Se hai días se desconvocaba unha reunión da denominada Asemblea Nacionalista de Arousa por coincidir co 15M, agora xa hai nova data para o encontro. Será o vindeiro sábado 26 de Maio ás 19 horas no Salón de Peña de Cambados. Na xuntanza (aberta a todos os interesados nun novo proxecto nacional e progresista) darase información sobre os pasos que se están a dar para a creación do novo referente político, e debatiranse diversos puntos sobre a estruturación comarcal e local e sobre o traballo a realizar. Tamén se prevé que se elixa unha xestora comarcal. Seguir lendo
A denominada Asemblea Nacionalista d’O Salnés, que reune a ex militantes e simpatizantes do Bloque e persoas que se incorporan á política agora, vai celebrar a súa segunda xuntanza. Aínda que a data inicialmente prevista ( e aquí anunciada) era o vindeiro sábado, finalmente non se desenvolverá até o 25 ou 26 por coincidir coa conmemoración do primeiro ano do 15M. Seguir lendo
O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.
Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas. Seguir lendo
Durante esta fin de semana tivo lugar en Ribadumia un Encontro Aberto organizado polo Encontro Irmandiño para comezar a traballar nas bases do que debe ser o Novo Proxecto Común. No acto participaron máis de medio cento de persoas, entre as que se contaba algunhas caras coñecidas do nacionalismo comarcal, como Francisco Trigo ou Ernesto Falcón de Cambados, Manuel e Antón Mascato e Xose Manuel Domínguez d’O Grove, ou o propio Ramón Mouriño de Ribadumia. Seguir lendo
O Encontro Irmandiño d’O Salnés convoca a todas as persoas interesadas, aos “cidadáns e cidadás do común, que sintan e amen o noso país, a participar democraticamente na creación deste novo referente político”. Trátase de construir este novo ente desde abaixo, co obxectivo de “sumar”, cos centros de gravidade na defensa das maiorías sociais e da nosa terra. Seguir lendo
Os militantes do Encontro Irmandiño do Salnés xa formalizaron as súas baixas no BNG. Algúns fixérono hai días (caso do cambadés Francisco Trigo), outros fixérono onte (como o veciño de Ribadumia Ramón Mouriño) e algúns aínda agardan a que Máis Galiza tome a súa decisión sobre a permanencia no Bloque nesta vindeira semana.
Así e todo, os membros do Encontro non marchan do BNG para ir á casa. Tratan agora de iniciar contactos para crear un novo proxecto político que teña como centro de gravidade a esquerda e a nación galega como suxeito político. Un proxecto integrador, con vocación de sumar e construir, aberto á cidadanía, conectado cos movementos sociais e con clara intención transformadora. Seguir lendo
O ex deputado Francisco Trigo Durán concedeu unha entrevista a La Voz de Arousa que foi publicada no día de onte e na que dá a súa opinión sobre o sucedido no Bloque Nacionalista Galego nas últimas semanas. Trigo xa renunciou oficialmente a militar nesta organización, á que pertencía desde hai décadas, logo de que o Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras decidira abandonar o BNG. Seguir lendo
O líder nacionalista Xosé Manuel Beiras compareceu a semana pasada no Canal Rías Baixas (TeleSalnés) para atender ás preguntas do programa Pleno Aberto. A maioría delas centráronse na saída do Encontro Irmandiño do BNG logo da asemblea que esta corrente celebrou a semana pasada. Beiras dixo que para unha parte importante do Encontro esta fora unha situación difícil, posto que moitos dos militantes que marchan participaron no BNG desde a súa fundación, pero que era imprescindible porque a rexeneración da fronte non era posible. Agora queren sumar forzas con outras organizacións tanto de dentro como de fora do Bloque para crear un “novo proxecto común”. Seguir lendo