//
arquivo

economía

This tag is associated with 40 posts

O paro segue á alza n’O Salnés e Cambados ocupa o terceiro lugar da comarca


O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol. Seguir lendo

O padrenuestro


O “Padrenuestro” que eu aprendín de nena era en castelán e dicía así: “perdónanos nuestras deudas así como nosotros perdonamos a nuestros deudores”, pero fai uns cantos anos a xerarquía católica decidiu cambiar este fragmento, só este, que agora di: “perdona nuestras ofensas así como nosotros perdonamos a los que nos ofenden”, non entendín moi ben o porqué da modificación, parecía un cambio pouco sustancial. Pero vista a situación actual, con esta crise endiañada que estamos vivindo semella que cobra sentido. É como se eles intuíran o que ía pasar, porque os poderosos que nos dirixen teñen a determinación de que paguemos todo o que se debe e a quen se lle debe: a Banca, custe o que custe e a costa de todos nós.

Lembrade a reforma express que se fixo na nosa Constitución. Consistiu basicamente en anular o anterior artigo 135 e substituílo por un novo, máis extenso e preciso e no que se di expresamente no apartado 3, o seguinte: “Los créditos para satisfacer los intereses y el capital de la deuda pública de las Administraciones se entenderán siempre incluidos en el estado de gastos de sus presupuestos y su pago gozará de prioridad absoluta”.

É dicir que antes de pagar as pensións, o paro a sanidade ou a educación haberá que pagar prioritariamente o que se debe. Sábeno ben os gregos, e o suicidio  na Praza Sintagma de Atenas, dun xubilado desesperado polas débedas é unha metáfora do suicidio colectivo cara o que nos diriximos.

Os presupostos xerais do Estado que se acaban de anunciar, bendicidos dende Bruxelas, van nesta liña, o primeiro é reducir o déficit e calquera é capaz de entender que unha economía non depende só do que gasta senón tamén do que ingresa, polo que se o país segue sumido na depresión, anque gastemos menos o obxectivo de déficit non se cumprirá. Supostamente son os mercados os que nos piden estes sacrificios para confiar en nós e son eles mesmos, xusto despois de coñecelos os que subiron a prima de risco por riba dos 400 puntos, porque tampouco se fían da nosa recuperación económica, en fin unha espiral absurda.

Pero nin a reforma laboral nin a redución do déficit son por si sós capaces de sacarnos deste pozo, a raíz do problema, o din os economistas sensatos e moitos empresarios, está na falla de financiación. O diñeiro non chega a empresas e particulares. O BCE prestou miles de millóns de euros aos bancos a baixo xuros coa esperanza de que chegase a empresarios e familias, pero non, os bancos preferiron investilo en débeda pública ou volver a depositalo de novo no BCE. Eses mesmos bancos que fai cinco anos dábanlle créditos a calquera sen apenas avais, para mercar casa, coches, viaxes… hoxe non se fían de ninguén. Ás veces semella que a economía é bipolar, pasamos da fartura á fame, da euforia á depresión. E asáltanme varias preguntas: por que se deixa caír Spanair e se salva a CAM?,  por que non pode prestar directamente, sen intermediarios, o propio BCE?. Por que  se presta aos bancos a 3 anos e a un 1% de xuro e  sen garantías (pese á difícil situación de moitos bancos) e non ás nosas empresas?.Parece ser que Merkel e unha cláusula absurda o impiden. Ou non tan absurda, trátase en definitiva de evitar que asuma as funcións da banca privada; se descubrimos que un banco público pode prestarnos diñeiro directamente, para que necesitamos aos  bancos privados?. Algo disto fixeron os cidadáns islandeses para desatascar a súa situación, e non lles vai nada mal.

Mentres tanto aos cidadáns só nos queda rezar para que a situación mellore. Xa o dicía Inaki Gabilondo nunha das súas crónicas en vídeo, crer que a reforma laboral vai solucionar o paro é cuestión de fe. Rezade por favor co “vello padrenuestro”. Poder ser máis eficaz.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.

Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

29M Folga | Greve


Durante o xoves 29 de Marzo está convocada unha Folga Xeral para tentar parar a Reforma Laboral que o Goberno Central, en mans do Partido Popular, quere aprobar. Aínda que nun comezo esta xornada de protesta estaba convocada nas nacións do Estado polas centrais nacionalistas (en Galiza foi CIG a impulsora) finalmente a greve vivirase en toda España ao sumarse tamén os sindicatos estatais UXT e CCOO. Seguir lendo

Alfageme, un exemplo de loita


As traballadoras de Alfageme, que protagonizaron durante hai meses unha dura loita polos seus dereitos e os seus postos de traballo, foron obxecto do recoñecemento da CIG a través dun premio outorgado con motivo do 10 de Marzo, día da Clase Obreira Galega. Para ese momento produciuse este vídeo documental que resume a loita, que tamén na comarca, desenvolveron desde Alfageme.

O paro segue a subir en Cambados


Segundo informaba Cambadosweb nos últimos días, o paro incrementouse en Cambados en 65 persoas ao peche do pasado mes de Xaneiro respecto o mes anterior. Estes datos son oficiais, do Instituto Galego  de Estatística.
Cambados xa suma 1.694 desempregados. En Xaneiro do ano pasado esta cifra era de 1.513, así que a diferenza nun ano é de 181 cambadeses (un incremento de case o 12%).

O BNG pide a retirada da suba do IBI


O voceiro do Bloque en Cambados, Víctor Caamaño, presentou hai uns días unha moción para debate no Pleno da Corporación na que se pide a retirada da suba do IBI estabelecida polo Real Decreto 20/2011. En concreto, en Cambados a suba será para este 2012 será dun 10% para todos os inmobles de uso residencial. O BNG pensa que esta suba é, ademais, unha inxerencia do Goberno Central na autonomía financeira dos Concellos, e é dobremente inxusta posto que moitos deles (como o de Cambados) xa aprobaran subas nas taxas e impostos locais para facer fronte á crise; e agora verán tamén incrementado o Imposto de Bens Inmobles.
A dúbida é que votará o grupo do PP ante esta moción, xa que a pesar de foi o seu partido en Madrid quen aprobou esta suba, Aragunde manifestara hai tan só tres meses que non estaba a favor do incremento. 

O conflito de Alfageme podería resolverse pronto


Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo. Seguir lendo

Aragunde asegura que a gardería non se encarecerá


O alcalde de Cambados zanxou así o debate que se vén producindo hai días sobre a suba de prezos tamén nas garderías. As que dependen directamente da Xunta (por exemplo as antigas Galescolas, agora Galiñas Azuis)  si verán aumentadas as súas tarifas este ano, en concreto no mes de Setembro. Respecto ás municipais, son os gobernos locais quen deciden sobre o asunto. Seguir lendo

A prima de Risco


Temos un amigo en Ourense que se chama Risco, en realidade chámase Luís Martínez-Risco (si, é parente de Vicente), pero con ese apelido tan famoso e sonoro todo o mundo lle chama Risco ou dito en ourensán “O Risco”. Comentábanos Ana, a súa muller que ultimamente o chiste que todo o mundo lle fai é preguntarlle “pola prima de Risco” ao que Ana responde sempre que a prima do Risco está fenomenal.

Pero do que vos quero falar hoxe é da “prima de riesgo”, mirade no enlace que puxen á Wikipedia o que é, así aforro explicalo (se alguén a estas alturas aínda non o sabe). Pois o xoves os xornais dábannos unha boa noticia sobre a situación económica! Nas poxas de débeda do Estado español e italiano houbera moita demanda e polo tanto pagáronse menos xuros polos bonos, co conseguinte alivio para as finanzas destes países (e para os seus cidadáns que son en realidade os que os pagan cos seus impostos). A prima de risco baixou. Pero a felicidade dura pouco na casa do pobre porque ao día seguinte a axencia cualificadora (máis ben descualificadora) Standard and Poors decidiu baixarlle a nota de solvencia á débeda de Francia e outros países europeos, incluída España, isto supuxo inmediatamente a subida da prima de risco. Eu sei que son moi mal pensada, e como boa galega, desconfiada, pero se isto non é un complot, parécese moito.

Na miña opinión esta nova cualificación desta dubidosa axencia (a mesma que daba a máxima nota no 2008 ás hipotecas lixo que provocaron a crise) responde a un dobre obxectivo. Por un lado debilita a Sarkozy, que vai ter eleccións pronto. O presidente francés foi o único político que parecía estar disposto a sacar adiante un imposto ás transaccións financeiras internacionais (“Taxa Tobin”) tan necesaria contra os especuladores, e lembrade que foi el tamén o que falou de “refundar o capitalismo” que debeu de asustar a máis de un. E por outro lado permite volver a ter agarrada polo pescozo á economía da Europa máis feble, facéndolle pagar máis xuros pola débeda, para enriquecer os petos de banqueiros e especuladores e de paso atemorizar aos seus gobernos poñéndoos ante o abismo da creba para que non lles trema o pulso á hora de facer reformas contra os seus propios cidadáns. É significativo que a propia axencia lanzase ao mesmo tempo unha ameaza a Rajoy para que sacase xa adiante a reforma laboral, so pena de novas rebaixas; non vos parece escandaloso que se pasen a soberanía dun país por aí, xusto por aí!

Remato aconsellando aos cidadáns europeos (como fixen no meu blog O Umia) que saquemos os aforros dos bancos e os invistamos en débeda pública, onde non están menos seguros, deste xeito poderíamos facer baixar a prima de risco e colaborar a afastarrnos do abismo. A Standard and Poors, nin caso, e lembrade que a prima do Risco, está fenomenal.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

“E vai subir o IBI? -Non é o momento”. Luís Aragunde na Voz o 1/10/2011


O IBI subirá despois de décadas en Cambados. O Imposto sobre Bens Inmobles que recaudan os Concellos sufrirá unha suba xa neste 2012 a raíz da súa aprobación en Consello de Ministros polo Goberno de Mariano Rajoy. Nunha entrevista de hai tres meses, Luís Aragunde era preguntado por esta suba e afirmaba que ” Non é o momento (…) se alguén vai subir o IBI debería facer unha suba progresiva e mínima para non afectar á economía das familias”. Continúa. Seguir lendo

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.