Alguén dixo nunha ocasión que “O nivel de avance dunha sociedade pode medirse na forma na que esta trata ós seus animais”.
Se me deixades quería falarvos dun amigo, un amigo que ven acompañando ao ser humano dende fai miles de anos, sendo uns dos primeiros animais que ó home domesticou e que non é outro que o can.
Falar do home e do can e falar dunha relación coma hai poucas na natureza entre dous animais de distinta especie; é falar dunha relación de amizade, de fidelidade, de amor, dun cariño que todos os que tedes cans entenderedes a que me estou referindo.
Os cans prestan servizos esenciais como son ó de guías de persoas cegas, en caso de desastres naturais son a mellor ferramenta para atopar superviventes entre os escombros, tamén son esenciais na loita contra o narcotráfico ao localizar alixos; foi un can (a cadela Laika), na carreira espacial, o primeiro ser vivo terrestre en orbitar arredor da terra (o cal custoulle a vida); tamén utilízanse, os cans, en terapias de estimulación en persoas con autismo e incluso, hai estudios psicolóxicos que demostran que, en persoas depresivas, o feito de ter mascotas como cans, reduce significativamente o intento de suicidio, debido a mutua relación de dependencia afectiva existente entre ambos.
Cóntovos todo isto en relación á canceira de Meis que está a xestionar á Deputación de Pontevedra do señor Louzán e que, como din as protectoras de animais, se está pensada para uns 500 cans aproximadamente e si se calcula que en toda á provincia son mais de 2000 os animais destinados a ela, temen, loxicamente, por un exterminio indiscriminado dos mesmos.
Segun diversos medios nunha reunión celebrada entre Louzán e ás asociacións protectoras, o presidente da Deputación espetoulles : “A mi los perros me la sudan”, é lóxico, coñecendo o personaxe en cuestión, o amor e o cariño á raza canina non representan ningún dos valores polos que se move , o que é seguro e que si mañá os cans cagasen pepitas de ouro (perdón pola expresión), Louzán converteríase no seu mais acérrimo defensor, non vos estrañe que adaptaría esas pousadas tan fashion que está facendo (e que tanto custan a tódolos pontevedreses) para adaptalas a tan nobles animais.
Aínda que sendo xuntos a Louzán gústanlle moito os animais; en concreto dous tipos, por un lado, os touros, sobre todo, para ir a velos na praza de Pontevedra durante as festas da Peregrina, e poder sentarse ao carón de Rajoy (outro gran amante dos animais) e ver como o van facendo sufrir,matándoo pouco a pouco…… puro arte e cultura (perdón polo sarcasmo); o outro tipo de animais que lle gusta a Louzán son ós de mar (pero non pensedes en delfíns, Louzán non é tan sensiblero) mais concretamente ós que se poden comer acompañados cunha botella de albariño : nécoras, centolas, lumbrigantes etc. …distes animais o noso querido presidente de seguro que, tamén, é un gran defensor.
Quero destacar a formidable labor que o refuxio de animais de Cambados con Olga Costa á cabeza leva a cabo, fago extensible esta felicitación a tódolos refuxios que como o do noso pobo están en contra do exterminio irracional de cans e, convidarvos, a manifestación que o venres dia 21 de setembro terá lugar en Pontevedra, eu por razóns obvias non poderei asistir pero todo meu animo e apoio a tan nobre causa.
Para finalizar, quero contarvos unha anécdota particular (algo que xa empeza a facerse habitual), o pouco tempo de adquirir a miña casa actual, e sobre todo, a raíz dunha oleada de roubos e asaltos a chalets que houbo por esa época en moitas urbanizacións de Barcelona e Catalunya (incluída a miña) por bandas, decidín adoptar un can, para elo acudín a un refuxio de animais ( como o de Cambados), é incrible á intelixencia destes animais, en canto me viron, todos empezaron a ladrar para chamar a miña atención, pois saben que cando entra un descoñecido era para levarse a un deles, finalmente optei por unha preciosa cadela, pastora alemán e pódovos garantir que non hai animais mais agradecidos sempre que chego a casa están esperando no xardín, a veces simplemente para recibir unha caricia, unha palmada no lombo, digo están, porque, posteriormente, tamén recollín un can, (outro pastor alemán), e dende logo para os meus fillos , como para á miña muller e mais eu son dous membros mais da familia e, dende logo é o mellor sistema de alarma (pode dar fe de elo o pobre do meu carteiro).
Feitos como este da canceira retratan un pouco mais que tipo de persoa e o Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra, e só podo dicir que canto mais coñezo a Rafael Louzán mais amo ós meus cans. UN SALUDO A TODOS
Ricardo Domínguez Rey.
“Plataforma contra a masacre de cans en Pontevedra”. Con este contundente nome a maioría de asociacións protectoras de animais se unen para tentar botar abaixo os plans da Deputación de Pontevedra en relación ao centro provincial de recollida de cans. Esta loita comezou precisamente en Cambados, da man da responsable do Refuxio Olga Costa, que leva meses protestando contra o que considera ilegal e inmoral. O vindeiro 21 de Setembro ás 21 horas a Plataforma convoca aos cidadáns interesados a manifestarse fronte a Deputación (Montero Ríos s/n). Seguir lendo
Hai un par de semanas en “A ti, meu Cambados” e baixo este mesmo titulo Xaquín “Chon”, nos presentaba un interesante artigo onde, despois de enumerar toda unha serie de despilfarros por parte do concello, se preguntaba onde estaba a crise para Aragunde e os seus adláteres, porque dende logo algún dos gastos (por non dicir todos) son prescindibles e, sobre todo, algúns son realmente vergonzosos. Dende logo o título dío todo. Polo visto para o Sr. alcalde non existe crise porque senón no se explica a forma estúpida de tirar os cartos. Eu quería engadir a toda esa serie de despropósitos un novo, que humildemente parece vergonzoso, como é a etapa de contrarreloxo da “Vuelta Ciclista a España” que tera lugar no noso amado pobo.
Ante todo deixar ben claro que quen suscribe isto é un gran afeccionado aos deportes en xeral, e ao ciclismo en particular, polo que non vexades na miña crítica aversión algunha contra este grandísimo deporte senón que considero que unha gota máis na política de despilfarro sen fin que caracteriza ao goberno do Sr. Aragunde.
Segundo os datos oficiais estas tres etapas na provincia custarán sobre uns 150.000 euros, aínda que a estes gastos hai que sumar outros propios de cada Concello. En Cambados, por non ir máis lonxe, vaise a instalar un cartel de 30 metros de longo por 6 de ancho a carón da Torre de San Sadurniño e , ademais, unha bicicleta xigante con boias, sobre todo para as tomas aéreas da televisión. Tamén hai que sumar gastos de loxística, seguridade e un longo etc. derivados da propia volta.
Loxicamente para todo este desembolso Aragunde e Louzán, ampáranse na suposta gran promoción que supón a Volta, sobre todo en televisión e que dará moita publicidade ao noso pobo e comarca. Vamos, que despois da etapa do mércores, Cambados vai ser coñecido no mundo e parte do estranxeiro e non imos ter que botar fóra tanto turista coma vai vir (perdoade o meu sarcasmo), ademais falan dun suposto estudo de Unipublic (empresa organizadora da Volta) segundo por cada euro invertido recuperaranse 10 (que van a dicir senón , teñen que venderse).
Por empezar por unha orde, os que somos aficionados ao ciclismo e temos un mínimo de idea de retrasmisions deportivas, sabemos que nas probas de contrarreloxo (coma a deste mércores en Cambados), priman as cámaras no punto de saída e meta, máis cámaras en puntos intermedios (para ir sacando as diferenzas entre os distintos corredores) e finalmente as cámaras en motos, sobre todo para seguir a evolución dos favoritos no traxecto. Digo todo isto porque as imaxes dende o helicóptero quedan nun segundo plano, sendo mais importantes nas etapas en liña, nas cales si son relevantes pois marcan a diferenza visual entre os escapados e o pelotón, entre os distintos grupos etc. É dicir, as mentes brillantes do Concello fixeron unha inversión brutal nun cartel e figura de boias xigante, Para que?, Para unha toma xeral nada máis comezar e rematar a etapa? Ademais son tan rematadamente inútiles que gastan unha animalada no cartel xigante e, enriba, en vez de colocalo nun punto polo que pase a proba para entrar no plano televisivo cada vez que que pase un ciclista por dito punto van, os moi burros, e colócano na zona máis lonxe do pobo con respecto a carreira… dende logo os asesores de Aragunde que lle aconsellaron colocar o cartel na Torre non viron na súa vida unha proba ciclista (polo menos por televisión).
En canto a suposta promoción do noso pobo por saír na televisión, deixádeme que vos dea uns datos correspondentes as tres últimas etapas desta actual Volta e a continuación explícovolos:
Fecha Etapa Audiencia Share
24 agosto Jaca = Alcañiz 1.230.000 espectadores 10 %
25 agosto Lleida = Andorra 1.378.000 espectadores 13 %
26 agosto Andorra = Barcelona 1.156.000 espectadores 10, 7 %
Á vista de estes datos, dicirvos que calquera audiencia inferior de 17 % ou 18% de share considerase moi pobre. Incluso programas de televisión con audiencias superiores a 20 % de share foron retirados da grella televisiva ás dúas ou tres semanas, a título anecdótico dicir que incluso algún capítulo de “ Amar en tiempos revueltos” (que é a serie que ocupa esta franxa horaria o resto do ano) superou con creces estas audiencias.
Non hai que ser moi listo par ver que unha retransmisión deportiva un 29 de agosto (en plena operación retorno para moita xente), cun verán saturado de deporte televisado (primeiro coa Eurocopa de Nacións e despois cos Xogos Olímpicos), tería unha audiencia moi pobre.
Todo isto desmonta a farsa de Aragunde e Louzán en canto a gran promoción televisiva da nosa comarca coa volta ciclista (Aragunde os teus asesores non te han sabido aconsellar), pero que máis dá, pagan os pontevedreses, o Alcalde e o Presidente da Deputación terán, iso si, os seus cinco minutos de gloria.
Por certo dicirvos que o domingo baixei até Barcelona a ver o final de etapa e , dende logo, non vin ningún cartel xigante de 30 metros nin figura de boias no porto olímpico e non creo que sexa porque Barcelona non ten máis recursos que Cambados, ou, quizás, é porque nin o alcalde nin o Presidente da Deputación de Barcelona teñen o afán de protagonismo ou, porque non dicilo, a chulería, que caracteriza a Aragunde e Louzán.
Sinceramente cando vexo a Rajoy e os seus ministros pedíndonos a todos os cidadáns austeridade, pregúntome que pensará un xubilado de Cambados que lle fan pagar as mediciñas, un parado de Arousa que lle van a retirar o subsidio de desemprego ou un funcionario de calquera Concello do Salnés que lle acaban de quitar a paga extra do Nadal. Cando ven coma derrochan os cartos os seus gobernantes e dende logo unha cousa está clara para ser alcalde, ou presidente da Deputación, vale calquer zoquete, até o mais torpe do lugar, Cambados e Pontevedra é unha boa proba disto, outra cosa moi distinta é ser un bo gobernante, un bo dirixente entre os teus cidadáns, sobre todo a hora de ter claro cales son as prioridades.
Un saúdo a todos.
Ricardo Domínguez Rey.
Nas últimas semanas a promoción das etapas que pasan pola comarca foi “in crescendo” até o punto de que a Deputación colocou sinais e faixas por todo o percorrido de La Vuelta, deixando claro a cidadáns e visitantes onde deben acudir os días da cita ciclista se queren vela. Un despregue de medios que en Cambados tamén incluirá unha botella de Albariño xigante na Torre de San Sadurniño e unha bicicleta no mar, para aproveitar a emisión televisada da etapa que comeza na Praza de Fefiñáns o mércores. Seguir lendo
O pasado día 1 de agosto inaugurouse a LX Festa do viño albariño no Paseo da Calzada, e, dende logo, se por algo será recordada esta inauguración, con respecto a moitas das anteriores é polo feito da protesta pacifica, orixinal e exitosa levada a cabo por un grupo numeroso de xente (dende logo moitos máis dos 50 que decia a Policía Local) contra a decisión caprichosa, partidista e caciquil do alcalde de levantarlle unha estatua a unha persoa tan deplorable coma Manuel Fraga.
Ante todo a miña felicitación ós organizadores do acto por unha forma de protesta tan intelixentemente levada, felicitaros a todos ós participantes por non caer nas provocacións dos catro descerebrados de sempre que parece que añoran tempos pasados e non se dan conta que a dictadura hai tempo que acabou e que todos temos dereito a manifestarnos libremente.
Tamén quería aproveitar para destacar dous puntos cando menos curiosos, o primeiro as declaracións posteriores do alcalde nas que, por un lado, chama de folclore propio da festa, ditas manifestacions e por outro lado, e cito textualmente do Faro de Vigo do 2 de agosto : “somos demócratas y todo el mundo tiene derecho a ejercer su libertad de expresión, pero habráa que respetar mas a los bodegueros y los cosecheros”; por empezar por esto último, querido alcalde, tes mais cara que espalda (e iso que ti de espalda vas ben armado), non sexas cínico e deixa de rirte de todo o pobo, ti non tes nin idea do que é ser democrata….. tomas o concello coma si fose a túa finca particular, con decisions propias de alcaldes franquistas e queres darnos clases de democracia, tápate un pouco e deixa de dicir parvadas que se te ve o plumeiro, nos non lle faltamos o respeto nin aos bodegueiros nin aos cosecheiros, en todo caso, faltaríalles ti ao intentar adxudicarlle a eles á auditoría da estatua do teu amado Fraga, a nosa protesta foi pacífica, apolítica (que eu sepa nadie levou nin coreu consignas de ningún partido) e educada (a pesar de que tivemos que aturar a mais de catro dos vosos adlateres).
En canto o do folclore, o único folclore presente na festa do albariño e saber cada ano a que membros e simpatizantes do PP nombraredes cabaleiros e donas do albariño, vos si que habedes politizado a Festa do albariño no voso beneficio e proveito, Luís, aconséllote que aprendas o que é ser realmente ser un demócrata e respecta ós teus veciños que son o fin e o cabo os que tes que servir.
O outro punto que quería destacar é a xa famosa conversa entre Rafael Louzán e Xaquín Charlín “Chon”, cando menos curiosa que como testemuña directa vivín; o primeiro que quero destacar e cara de compunxido que lle poñía Rafael Louzán cando lle decia a Chon que se metía con él dende o seu blog no terreo persoal (eu dende logo non sei de onde sacou iso), e que tamén que estaba disposto a tomar un café cando quixese para falar, sinceramente, eu, debo felicitar a Rafa Louzán polo bo actor que é pois se por algo se caracteriza o PP en xeral e, sobre todo, en particular (e mais en Cambados), é pola falta de dialogo (acaso Luís Aragunde chamou ó PSOE e ao BNG para dialogar sobre a conveniencia de levantarlle unha estatua a Fraga), persoalmente penso que tanto Louzan como Touris ou Aragunde están tan acostumbrados a ter os catro pelotas de turno o seu redor que non se dan conta que a vida politica consiste precisamente en iso, en que cando non o fas ben (e por desgracia no seu caso ocorre moitas veces) é lexítimo criticalos, persoalmente Xaquín (coma eu) non criticamos o Rafael Louzán persoa senon exclusivamente o Rafael Louzan político (e dende logo nese eido hai moito que rascar); Rafael douche o mesmo consello que Luís, sede mais humildes e non vos miredes tanto ó ombligo.
Para finalizar e dado que estamos falando de homenaxes, e xa que saleu o tema, felicitar a Xaquin “Chon” e a Oscar Pardo Planas polos seus blogs, para que segan a ser unhas “moscas cojoneras” que polo visto para algo serve e que dende logo sempre contaran con meu humilde apoio.
DISFRUTADE DO ALBARIÑO E SAUDOS
Ricardo Domínguez Rey.
O Refuxio de Animais de Cambados entra na fase final de recollida de sinaturas para defender a concesión das instalacións comarcais que finalmente serán outorgadas pola Deputación de Pontevedra. Seguir lendo
Logo de que se re-inaugurara a sede da Asociación Cultural de Cambados este fin de semana, o tema da obra volve á actualidade política da vila. No último pleno do ano de mañá xoves o líder da oposición, Víctor Caamaño, referirase a esta cuestión. Primeiro, para emitir a súa queixa porque non se convidara ao acto de apertura aos representantes dos demais partidos políticos. Engade Víctor que desde o BNG non entenden máis unha vez esta actuación sectaria, por moito que o Bloque criticara a desproporcionada inversión nunha asociación privada cando as Administracións Galegas descuidan en Cambados temas prioritarios como os servizos sociais. Seguir lendo
A reforma da Cultural adquiriu onte o matiz máis personalista coa re-inauguración da nova sede. Unha inauguración na que tomaron parte o presidente da Asociación, Luís Somoza, o Presidente da Deputación (institución que financiou cun millón de euros a obra), Rafael Louzán, o alcalde Luís Aragunde, o delegado da Xunta Cores Tourís e e deputada do PP Rosa Oubiña. Seguir lendo
Cada ano por Nadal, como si do anuncio do “almendro” se tratara, aparécenos na prensa o Xerente de Esperanza Salnés Augusto Chaves, para dicirnos que as subvencións esgótanse e se non chegan fondos por algunha vía a asociación terá que pechar as súas portas no prazo de dous meses. Augusto Chaves, que, como noutras ocasións, viuse obrigado a recorrer aos medios de comunicación para dar un «toque de atención» á Administración. Non ha tardar moito en aparecer o Rei Midas “Louzán” en escena e o seu lacallo Luís Aragunde amigo de Augusto, para facer entrega dentro dunhas datas a Esperanza Salnés dun cheque por non sei cantos cartos, aparecendo Louzán novamente como “salvador” de Esperanza.
É unha película que lamentablemente se repite cada ano. A min gustariame ver a Augusto Chaves, do cal eu non poño en dúbida para nada a súa valía nin tampouco o seu traballo e non son quen, poñer os políticos no seu sitio so me lembro que nunha ocasión Augusto criticou os políticos concretamente a Xunta de Galicia cando lle deron no 2007 catro mil euros, da parte de vicepresidencia naquela nas mans do BNG, a mesma cantidade que lle dou este ano a xunta do PP, pero claro era o bipartito e entón non lle doeron prendas en criticalos, e agora que o PP vólveo a ter abandonado porque non critica Augusto tamén a situación.
Porque Augusto non critica que se lle concedan un millón de euros a unha entidade privada como a Sociedade Cultural que atende 399 socios e maioría deles xubilados e en troques ten abandonada a Esperanza Salnés, e sempre a espera de recibir unha misera subvención ou apartacións de particulares como o famoso calendario. Augusto non pode facer iso porque definiuse politicamente o apoiar sen ningún xénero de dúbidas a candidatura de Luís Aragunde o saír no seu vídeo promocional nas pasadas eleccións locais. Augusto non pode criticar a quen admira ainda que este o faga mal é o prezo de apoiar publicamente unha candidatura cando eres o Xerente dunha entidade que en principio debe ser apolítica. Eu coido que as administracións debían de coller dunha vez o toro polos cornos e deixar estabilizada dunha vez por sempre a situación de Esperanza Salnés de deixarse de sacar cada ano unha foto como salvadores de asociación.
Podes ler todos os artigos sobre Esperanza Salnés publicados en CTK nos últimos anos premendo aquí.
Tamén podes seguilo no seu blog, A ti meu Cambados
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, respondeu ao email no que trasladamos as vosas propostas verquidas na Mini Enquisa de CTK en relación ao gasto de un millón de euros na reforma da sede dunha sociedade privada como a Cultural. O email foi enviado a través do servizo O Presidente respóndeche nun prazo máximo de 10 días (que é de xustiza dicir que funciona) e nel, amosábaselle a Louzan a sua disconformidade coa inversión de “cartos de todos en beneficio dunha agrupación privada” , especialmente “cando vostede (por Louzán) e membros do seu partido político pregonan día si día tamén a necesidade dunha suposta austeridade”. Seguir lendo