//
arquivo

debate

This tag is associated with 20 posts

O debate de Cambados de Tele Salnés


O pasado 1 de Xullo tivo lugar no Canal Rías Baixas (Tele Salnés) un debate entre Luís Aragunde (alcalde, PP), Domingo Tabuyo (PSOE) e Víctor Caamaño (BNG). A canle comarcal ten o vídeo subido na súa web, podes acceder a el e velo online. A duración é de unha hora.

O debate xira entorno varios temas, especialmente arredor da actual crise económica (que remata por alonxar o debate de Cambados ata o

Goberno Central) e facendo fincapé en temas recentes como as comportas no Saco de Fefiñáns e as repercusións que pode provocar para o marisqueo.

Relacionados

Debate político sobre Cambados en Tele Salnés do 1 de Xullo de 2010

Pedro Sanmiguel (PP, Galicia Bilingüe) quéixase polos calificativos de Chon á asociacion GB pero chama "dictadores" ao BNG e á Mesa pola Normalización


aturuxoNun artigo recén publicado no xornal comarcal O Aturuxo, Pedro Sanmiguel (Galicia Bilingüe e concorreu nas últimas municipais na lista do Partido Popular) quéixase de que Xaquín Charlín (Chon) califica a Galicia Bilingüe como “grupo da dereita máis rancia” ou  “pijos malcriados” pero comeza o seu artigo coas seguintes verbas: “Sobre la plataforma Queremos Galego: Bajo esta denominación (…) se esconden los mismos dictadores de siempre: A Mesa pola Normalización Lingüística, el BNG…”

Sanmiguel fai no seu texto unha mistura total de conceptos e de feitos, querendo relacionar á plataforma Queremos Galegos con actos terroristas, cando el ben sabe que a manifestación do 18 de Outubro non só foi a maior da historia, senón que foi unha expresión totalmente democrática e foi unha manifestación de amor pola nosa lingua e en contra de ningunha outra, ao contrario que aquela a que el asistira convocada por GB e que, ademais de ser un fracaso en número de persoas tamén fixo historia, por número de manifestantes traidos de fóra do país e  por fomentar o odio hacia o noso.

Fala no seu artigo tamén d’A Mesa pola Normalización Lingüística, e parece escandalizado porque reciba subvencións públicas! Debería saber o señor Sanmiguel que A Mesa é a maior asociación cultural de Galiza, e como tal ten dereito a esas axudas. É máis, durante os gobernos de Fraga Iribarne os tribunais déronlle a razón a esta asociación porque non estaba a percibir o que lle correpondía. Pola contra, Sanmiguel (gran preocupado polas inxustizas deste mundo) non di nada de todos os miles de euros que recibe, por exemplo, La Voz de Galicia en concepto de normalización lingüística e que obvia por completo o uso desta lingua nas súas páxinas. Iso, que a todos lles debería parecer unha inxustiza,  non interesa. Tampouco di nada de que a Deputación de Pontevedra pagou 50.000 euros por unha actividade de dous días organizada por Galicia Bilingüe e á que acudiron ponentes como membros da Fundación FAES…etc etc

Pedro Sanmiguel, por favor, non sexa tan demagogo, e sobre todo (e falo a título individual, pero seguro que comparto isto con moitos simpatizantes tanto do BNG como da Mesa) ninguén, e menos vostede, que parece que ten o galego no seu punto de mira e gusta de fomentar o odio hacia el, vai chamarme dictador a min. Non llo consinto.

A incoherencia impositiva do Partido Popular de Cambados


luisaragundeO PP de Cambados actúa cun cinismo incríbel. No pleno de mañá pola noite debatirase a modificación da ordenanza reguladora da taxa de basuras e o Goberno Local implementará sobre ela, previsibelmente cos votos a favor polo menos do seu grupo, unha suba para todos os cidadáns. O Concello quixo tapar esta nova, que de seguro a ninguén lle fai moita ilusión, coa de que por primeira vez baixará a taxa aos donos dos comercios que estean actualmente pechados, xa que moitos non poden afrontar tal pago ao non ter ingresos.

E emprega esa nova, que afecta a unha minoría, para por detrás aplicar a suba xeralizada que nos vai a afectar a todos, e posíbelmente non sexa pequena, xa que o alcalde evitou dar polo momento cifras. E resulta especialmente curioso que vaia facelo xustamente no pleno de mañá , porque o Partido Popular defenderá ademais nese mesmo pleno unha moción na que se criticará a suba de impostos aplicada polo Goberno Central… mentres o Concello aumenta a presión impositiva sobre os cidadáns o propio goberno local critica ao Central por facer o mesmo!

Xa que os cidadáns de Cambados, resignados, imos ver como mañá se aproba esa suba de taxas, e aínda por riba coa burla da presentación da outra moción (que ademais tamén será aprobada cos votos, cando menos, do PP), polo menos estaría ben que a razón que esgrime Luís Aragunde para aplicala se cumpra : para mantener la calidad del servicio (Diario de Arousa).

Pero se manter a calidade do servizo sinifica que os contedores sigan estando totalmente cheos de suciedade, ou que aquelo de que un mesmo  camión mesture os contedores da recollida selectiva, facendo que os propios veciños deixen de separar porque de nada serve…entón a suba das taxas xa é unha tremenda tomadura de pelo.

Pero así son as cousas,  este comportamento cínico e insultante cara os cambadeses ten un nome, que se chama maioría absoluta e un causante que é o propio pobo de Cambados.

Continuan os recortes do novo goberno: Xa non se debatirá máis na TVG


crtvgEra algo que se vía vir e ao final sucedeu: o programa Hai Debate, que cada semana reunía no plató da TVG a representantes dos principais partidos galegos e analistas políticos, desaparece da grella da nova Televisión Pública do Goberno de Alberto Núñez Feijoó. Así o publicitou a directora do ente, a cambadesa Rosa Vilas, que anunciou unha nova programación da televisión que non trae grandes cambios a parte da eliminación do devandito programa. Continuarán as series de éxito como Padre Casares e a revista Bos Días ocupará case toda a mañá.

Para todos aqueles que gustamos da política, a fin de Hai Debate non é unha boa nova, pero tampouco o é en xeral para toda a sociedade, porque unha actividade, a política,  que xa é demasiado lonxana da xente segue afastándose cunha medida como a que veñen de tomar os responsábeis do goberno popular. Está claro que ao PP non lle interesa que a opinión pública estea informada do que acontece, e moito menos que poida atender a debates que, se ben estaban medidos en exceso, polo menos existían e chegaban a quen estaba disposto a seguilos.


O debate galego das Eleccións Europeas


crtvg

A Televisión de Galicia emitiu onte á noite un debate especial para as eleccións europeas. Nel confrontaron as suas ideas representante dos tres partidos con representación no noso país: polo PPdeG Carmen Fraga, polo PSdeG Antolín Sánchez Presedo, e polo BNG Ana Miranda.

Polo menos se pode dicir que falaron de Europa, o mínimo que podiamos pedir e  cousa que non podemos afirmar dos debates PP-PSOE estatais.

Podes ver o debate premendo neste enlace.

Liberdades a medias


debateeuropeas

Como na anterior campaña electoral estatal e como xa intentaron sen éxito na galega, a RTVE propónnos en horario de máxima audiencia que asistamos a un debate (posíbelmente tamén milimétrico e a base de monólogos perfectamente estudados) entre candidatos das dúas forzas maioritarias.

Eu comprendería -aínda que non compartiría- este convite se partise dun ente privado, pero non o podo facer cando provén dunha televisión que se di pública.

É unha constante nos medios o querernos facer crer que só existen dúas opcións á hora de votar, parece que a estratexia sistemática é ignorar as demais posibilidades como táctica para afondar nun bipartidismo que resta democracia.

Unhas eleccións son, como o di a propia palabra, unha escolla. E para escollermos, temos que coñecer todas as opcións. Ao final acontence o mesmo que no tema da lingua: pídese liberdade de decisión pero quérese negar a posibilidade de que os nenos coñezan os dous idiomas. E eu pregúntome: como se pode elixir algo, ben sexa unha lingua, ben sexa unha papeleta nun colexio electoral, cando só se nos permite coñecer parte das opcións? É iso realmente liberdade?

Seguir lendo

Para quen non o vira: o primeiro debate electoral


Participan Alfonso Rueda (PPdeG), Ricardo Varela (PsdeG-PSOE) e Alfredo Suárez Canal (BNG). Foi emitido o pasado mércores pola noite na Televisión de Galicia.

Comeza a campaña electoral (a oficial)


Hoxe a medianoite arranca oficialmente a campaña electoral das Eleccións ao Parlamento de Galiza 2009 do 1 de Marzo. Dende mañá e até o 27 deste mes os partidos e candidatos terán a oportunidade de explicar o seu programa electoral e pedirnos o voto.

Iso si, o tema do debate queda no aire, xa que mentres a TVG anuncia un debate a tres bandas entre os candidatos de PP. PSOE e BNG para o día 20, Alberto Núñez Feijoo (PP) sostén unha e outra vez que el non confirmou aínda a súa presenza e supedita esta a que se produzan debates cara a cara. 

ENVÍO DE SMS

E ti, se queres estar ao tanto do que vaia occorrendo o día das votacións, podes acollerte ao Servizo de información electoral que puxo en marcha Presidencia da Xunta. Envía ELEC ALTAGA ao 7747 para coñecer os datos de participacións ás 12 e ás 17, así como os resultados co 25, 50, 75 100% de voto escrutado. Chama a atención que o SMS que confirma a túa alta no programa estea redactado en castelán, para que logo digan.

Diferentes formas de participar


Para participar en Cambados(tk) tes varias opcións: podes deixar unha mensaxe no libro de visitas, ou podes comentar directamente en cada un dos artigos. A primeira vez que o fagas o teu comentario terá que ser aprobado. Ademais o correo segue aberto a todos. a dirección é cambadostk (arroba) gmail.com.

Debate a dous


Vemos no últimos días como a Televisión Española, de carácter público por certo, quere vetar un auténtico debate entre os tres líderes da política galega. TVE coincide en argumentos e posicións co máximo responsábel do Partido Popular en Galiza, Alberto Núñez Feijoo, informándonos antes das eleccións aos propios votantes que os que teñen oportunidades de gañar só son o propio o Feijoo e o Presidente da Xunta, Pérez Touriño.

Sorpréndeme o grao de respecto á democracia que profesan, sobre todo por parte dunha televisión pública -se estiveramos falando de Antena 3 ou Telecinco, defensora da lingua común, non me sorprendería-…

Seguindo ese argumento, durante todos estas últimas lexislaturas deberíamos ter ouvido por parte da Televisión pública peticións de debates entre Manuel Fraga e Xosé Manuel Beiras. Pero non ocorreu.

A mellor contestación, a que dirixiu o “excluído” , o voceiro do BNG Anxo Quintana: se houbera un debate a dous debería ser entre el mesmo e Touriño, xa que o que parece seguro nestas eleccións é que ou o un ou o outro será Presidente, e Feijoo é o principal candidato á oposición.

E falando en serio, non creo que Quintana sexa o perxudicado, nin sequera xa o BNG, os perxudicados somos todos os cidadáns galegos e o noso espazo propio no Estado, outra vez ignorado e insultado, ca voz da Televisión pública española e a alma do centralismo.

Unha mostra máis no nerviosismo dos partidos estatais e dos seus medios, xa ven claramente que o nacionalismo galego (aínda coas eivas que poida ter) está en ascenso.

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.