Así o contan os propios organizadores na web de Unha Grande Chea (de onde se tomou esta foto prestada) e na páxina do Club Xuventude Cambados, onde relatan que houbo unha boa afluencia de público e de participación.
No evento propiamente musical participaron uns dez colectivos culturais do Concello e dos arredores, contando coa colaboración do mestre da gaita Xaquín Xesteira. Na web do Club Xuventude pódese consultar a clasificación do torneo de fútbol 3×3 que tamén se encadraba como actividade neste Serán.
Noraboa aos organizadores por un éxito, que calquera que pasara polo Pazo de Torrado o sábado (aínda que fora por uns instantes) puido comprobar en persoa.
Este vindeiro segundo fin de semana de Xuño celébranse na nosa vila dúas actividades relacionadas co Ano Cabanillas. Por un lado o sábado 13 Unha Grande Chea, o Concello de Cambados e o Club Xuventude organizan o II Serán Ramón Cabanillas que comeza pola mañá cun campionato de fútbol indor 3×3, sigue cun xantar popular no Pazo de Torrado e remata cunha tarde-noite de música galega a cargo de múltiples grupos da bisbarra. As ganancias irán destinadas ao Club Xuventude de fútbol.
Xa o domingo terá lugar a I Carreira Popular Ano Cabanillas ás 11:30, cun percorrido con saída e chegada na Praza de Fefiñáns nun total de 3 voltas que suman dez quilómetros. Participarán Pedro Nimo e Chus Valiño, dous deportistas profesionais, e todo aquel que o desexe pode facelo anotándose até hoxe á medianoite no seguinte enlace (www.champiochipnorte.com). Máis información na web de Unha Grande Chea.
A columna vertebral da tempada anterior continuará baixo a disciplina do Club Juventud Cambados así até o de agora está xa asegurada a continuade dos porteiros Neno Millán e Fernando, dos defensas Edu, Matias, Rober, Dani, Felipe, Koeman e Jacobo; dos medios Cascallar, Toño, Manu, Nino, Alex Cubas e Penjamo; e dos dianteiros Melo e Eulogio.
Asemade van facer a pretempada co primeiro equipo Fran e Isma que acabaron xa como xuvenís e Noly, ainda en idade xuvenil. Tamén está xa confirmada a continuidade do adestrador Eduardo Carregal e o do seu segundo Ton. A directiva está a traballar na procura de novas fichaxes.
SERÁN RAMÓN CABANILLAS
Do mesmo xeito, a directiva do Club anima a todos os veciños da nosa vila a acudir o vindeiro sábado 13 de Xuño ás actividades programadas dentro do II Serán Ramón Cabanillas, organizado conxuntamente con Unha Grande Chea e o Concello de Cambados.
Os organizadores do II Serán Ramón Cabanillas (Club Juventud Cambados, Unha Grande Chea e Concello de Cambados), coincidiron en pospoñer até o vindeiro sábado 13 de Xuño as actividades previstas incialmente para mañá. A decisión tomouse polas malas predicións metereolóxicas que existen para as vindeiras xornadas. Desde a web de Unha Grande Chea infórmase dos cambios.
Ás 8 da tarde, o Bloque Nacionalista Galego celebra a súa tradicional ofrenda floral no monumento de Ramón Cabanillas con motivo do día das letras galegas (recordemos, este ano adicado a Ramón Piñeiro).
Ás 9 arranca no Auditorio da Xuventude a entrega do VI Premio Ramón Cabanillas, que como xa se explicou desde este espazo recaerá desta volta no filólogo cambadés Francisco Fernández Rei. O acto combinará poesía e música.
E como colofón, pola noite, mentres os libreiros de Cambados cean co premiado terá lugar outra cea: a do Club Xuventude Cambados, como celebración do seu ascenso a preferente. Será no Salón Forniños ás once da noite e inclúe barra libre por 35 euros.
No Rif-Rock (Infantas 13) haberá sesión de Stoner&Smoker a cargo do Rifrockerz.djset. Pincharán Munstapha, Kurco Soundsystem e Comomepos.
Un bo surtido de actividades para a xornada do 16 de Maio. E todas relacionados ca lingua, a cultura e os deportes.
E xa o día 17, domingo día das Letras Galegas, haberá manifestación nacional en Santiago de Compostela organizada pola Mesa con lema: O galego, a nosa columna vertebral. A lingua que nos une. Sairá ás 12 da alameda.
Máis info. en Unha Grande Chea, no blog do Rif-Rock e na páxina web do Club Xuventude Cambados.
VISITA A GUAU, RECEPCIÓN POLO SR ALCALDE E PARTIDO CONTRA O POIO
“O vindeiro domingo imos celebrar o ascenso oficialmente e
institucionalmente, para elo están programados os seguintes actos:
11.00 h.- Visita o patrocinador do Club “Conservas Guau”no Poligono Industrial
de Oubiña.
12.00 h.- Recepción no Concello de Cambados donde nos recibirá
o Alcalde Sr. Touris.
13.15 h.- Pequeno recoñcemento o Bar Laya pola súa
labor interesada a prol do Club.
17.30 h.- Prolegómenos do encontro Cambados- Poio, consistentes en Presentación dos equipos base do club, pasillo dos xogadores da base o primeiro equipo, saida do 1º equipo portando a
bandeira do club, entrega de duas camisetas do ascenso os socios más
xovenes do club e actuación do Grupo da Asociación Cultural “Con de Xido”.
18.00 h.- Encontro Cambados-Poio, o cal están invitados para o palco de
autiridades o Presidente da Deputación, o Alcalde de Cambados, o
Presidente da Federación Galega, o Director Xeral de Conservas Guau, os
Portavoces dos grupos muncipais do P.S.O.E e B.N.G., e os ex-presidentes
do club, así como un representante do Real Club Celta de Vigo. Tamén están
invitados os Directores de Faro de Vigo, Diario de Arousa, Diario de
Pontevedra, e La Voz de Galicia.”
CEA BAILE
Por outra banda, o C.X. Cambados organizou para o sábado 16 de Maio unha cea baile con barra libre e dúo musical no Salón Forniños. Pódense retirar as entradas por un prezo de 35 euros no Bar Laya, no Pub A Leria ou no propio bar do clube (no Pombal) até tres días antes do evento. Máis info na web do Clube.
Os rapaces do Club Xuventude Cambados obtiveron o ascenso a Preferente Autonómica logo de empatar a cero en Marcón.
A falta de catro partidos, o resultado de onte, sumado cos resultados da derrota do Bahía en Caldas e o empate do Atios, fan que o Cambados sexa matematicamente o gañador da liga do grupo IV de Primeira Autonómica.
Os seguidores e os propios xogadores comezaron a festa no campo e seguiron máis tarde na nosa vila. Parabéns para eles e para o C.X. Cambados.
Foto tirada de Diario de Arousa