Un veciño do barrio de Fefiñáns, Jordi Martínez, presentou esta mañá por rexistro do Concello de Cambados un escrito dirixido ao alcalde, Luís Aragunde, no que se pon de manifesto que a pesar de contar a nosa vila con instalacións deportivas varias non existe dipoñibilidade algunha para os afeccionados ao fútubol sala. Seguir lendo
O Club Xuventude Cambados de fútbol vai homenaxear ao seu compañeiro finado Ramón Fontán. Farao cun partido no que se xogarán por unha banda o propio Cambados (con xogadores que militaron nel noutras tempadas nas que Moncho era xa directivo) e un Combinado do Salnés.
O encontro comezará ás 18.30 no campo de Burgáns pero o acto comeza ás 18.15 coa entrega á viuva de Ramón Fontán da medalla de ouro do club a título póstumo. Ademais, tamén se presentarán os equipos da base. A entrada, obviamente, é totalmente de balde.
A directiva do Club Xuventude Cambados emitiu hoxe unha nota de prensa na que critica a decisión da Federación Galega de Fútbol de sancionar ao Cambados coa perda do partido por 0-3, retirada de 2 puntos e multa de 150 euros. O Cambados lamenta que a Federación non entendera como causa de forza maior que se enterrara a esa mesma hora ao directivo e compañeiro Ramón Fontán e a pesar de todo os sancione.
Pero non só iso, o Club manifesta que a multa imposta é superior á estipulada no artigo 130.1 d, que contempla sancións de entre 30 e 120 euros, co cal os 150 euros que se pretenden cobrar do Cambados estarían fóra da legalidade vixente. E non digamos da ética e da moralidade. Por todo isto, os cambadeses presentarán un recurso.
O Cambados cre que o fútbol debe transmitir valores humanos e por iso se ratifica na súa decisión de non xogar o encontro do pasado domingo a pesares das consecuencias que está a ter.
Onte, tanto o presidente do CX Cambados (Ríchar Charlín), como os xogadores co seu capitán á cabeza, quixeron amosar o seu rexeitamento -o seu “cabreo”, máis ben- coa Federación Galega de Fútbol, que impediu que o partido que tiña que celebrarse o domingo non fora aprazado.
Ese domingo tiña lugar á mesma hora o enterro de Ramón Fontán, directivo do Cambados e persoa moi implicada no día a día do club, ademais de pai dun dos xogadores. A Federación, a pesar de que a aplastante maioría dos clubs amosaronse moi dispostos a que se cambiara o día da xornada (segundo o regulamento todos os partidos debían ser simultáneos), foi inflexible no cumprimento da norma.
O Club entende que as persoas deben estar por riba dos regulamentos, e que este era un caso de forza maior. Critican á Federación e aplauden aos equipos da categoría polo seu comportamento (de feito, o rival desa xornada, o Porriño, acudiu igualmente a Cambados para asistir ao enterro). Agora, non só van descender con toda seguridade, posto que o encontro era decisivo, senón que segundo o Regulamento vailles ser aplicada unha sanción por non xogar. Algo inaudito.
Parabéns a toda a xente do CX Cambados pola súa actuación. A frase do seu presidente Richar é representativa: “imos descender como persoas, pero preferímolo a manternos na categoría como animais”.
Neste sentido tamén é significativo o comportamento dun grupo político en Cambados, que nin sequera nestas eleccións respectou o loito dos contrincantes pola perda dun compañeiro (Moncho era tamén militante do Bloque) e nin por unha vez deixou de levar a cabo unha práctica tan cativa (por dicilo suavemente) como lanzar foguetes diante da sede dos contrarios ao gañar unhas eleccións.
Non hai color, o equipo de fútbol si amosou a súa altura moral.
Podes ver a intervención de Richar e o capitán, Melo, do Cambados no programa A Solaina da TVG (a partires do minuto 19, enlace cortesía de Unha Grande Chea)
O Club Xuventude Cambados de fútbol chegou a un acordo recentemente co Vilalonga para que o xogador Jacinto poida xogar na nosa vila. Jacinto vén da canteira do CX Cambados e xogou no primeiro equipo até a tempada 2004/2005 e logo pasou a militar noutros equipos. Ten trinta anos e é medio centro e o club pretende con esta fichaxe reforzar o xogo do Cambados. Máis info. na web do club.
Por outra banda desde o XAV Cambados de Voleibol envían nota de prensa na que hai que destacar o feito de que o XAV Cambados B, que van en cabeza da clasificación na Liga Zonal Cadete, poderían facerse coa liga en caso de que gañen o próximo encontro fronte ao Teis C. As senior pola súa parte venceron na última xornada disputada e líbranse dos postos de descenso da táboa. Máis info. no blog oficial do XAV Cambados.
Este pasado domingo celebrouse en Burgáns unha asemblea extraordinaria do Club Xuventude Cambados tralo encontro que se celebrou nese lugar contra A Peroxa. Richar Charlín, presidente do Cambados, confirmou que a directiva actual ten pensado non recuncar nos seus postos e deixar paso a outra equipa cando remate a tempada, e polo tanto os seus catro anos na directiva.
O CLUB CUMPLIRÁ O ORZAMENTO PERO PRECÍSANSE CARTOS PARA NOVAS FICHAXES
Do mesmo xeito, o presidente informou aos asistentes (arredor de medio cento, segundo a fonte oficial) de que a pesares de que o club si está en condicións de cumplir co orzamento presentado ao inciar a tempada non poderá realizar fichaxes por falta de cartos para ampliar este presuposto. Os asistentes á asemblea decidiron que cada socio poderá, voluntariamente, doar a cantidade que consideren oportuna coa fin de que o Club poida facer algunha fichaxe que permita avanzar desde os 18 puntos dos que dispón agora mesmo até “os 45 ou 50” necesarios para asegurar a permanencia en Preferente.
Se eres socio do CX Cambados e queres participar das doazóns ou informarte pincha neste enlace para acceder á web oficial do Club.
Chega unha nota do Club Xuventude Cambados. Ultimamente Cambados(tk) non publicou apenas novas sobre fútbol, pero o tema non está para nada vetado. O fútbol é o deporte maioritario neste Concello, por non dicir de todo o país, e o Club Xuventude move a moitos rapaces que integran a súa base. Por este motivo é de xustiza recoñecer que o Club é importante para Cambados, cumpre cun moi bo labor, labor que se intensifica ano tras ano coas apostas como o Superescenario que argallou hai un tempo o actual presidente Richar Charlín.
E agora o Cambados pide axuda. Este ano o número de soci@s diminuiu de forma considerábel, poñendo en perigo as arcas da sociedade. Segunde o Club, descoñecen as causas desta perda de socios, que din pode ser achacábel á crise económica. E é por iso que fan un chamamento para captar novos socios. Para comezar, piden desde a directiva un xesto por parte das figuras visíbeis de Cambados: alcalde, concelleiros, deputados, senadores, cargos institucionais, presidentes de asociacións…para que cunda o exemplo entre a cidadanía e entre tod@s axudemos a que o Cambados siga adiante. Tamén hai a posibilidade de que empresas da zona se fagan cargo da sponsorización do equipo, e que este leve na súa equipación os logos de todas as empresas colaboradoras.
Viuse o mes pasado como unha iniciativa parecida xuntou a políticos, empresarios e outros persoeiros do Concello de Vilagarcía en defensa do seu club, o Arousa. Agora é tempo de que Cambados faga o propio e saia na defensa do seu.
O próximo domingo día 25 de Outubro ás sete da tarde vai ter lugar a inauguración da exposición relacionada co 75 aniversario da construción do edificio da Juventud Católica. O autor deste traballo é o historiador cambadés Jacobo Domínguez, quen durante os últimos tempos estivo recopilando información sobre o edificio en forma de fotografías, testemuñas, documentos…
Ademais de dita exposición Jacobo tamén publicará un libro onde se recolle este, de seguro, magnífico traballo.
Nova recollida do blog de Unha Grande Chea.
Imaxe do equipo de futbol de Juventud Católica do ano 39. A institución foi a precursora, entre outras cousas dos equipos de fútbol e baloncesto, de aí os nomes de Club Xuventude e Xuven.
O vindeiro domingo a partir das 17.45 horas van ter lugar unha serie de actos con motivo do partido Cambados-Estradense de Preferente Autonómica.
En primeiro lugar serán presentados os equipos base do club, logo será homenaxeado o xogador que durante tantos anos foi do Club Xuventude Cambados, que o viu nacer, ainda que tamén militou noutros clubes, Manuel Galiñanes “Mané”. E logo polas autoridades federativas será entregado ao Club Xuventude Cambados o trofeo como campion da Primera Preferente Grupo
IV. Están invitados a presidir esta entrega o Presidente da Deputación, Alcalde de Cambados, Xefes de Grupo do PSOE e BNG do Concello de Cambados, e outras autoridades.
Unai e Mon son as fichaxes que vén de fechar o Club cambadés de fútbol.
Unai Bermúdez Canabal é un medio centro de 31 anos moi coñecido na comarca d’O Salnés. Xogou durante sete anos no Arousa acadando con el o ascenso a 3ª División, fixo o propio no Céltiga e tamén no Cidade de Santiago. Ademais tamén foi parte do Unión Grove en Rexional Preferente e do Ribadumia en Primeira Rexional.
Pola súa banda, Ramón Nogueira González (Mon) é unha futura promesa do fútbol. Interior esquerda, militou en categorías inferiores do Unión Grove, nos xuvenís do Racing de Ferrol, en categoría Nacional e no Unión Grove en Rexional Preferente.
O Club Xuventude Cambados está a manter os contactos oportunos de cara á contratación dun porteiro, pronto teremos máis novas ao respecto.
CAMPAÑA DE AFILIACIÓN AO CLUB
Na última asemblea do Club acordouse que os socios teñen a posibilidade de que o seu carné lle saia gratis. Por cada socio de nova creación que eles traian ao Club terán un 20% de desconto, sendo acumulábel até cubrir o prezo do carné.