//
arquivo

economía

This tag is associated with 40 posts

O cambadés Lois Baúlo sácase a roupa en Novagalicia Banco e no Concello para reclamar os cartos das preferentes que lle roubaron


Imaxe de La Voz de Galicia

Lois Baúlo no Concello de Cambados | Martina Miser, La Voz

Este acto de protesta tivo lugar durante a mañá de hoxe. Primeiro, sucedeu na oficina de Novagalicia Banco de Corbillón, lugar onde reside o veciño Lois Baúlo. Logo, realizou a mesma acción nas dependencias do Concello de Cambados. A carón del, un cartel explicativo do seu caso: as preferentes leváronlle os máis de sesenta mil euros que cobrara como indemnización tras un accidente de tráfico que o deixou cunha discapacidade psíquica do 55%. Ten dous fillos, unha hipoteca, e a muller está no paro. A súa situación revela o que xa sabiamos: a desvergoña dos responsables deste expolio aos pequenos aforradores (que non inversores) do noso país, xa que moitos foron enganados e/ou abusouse da confianza que lle tiñan aos traballadores da súa sucursal. No Concello de Cambados, segundo La Voz de Galicia, foi desaloxado pola Policía Local (cuxas dependencias se atopan no mesmo edificio).

Dase a casualidade de que Baúlo foi o veciño ao que o Concello multou en Setembro por eliminar nas proximidades da súa casa unha especie vexetal invasora (as coñecidas como herbas da Pampa). Lois advertíralle en tres ocasións ao alcalde da perigosidade para o medio desta especie, sen que o alcalde tomara cartas no asunto. Foi entón cando se encargou de segalas el mesmo e recibiu por elo unha sanción económica de oitenta euros.

APOIAR A LOITA DAS PREFERENTES

Desde este humilde espazo, lanzar unha mensaxe de solidariedade cara este veciño e cara todos os que está a sufrir as consecuencias desta estafa masiva. Cómpre involucrarse con eles na reclamación dunha solución xusta. En Gondomar, afectados das preferentes iniciaron hai días un encerro nun caixeiro da entidade bancaria, ao que se sumaron hoxe deputados de Alternativa Galega de Esquerda, entre eles o propio Beiras.

O Bloque presenta unha moción sobre Alfageme


Unha das protestas das traballadoras | Ballesteros, La Voz

O conflito de Alfageme está na recta final e dá (lamentablemente) moitísimo do que falar. Nos últimos días o enfado das traballadoras foi monumental ao coñecer que o Igape declaraba deserto o concurso pola empresa, ao que concorreran tres empresas. Segundo a Xunta ningunha dela cumpría cos requisitos demandados, aínda que unha (El Consorcio) declaraba na prensa que iso non era certo. Descartado o concurso, o seguinte paso é a subasta xudicial por lotes, tanto das plantas industriais como das marcas. Esta saída non asegura nin moito menos a continuidade do proxecto e dos 150 postos de traballo. Os sindicatos cren que o conselleiro de Industria é culpábel da situación e mesmo ameazaron con presentarlle unha querela por prevaricación, xa que consideran que está a incurrir neste delito segundo eles pola total falta de decisión para resolver este conflito.

O BNG de Cambados levará ao pleno da Corporación deste Nadal unha moción na que pide aos Concellos da comarca que se impliquen para evitar a especulación cos terreos onde se atopa a empresa. Solicítanlles expresamente que non recalifiquen estes terreos. Por outra banda o BNG quere que o pleno de Cambados acorde esixir a demisión de todos os cargos políticos implicados neste proceso, moi especialmente do conselleiro de Industria.

Alfageme, a piques de ser vendida por lotes


Moi triste está a ser o desenlace da loita das traballadoras de Alfageme por un futuro para os postos de traballo. Levan anos nesta batalla, acelerada nos últimos meses pola ameaza da saída a subasta por lotes da empresa e da marca, unha opción que non garante -senón máis ben todo o contrario- un plan industrial que salvagarde os cento cincuenta postos de traballo. Seguir lendo

Dous plenos nunha xornada: Salvador Cores “Manso” homenaxeado e polémica por gravar os plenos


A sesión plenaria do mes de Outubro pasaría sen pena nin gloria de non ser por dúas cuestións. Unha, a polémica aberta polos concelleiros do PP e que rematou por facer que o Alcalde interrumpira o debate para lembrarlle ao público que non podía gravar o pleno; a outra, as contestacións pendentes sobre o caso Pinal da Maza e que Aragunde estaba esquivando desde hai meses. Estes dous temas especiais publicaranse aparte pola imposibilidade de facer unha entrada asequible na lonxitude, neste artigo imos cos temas menos “polémicos”.

En primeiro lugar celebrouse un breve pleno extraordinario no cal se designou fillo predilecto a Salvador Cores “Manso”. Os grupos da oposición (BNG e PSOE), apoiaron a moción, pero Seguir lendo

O BNG solicita un pleno extraordinario por Alfageme


O voceiro do BNG puxo de manifesto hoxe que nos últimos días se sucederon diferentes informacións na prensa sobre a empresa Alfageme, arraigada en Cambados e que garda relacións con veciñas e veciños do Concello. Víctor Caamaño cre que as novas informacións non van polo camiño da  resolución aprobada por unanimidade dos tres grupos hai uns meses, e por iso pide que se celebre un pleno especial para debater o novo posicionamento ante este problema.

Por fin unidade sindical: o xoves á rúa en contra dos recortes ao pobo


Xa había demasiados meses nos que a unidade sindical era por moitos reclamada e seguía facéndose de rogar. Nuns tempos tan críticos como os que estamos a vivir, coa maioría social asoballada polo poder financeiro e os seus apéndices políticos, só era de recibo unha resposta en bloque na rúa. Iso exactamente é o que acontecerá o xoves 19 de Xullo nas rúas de todo o país. Na nosa comarca a marcha terá lugar en Vilagarcía de Arousa desde a Casa do Mar ás 21 horas. Seguir lendo

Protesta polas preferentes no local de NovaGalicia Banco en Cambados


Hoxe pola mañá un numeroso grupo de afectados polo tema das preferentes participou no noso Concello nunha protesta ás portas do local de NCG Banco. Precisamente hoxe coñeceuse a presentación dunha querela colectiva no Xulgado d’A Coruña contra Novagalicia Banco pola venda dun “produto tóxico” como foron as preferentes e as obrigas perpetuas.As protestas en sedes desta entidade sucédense por todo o país, chegando nalgún caso a causar enfrontamentos coa policía e obrigando a fechar ao público as instalacións. As súas críticas céntranse nos responsábeis das Caixas e nos gobernos de Madrid e Galego, aos que piden moita máis implicación na súa defensa. Seguir lendo

Un ano de Aragunde. O paro medra máis en Cambados


Xa vai alá máis de un ano en que os cambadeses votamos por última vez. Luís Aragunde fíxose co bastón de mando do Concello cun elevado apoio que o levaron a gobernar con maioría absoluta. Nestes días nos que falamos moito de estatuas, é preciso tamén poñer a vista no que máis importa. O Partido Popular presentouse ás eleccións municipais coa promesa estrela de traballar para loitar contra o desemprego. Os datos un ano máis tarde amosan pouca efectividade, máis ben nula. Seguir lendo

O PP aproba en solitario os Orzamentos


Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis  cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo

Orzamentos 2012, consúmase a suba de impostos en Cambados


No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.