//
arquivo

lingua

This tag is associated with 81 posts

Presentación de Hugin e Munin en Cambados


Este venres 24 no Pazo de Torrado a editorial Hugin e Munin celebrará a presentación de dous dos seus exemplares. O acto está programado para as 20.30 horas e as obras que se darán a coñecer son Locus Solus e Angel Esquire. Hugin e Munin é unha editorial especializada en traducións ao galego de narrativa de ficción. No acto estarán presentes os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, así como o editor Alejandro Tobar. As librarías Ramón Cabanillas e Contos son as organizadoras, unha vez máis, desta presentación.

Presentación de “O sabre do francés” de Miguel Anxo Fernández


A presentación será no Pazo de Torrado o vindeiro mércores 13 de Xuño ás 20.30 horas. Organizan a editorial Galaxia e as librarías Cabanillas e Contos. Seguir lendo

Concerto do Día das Letras e Manifestación


Este xoves 17 de Maio é o Día das Letras Galegas e como de costume a Banda de Castrelo celebra un concerto. Grazas ao mestre da gaita, Xaquín Xesteira, enterámonos de que a Banda dirixida por José Bugallo Senra poñerá especial énfase na “música que emana do pobo”, a música galega. Un dos momentos especiais do concerto será a presentación da nova sección da Banda de música de Castrelo, a sección de gaitas. O acto comezará ás 12.30 no Auditorio da Xuventude. Seguir lendo

Recital homenaxe a Valentín Paz-Andrade a cargo da nova asociación Asoblog


A nova asociación de blogueiros do Salnés, nada en Cambados e con nome Asoblog, vai levar a cabo a súa primeira actividade. Será en conmemoración das Letras Galegas e consistirá nunha homenaxe a Valentín Paz-Andrade (o escritor ao que se lle dedica este ano o Día) en forma de recital. Seguir lendo

As Xuventudes Socialistas tamén conmemoran as Letras


Cun concerto, así é como conmemorarán as Letras Galegas as Xuventudes Socialistas. O acto terá lugar na discoteca Zao a partires das once e media da noite do día 16 e nel participarán diferentes grupos da zona, tanto do Concello como da comarca. Queren concienciar á mocidade de que o idioma está vivo e é útil. A entrada será de balde. Seguir lendo

Maribel Iglesias recibe o Premio Cabanillas o mércores 16 de Maio


A profesora Maribel Iglesias recibirá o Premio Ramón Cabanillas este mércores 16 de Maio no Auditorio da Xuventude. No acto que convocan as librarías Contos e Cabanillas na súa novena edición, falará Adela Leiro e actuarán Isa e Nacho de Xironsa, Carmen Olveira, e Xaquín Anxo e Roi Xesteira.

O acto dará comezo ás 9 da tarde. Maribel, ademais do seu labor docente, ten traballado arredor da figura de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey. É activa na rede, mantén os blogs Paco Asorey e O Umia. Ademais, Cambados(tk) conta desde hai meses cos seus artigos de opinión nos que amosa a súa parte máis crítica. Parabéns a Maribel por este recoñecemento e que sigamos sendo testemuñas do seu traballo!

Sermos Galiza, novo medio galego


Hai meses anunciábase esta iniciativa, nada tralo peche do semanario A Nosa Terra.Consistía en crear un novo medio escrito en lingua galega, co apoio individual de persoas “do común”, a modo de accións. Durante estes meses a iniciativa xuntou os cartos necesarios (300.000 euros) para arrancar e pronto verá a luz o primeiro número en papel.

Mentres tanto, na rede xa está a operar desde hai dous días a súa edición dixital, á que podes acceder mediante este enlace. Sorte nesta nova andaina.

Chega Dioivo.eu, máis información en galego


Tralas malas novas que nos deixaron os últimos meses en relación aos medios de comunicación en galego, ultimamente todo semellan boas novas. Se nas pasadas semanas dabamos a boa nova da chegada de Praza Pública (que xa podes visitar e que non para de medrar), agora é o turno de Dioivo, un medio dixital e en galego. Dioivo é creado por un grupo de xornalistas, maioritariamente parados polo procesos de peche de diario galegos vividos até o de agora. Anúnciase independente e con diversidade de de formatos (entrevista, crónica, vídeo, opinión…). De momento podes visitar a súa páxina de presentación, Dioivo.eu, e ver un vídeo no que introducen ao futuro lector no novo medio. Moita sorte tamén a Dioivo!

A Praza quedou pequena ante tanta xente


Hoxe é o gran día para un medio, Praza Pública, que ve a luz. As presentacións previas sucedéronse por todo país e xa se sabía que a acollida sería cando menos boa. Pero a realidade afortunadamente superou as previsións, e os dominios de Praza (prazapublica.com e praza.com) non puideron con tanta visita. A praza quedou pequena ante tanta xente, e durante uns intres houbo que desaloxar. Iso si, os “albaneis” xa traballan por ampliar os accesos e pronto estará aberta para todos de novo. Seguir lendo

Presentación da iniciativa “Sermos Galiza”


Este mércores 5 de Outubro ás oito presentarase no Centro Comarcal Exposalnés a iniciativa a prol do futuro novo medio de comunicación Sermos Galiza. A presentación correrá a cargo da escritora e profesora da USC Teresa Moure e do presidente da asociación O Galo, Néstor Rego.

A profesora Adela Leiro será quen realice á introdución do acto.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.