menduíña, Elena Silvoso, Uxio López, Manolo Chazo, Xaquín Chaves, Ladislau da Regueira, José Luiz Oubiña, Xaquín Rosales, Luís Viñas,Victor Rúa, Katsumi Yamaguchi, Enrique Conde, Anxo Pastor, Martiner Míser, Ramón Daporta “Mon”, Saúl Otero, Marcela Santorum, Karlos Abal, Jose Mª Solla, Iria Ribadomar, Valentina Carro, Adela Leiro, e Quico Álvarez.
No acto de hoxe á tarde haberá un recital poético no que participará o alumnado de todos os ciclos, nais, pais, profesores e escritores.
A exposición pode verse en Exposalés até o día 30 deste mes.
As librarías Ramón Cabanillas e Contos de Cambados organizan unha presentación para o venres 19 ás 21.00 horas no Centro Comarcal.
O libro titúlase Os bicos de Tina e foi escrito por Alfonso Eiré e recrea a primeira experiencia sexual de Tina e Daniel, dous nenos dunha aldea galega que viven o seu primeiro amor nos anos sesenta e se reencontran trinta anos despois.
Afonso Eiré é xornalista e escritor. Vicepresidente e Conselleiro Delegado do semanario A Nosa Terra. Participa nas tertulias da Radio e Televisión de Galicia como analista político. Tén publicados os libros Amigos sempre, Eu tamén fun coas vacas, O coxo de Vilarelle.
Os bicos de Tina é un libro escrito con moita tenrura, que nos fai chegar as fermosas lembranzas daqueles bicos que deixaron marca na nosa vida.
Desde o 1 até o 15 deste mes poderemos ver no Centro Comarcal do Salnés unha exposición que ofrece a mirada dun pintor e fotógrafo galego sobre un dos países máis pobres do mundo: Níxer.
No mes de abril do 2006, unha expedición organizada pola ONG Acción contra a Fame, e integrada por algúns dos seus membros xunto a outros pertencentes a Cultura Solidaria Galega -entre os que se atopa o propio Costa- percorre o país nixerino , non só para obter información directa sobre a castigada rexión africana, senón tamén para coñecer in situ o desenvolvemento dos diferentes proxectos humanitarios que Acción contra a Fame desenvolve alí.
Esta experiencia é aproveitada por Alfonso Costa para, entre outras cousas, captar co obxectivo da súa cámara as imaxes intensamente vívidas dunha paisaxe humana que sofre e, porén, mantén ergueita a bandeira da dignidade e da esperanza. Porque, se cadra, este é un dos aspectos máis salientables da mostra realizada por Costa e que moito ten que ver coa súa personal mirada artística.
Acción contra a fame traballa en Níxer dende o ano 1997. Leva a cabo proxectos de auga e saneamento, prevención e tratamento da desnutrición, mellora das condicións sanitarias materno – infantís, mellora e diversificación da producción agrícola e gandeira, etc.
Níxer é un dos países máis pobres do mundo segundo o informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD): ocupa o posto 174 de 178.