//
arquivo

Eleccións Xerais 11

This tag is associated with 14 posts

Vén o inverno


Comeza a campaña electoral de verdade. Por fin. Porque xa levamos meses en campaña, levamos meses escoitando ao partido da oposición reclamar eleccións e agora, estarán contentos, xa as teñen aquí. E parece que van arrasar.

É curioso, por certo, comprobar como conforme se acerca o día aquelas proclamas de “imos resolver a crise co cambio de goberno” vanse atenuando e convertíndose en “a cousa está mal, a recuperación será lenta”. E iso xa o sabíamos.

Pero especialmente se temos en conta que as propostas do PP (as que intuimos, porque por desgraza non soltan prenda) e as iniciativas do goberno do PSOE nos últimos tempos non difiren dun xeito significativo. Ambos apostan ou apostaron por reducir o gasto público (algún, o que mantén plusvalías e insitucións tan inútiles como Senado ou Deputacións mantéñeno) e recortar dereitos para a maioría social. Isto, nun momento en que todos coincidimos en que a economía está estancada non permite impulsala.

¿Acaso non sería o momento en que, de xeito responsábel, o goberno empregara as ferramentas das que dispón para reactivar a economía? Eu penso que nestes meses se comprobou, e non só en España, que a política de recortes non só é inxusta, senón que ademais está fracasando estrepitosamente. E o caso máis claro está aquí, en Galiza, onde temos un goberno que se inhibiu de tomar decisións de carácter económico e de emprego e disparou a taxa de paro con respecto ao bipartito.

Vivimos unhas eleccións nas que a esquerda perdeu a esperanza. Perdeuna “grazas” aos últimos catro anos dun goberno que se dicía de esquerdas, se supoñía de centro-esquerdas e rematou por ser de centro-dereita. Os votantes dese partido maioritario quedaron coa boca aberta e por desgraza, neste país o sistema bipartidista calou xa fondo e semella que cando A o fai mal votamos a B, e cando B o fai mal votamos outra vez a A. Cando o intentaremos con C, D, E..? Certo é ,si, que o sistema beneficia a PSOE e PP e temos que reclamar que se poña fin a esa inxustiza.

Pero hai alternativa. Tocan tempos de mobilización, non só nas urnas, á cidadanía correspóndelle tomar outra vez a iniciativa para recuperar a ilusión e gobernos ao servizo da mesma e non dos poderes económicos. Non podemos permitir que se poña fin ao estado do benestar porque entón seguiremos construindo un país máis inxusto e egoísta. Temos que impedir que a avaricia dos bancos e especuladores remate por danar sanidade, ensino e servizos sociais.

En Galiza por fortuna contamos coa opción C, cunha alternativa galega e de esquerdas. Con deputados que si dan a cara en Madrid e non se limitan a quentar o escano senón que apostan non só por loitar polos intereses dos galegos senón dunha maioría social en todo o Estado. É a nosa responsabilidade primar a eses políticos que son a excepción á regra e que non teñen máis interese que o da maioría. Non vale só con queixarse se non tentamos, polo menos, facer o máximo que nos permiten cada catro anos. Votar.

Chegou o frío ao lugar desde onde escribo, a neve. Mais o auténtico inverno avecíñase en Galiza. En España. Preparémonos, pode ser longo, de nós depende.

Óscar Pardo Planas. Preme aquí para ver todos os seus artigos.


O BNG celebra un mitin este venres


O Bloque Nacionalista Galego de Cambados convida á cidadanía ao seu mitin preelectoral deste venres 28 de Outubro. Trátase dun acto público no Auditorio da Xuventude no que participarán o portavoz municipal Víctor Caamaño, o candidato ao Congreso Duarte Correa, o voceiro nacional do Bloque Guillerme Vázquez e a candidata nº1 ao Congreso por Pontevedra e actual deputada Olaia Fernández Davila. Comezará arredor das 21 horas.

A Xunta Electoral conclúe que a visita de Tourís á Cultural foi irregular


A Xunta Electoral de Zona de Cambados deu a razón ao BNG na denuncia presentada onte pola visita do delegado da Xunta, Cores Tourís ás obras de reforma que se levan a cabo na Cultural. Sobre a mesma,a Xunta Electoral declara que “constituye una actividad durante el periodo electoral de las prohibidas ” pola Lei, xa que segundo a XEZ trátase dunha “actividad financiada por un poder público y que contiene alusiones a los logros obtenidos por el mismo”, algo expresamente ilegal en tempo preelectoral. Seguir lendo

O BNG denuncia ante a Xunta Electoral a visita á Cultural de Cores Tourís


O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe unha queixa ante a Xunta Electoral de Zona de Cambados para denunciar a visita de Cores Tourís ás obras da Sociedade Cultural de Cambados.  Desde o BNG sinalan que o delegado da Xunta acudiu acompañado por diferentes autoridades membros do PP (sen ir máis lonxe, o alcalde estaba presente). Seguir lendo

Nas redes sociais

Maio 2021
L M M X V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.