Episodio Piloto – Fefiñáns, Guatemala. Primeira entrega deste novo proxecto. Despois dunha breve introdución sobre CTKast, entramos de cheo no tema central; a peonalización (ou non) da Praza de Fefiñáns. Repasamos a polémica do mes pasado xerada entorno a pechar ao tráfico a Praza durante a Semana Santa e a crise de goberno asociada. Para afondar no tema de fondo, a peonalización, falamos con Iago Pillado Losada, un dos promotores da páxina de Facebook “Peonalización da Praza de Fefiñáns”. Para rematar, conversamos con Manuel Silva Rey, cambadés que leva xa tres anos na Cidade de Guatemala. Ao final do programa escoitamos un tema musical moi especial.
Podes escoitar este capítulo empregando o reprodutor que aparece enriba, ou tamén podes descargar o audio e escoitalo no dispositivo da túa preferencia cando teñas tempo libre seguindo este enlace. Non dubides en deixar comentarios coas impresións, críticas e ideas…tanto aquí como no Facebook ou Twitter.
O Bloque Nacionalista Galego de Cambados presentou alegacións á declaración como Ben de Interese Cultural de Fefiñáns. Certo é que a declaración da Xunta recolle a protección do Pazo e da Igrexa de San Bieito e estabelece un perímetro de protección, pero esquece un elemento moi importante a xuízo dos nacionalistas: a propia Praza. O BNG lembra que esa praza está atravesada por unha estrada (a PO-550) e este uso fai que o pavimento empedrado estea moi deteriorado, e que o tráfico tamén podería afectar á conservación dos edificios agora protexidos. O BNG entende que unha das peculiaridades do Pazo de Fefiñáns fronte a outros pazos galegos é o carácter urbano que lle dá a praza, e non entenden como non sei inclúe na declaración. Os nacionalistas sempre defenderon a peonalización deste espazo cambadés.
A Xunta de Galicia publicou no DOG a pasada semana a declaración do Pazo de Fefiñáns e da Igrexa de San Bieito como Ben de Interese Cultural (BIC). Esta declaración, da que xa dispón o casco histórico-artístico desde 2001, suporá un maior grao de protección non só aos dous edificios senón ao entorno, e abre a porta a que os cidadáns poidan visitar o Pazo nun horario que deberá ser agora ditaminado. Unha das melloras que se plantexan nos arredores é a total eliminación de cableado eléctrico e outra que non se menciona estes días nos xornais, pero que é totalmente necesaria, é a peonalización da Praza. Se xa non tiña pés nin cabeza que pasaran os coches pola praza, moito menos sentido ten que pasen entre dous edificios da importancia de Fefiñáns e San Bieito hoxe considerados BIC.
O barrio de Fefiñáns está hoxe de noraboa, xa que se acaba de recuperar o curceiro que fora esnaquizado durante o pasado febreiro por unha elevadora. Seguir lendo
Unha nova moi esperada e tamén moi repetida sen até o de agora resultados, é a de soterrar o cableado eléctrico da Praza de Fefiñáns e arredores. Parece que chegou o momento, no cal o Concello cunha subvención europea vai acometer unha inversión que ademais de mellorar o entorno fará o propio respecto a calidade da rede eléctrica. Seguir lendo
Recollíao La Voz de Arousa, e facíase eco tamén Cambadosweb nun artigo. Aragunde sacou o tema na constitución da Mesa Local do Comercio, pero en contra do que moitos esperamos, a súa declaración foi máis unha vez contraria ao peche da praza ao tráfico. Escudouse precisamente na suposta negativa dos comerciantes da zona en realizar dita acción. Seguir lendo
Así o publicou onte o Diario Oficial de Galiza (DOG) [podes descargar o documento pdf aquí]. A Consellería de Cultura e Turismo incoa o expediente para a declaración de BIC ao Pazo de Fefiñáns que afectará aos arredores da Praza que leva o mesmo nome.
Segundo a propia exposición de motivos do DOG o obxectivo é “protexer a súa contorna ante calquera alteración das condicións existentes na súa percepción, así como intentar preservar o carácter do que o rodea protexer a súa contorna ante calquera alteración das condicións existentes na súa percepción, así como intentar preservar o carácter do que o rodea”.
A pregunta que calquera cidadán de Cambados cabe facerse agora é…servirá a declaración como BIC do Pazo para conseguir que a Praza sexa por fin peonalizada? O mesmo se preguntaba hoxe Xurxo Melchor desde un acertado artigo das páxinas de La Voz de Arousa.
Aínda que Luis Aragunde concorreu ás eleccións coa mesma teima de sempre do Partido Popular: peonalización non (continuando coa cabezonería que só poden xustificar porque a proposta partiu e é irrenunciable para o BNG). O que está claro é que esta declaración da Consellería é outra mostra máis de que Fefiñáns será peonil porque é unha proposta boa, para turismo e cambadeses; e sobre todo porque é racional.
O xornal comarcal publica hoxe unha extensa nova na que se reflicte a pequena polémica xerada no barrio do Pombal arredor desta praza de minusválidos ilegal.
Segundo a información nova que aporta a xornalista do Diario, a Policía Local xa tería tomado acta do sucedido e o Concello informou que a instalación da rampa e dos pivotes non foi cousa súa. Ademais, sinalan tamén que o autor desta obra podería ter que afrontar unha sanción económica e asumir os custos da devolución da rúa ao seu estado orixinal.
Se isto é así, parabéns ao Concello pola actuación. Non é de recibo que un veciño libremente instale calquera tipo de atranco na vía pública.
Podes ler aquí a nova completa do Diario
Continúa a campaña en internet do Bloque Nacionalista Galego de cara as eleccións locais de Maio. Se a pasada semana se publicaba en Youtube un vídeo presentando o primeiro tramo da candidatura, agora comeza a rolda das propostas en vídeo coa tradicional reclamación do Bloque dunha Praza de Fefiñáns para os peóns.
Desde o BNG consideran que pechar a Praza ao tráfico, xunto con medidas para impulsar o comercio e a correcta regulación do tráfico e do aparcamento, podería ser moi beneficioso para os veciños e veciñas. Iso sen contar coa mellora na calidade de vida que leva asociada toda peonalización.
No vídeo intervén Iago Pillado, impulsor da última iniciativa pro-peonalización (podes ler máis información desta campaña premendo aquí) e o candidato á alcaldía, Víctor Caamaño, quen repasa as accións do Bloque ao longo dos últimos vinte anos pola peonalización da Praza e lembra que o BNG levará este tema no programa de goberno nas eleccións de Maio.