Benito González volta a ser o centro da atención ao recibir máis unha acusación de irregularidades. Hai meses xa se coñecía que a Fiscalía estaba a traballar na investigación a raíz das denuncias da Asociación Galega de Mariscadores (Agamar). Agora esta organización vén de remitirlle a cinta co audio e unha transcrición literal do que nela se escoita. Seguir lendo
Algo esquizofrénicas son as delcaracións dos políticos do Partido Popular, que se ben onte por boca de Luís Aragunde aseguraban que Portos non ía renovar as barandillas do Paseo, hoxe o mesmo Diario de Arousa recolle as declaracións do presidente da entidade responsábel da zona costeira nas que di que si van perpetrar esas obras. Seguir lendo
O Diario de Arousa recolle hoxe as declaracións que o alcalde fixo no Pleno sobre o tema do mal estado das barandillas do Paseo Marítimo, en resposta a unha pregunta do PSOE. Dixo ter posto en coñecemento o tema (lembramos que xa houbo dúas persoas que caeron ao mar nos últimos tempos ao soltarse un dos ferros) ao presidente de Portos, quen asegurou que non se vai renovar a estrutura porque, segundo di o Diario, “se revisa e se repara periodicamente”. Seguir lendo
O presidente dos rañeiros, Carlos M. Martínez, González, remite unha nota na que se queixa de que o Patrón Maior da Confraría, Benito González, non respostou un escrito da súa agrupación remitido no mes de Xaneiro sobre a suposta actividade irregular dun dos ex-asociados que volvera a fanear a pesar de levar máis de un ano apartado de calquera actividade pesqueira ou marisqueira (nese caso pérdese a condición de membro da Confraría). Seguir lendo
Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo. Seguir lendo
Segundo o Xornal Galicia, o Patrón Maior de Cambados, Benito González, quen tamén é Presidente da Federación Galega de Confrarías, está a ser investigado pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por presuntas retribucións irregulares á fronte do ente autonómico. Foi AGAMAR (Asociación Galega de Mariscadores) quen denunciara en Novembro estes feitos, xa que segundo eles González percibira durante tres anos até 78.000 euros en concepto de retribución en calidade de Presidente das confrarías galegas, algo segundo AGAMAR “contrario á lei”. Eles pedían tamén investigar daquela outros 90.000 en concepto de dietas e a súa compatibilidade cos ingresos de Benito González por ser Patrón Maior de Cambados, membro da Autoridade Portuaria de Vilagarcía e vocal da Federación Española de Confradías (todo isto á marxe da súa empresa particular Barco Pelea SL). Seguir lendo
Así de complicadas están as cousas para as 150 persoas que solicitaron un permiso de explotación (permex) para formar parte da Asociación de Mariscadoras de Cambados. E a Consellaría só dará o visto e prace a 25 destas solicitudes tras un proceso de selección no que prima ser veciña de Cambados, o tempo no paro, e os cursos realizados. En Cambados, os indicadores amosan que o sector do marisqueo, e o sector produtivo en xeral, é dos poucos que aguantaron ben a crise.
Benito González, segundo El País, tería recibido entre os anos 2008 e 2010 até 78.000 euros a través do seu posto de presidente da Federación Galega de Confrarías en concepto de “retribucións”, algo expresamente prohibido pola Lei. É por iso que a Asociación Galega de Mariscadores denunciou os feitos perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e perante o Consello de Contas. Seguir lendo
Esa é a mala nova que os xornais comarcais reflicten hoxe nas súas páxinas (recomendado o repaso á historia asinado por Maruxa Alfonso na Voz). Sesenta e cinco traballadoras da conserveira Guau (cuxo nome é en realidade Alimentos Arousa agora) quedan sen empregos desde que o pasado 11 de Novembro a fábrica aparecera pechada. Din que de momento non se mobilizan porque non hai nin dirección nin empresarios contra os que manifestarse, pero desde a CIG si anuncian que presentarán demandas por despido improcedente. Seguir lendo
Este é un asunto que, dada a súa traxectoria, xa ocupou liñas da antiga Cambados tk, alá polo verán de 2006. Naquel especial que sacamos para tentar debullar o asunto da renovación da fachada marítima cambadesa, colgabamos un recorte de La Voz de Arousa de 2004 (11 de Xaneiro) cuxo titular dicía así: “La Xunta proyecta para Cambados un área lúdica en el puerto como la TIR”. No interior da nova dicíase que o proxecto recollía a creación dunha zona comercial e lúdica con pubs, bares e minicines como a de Vilagarcía de Arousa. Ademais sinalábase que se faría un dragado para que puidesen entrar embarcacións a uns novos pantaláns. en San Tomé. O proxecto tocaba tamén o histórico peirao en T de Cambados, arredor do cal se instalarían edificios aos que se pretendía levar a zona da movida de Cambados. Seguir lendo