//
arquivo

Maribel Iglesias

This tag is associated with 22 posts

Roteiro fotográfico por Santa Mariña con ClickCambados


A asociación ClickCambados organiza para o vindeiro sábado 21 de Xullo unha interesante actividade que combina fotografía, arte e historia e, por suposto, lecer. A xornada comezará ás 11 da mañá cun café de benvida n’A Leria (praza de Alfredo Brañas). Seguir lendo

Maribel Iglesias recibe o Premio Cabanillas o mércores 16 de Maio


A profesora Maribel Iglesias recibirá o Premio Ramón Cabanillas este mércores 16 de Maio no Auditorio da Xuventude. No acto que convocan as librarías Contos e Cabanillas na súa novena edición, falará Adela Leiro e actuarán Isa e Nacho de Xironsa, Carmen Olveira, e Xaquín Anxo e Roi Xesteira.

O acto dará comezo ás 9 da tarde. Maribel, ademais do seu labor docente, ten traballado arredor da figura de Ramón Cabanillas e Francisco Asorey. É activa na rede, mantén os blogs Paco Asorey e O Umia. Ademais, Cambados(tk) conta desde hai meses cos seus artigos de opinión nos que amosa a súa parte máis crítica. Parabéns a Maribel por este recoñecemento e que sigamos sendo testemuñas do seu traballo!

Maribel Iglesias, IX Premio Ramón Cabanillas


As librarías Contos e Cabanillas veñen de anunciar o nome da persoa que recollerá en Maio o noveno Premio Ramón Cabanillas. Será a profesora Maribel Iglesias Baldonedo, docente no IES Francisco Asorey e historiadora. Maribel ten traballado arreo desde o ámbito do ensino arredor de figuras como o propio Cabanillas (lembrar que en 2009 adicóuselle o Ano) ou Francisco Asorey. Dirixiu en 2005  a publicación de “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía”, un traballo en equipo con alumnos e profesores do Asorey, e en 2009 grazas a CANDEA veu a luz o seu “Ramón Cabanillas Enriquez – Biografía en Imaxes”. Seguir lendo

“O Paseo das esculturas”, unha análise moi interesante no blog sobre Asorey


Publica hoxe o blog sobre Asorey (pacoasorey.blogspot.com) que dirixe a profesora Maribel Iglesias, unha completa análise sobre unha proposta de Paseo das esculturas. Faise en base ás declaracións do alcalde de crear unha ruta escultórica para darlle entidade a todas as obras das que podemos disfrutar na vila de Cambados. Unha idea que é positiva pero que Maribel quixo pormenorizar para non deixar ningunha das importantes polo camiño. Proponse tamén de cara a este proxecto que se sinalicen correctamente as esculturas e mesmo se edite un folleto informativo. Seguir lendo

O Taller Lumière gaña co documental de Asorey o primeiro premio do Liceo Casino


O Taller Lumière do instituto cambadés Asorey gañou o primeiro premio do Certame Audiovisual do Liceo Casino de Vilagarcía na modalidade de documental polo seu traballo titulado Asorey. Este vídeo, do que xa falaramos hai unhas semanas en Cambados(tk), proxectouse nas exposicións homenaxe ao escultor de Cambados tanto no Pazo Torrado como en Compostela. Seguir lendo

O Concello incumpre a súa palabra e segue suplantando o Premio Cabanillas, outórgallo en 2011 a Manolo Paz


O goberno local anunciou a súa intención de distinguir ao escultor Manolo Paz pola súa traxectoria con motivo da celebración do aniversario do pasamento do poeta da raza. O ano pasado o Concello fixera o propio con Luís Rei, pero a forma de homenaxealo levantara polémica na vila xa que o goberno elixiu “Premio Ramón Cabanillas” como nome do galardón, e a asociación de libreiros leva moitos anos entregando este premio a diferentes persoeiros da cultura. Ademais ambas distincións teñen características moi semellantes, alén do nome. Seguir lendo

O Sábado podes realizar unha visita guiada á exposición de Asorey


Xa se falou nesta mesma páxina da importancia da Exposición de escultura de Francisco Asorey que acolle este mes o Pazo de Torrado, e que irá proximamente para Santiago e logo Madrid. Este sábado a asociación de ensinantes do Salnés, Candea, organiza unha visita guiada por Maribel Iglesias á mesma. Seguir lendo

Un venres de Entroido, por Maribel Iglesias


Onte tiven a oportunidade ler un artigo de Maribel Iglesias (a estudosa de Asorey, que non biógrafa…quen lea o seu texto comprenderá esta aclaración) que me encantou. De cando en vez repaso o que Maribel escribe nalgúns dos seus blogs e sempre me parece interesante o que comenta, sobre temáticas variadas no blog O Umia e sobre o tema concreto de Cabanillas noutro espazo ou sobre o propio Asorey en pacoasorey.blogspot.com, agora máis actualizado por motivos obvios.

E a última entrada dese blog fascinoume porque combina un pouco dese coñecemento que desprenden as súas publicacións, mesturado cunha dose xusta de humor e unha pouquiña de crítica, crítica sana diría eu. Cada quen que lea e xulgue, lectura recomendada hoxe desde Cambados(tk): Un venres de entroido.

O Ano Asorey parece que arranca


Levamos xa un mes de Ano Asorey 2011 e aínda non escoitáramos nin unha vez nestes trinta días falar del. Hoxe, felizmente, o escultor inunda as páxinas da prensa comarcal, xa que onte se debatía no Parlamento unha moción dos socialistas que pedía á Xunta apoio a Cambados para a celebración dos actos relacionados co artista, e que contou co respaldo de todas as forzas políticas.

Por outra banda, o Faro de Vigo sinala que a xa anteriormente anunciada exposición na Cidade da Cultura será unha realidade, logo de que o Conselleiro correspondente así o confirmara. E máis interesante, se cabe, sería a organización dunha mostra complementaria no Pazo de Torrado, de xeito que se amosen no Monte Gaiás pezas que por tamaño non poden ser expostas no noso Concello.

En internet é moi recomendábel a visita ao blog de Maribel Iglesias sobre Francisco Asorey (de onde se extraeu a imaxe). Alí podes atopar roteiros sobre o artista con cantidade de testemuñas gráficas, repasos máis detallados sobre algunhas pezas, comentarios sobre a súa vida… en definitiva un espazo que non debes perder, e menos neste ano!

Luis Rei faise coa primeira edición do segundo Premio Ramón Cabanillas que existe en Cambados


A nova deuna a coñecer hoxe o Concello de Cambados pola prensa. A institución, no día do 51 cabodano de Ramón Cabanillas, fixo pública a concesión do galardón a Luis Rei, quen ademais de ser bibliotecario na nosa vila publicou no Ano Cabanillas 2009 a biografía do poeta, ademais doutros traballos culturais nos que desde hai moitos anos participa.

Polo tanto, a máis sincera noraboa a Luis Rei, quen sobradamente merece que se lle faga entrega deste e doutros premios polo seu labor.

Canto ao Concello, resulta curioso que faga entrega dun Premio Ramón Cabanillas, e máis que o numeren como primeiro, cando deberían ser coñecedores de que no noso Concello entrégase desde hai sete edicións o Premio Ramón Cabanillas outorgado pola Asociación de Libreiros.

Sorprende, sobre todo, pola relación amor-odio que o Concello ten manifestado a ese Premio, xa que, por exemplo, na penúltima edición (cando foi homenaxeado o amigo e compañeiro de traballos de Luis Rei, Francisco Fernández Rei) non mandaron sequera representación ao acto, e pola contra o ano pasado si colaboraron na organización, encargándose o Concello até da cartelería do evento.

En nadal de 2009 acordouse unanimemente en pleno que, entre outras celebracións polo cabodano de Ramón Cabanillas, se crearía un premio de poesía. Foi unha proposta socialista,  e aínda o mes pasado Tabuyo preguntou se se celebraría ou fora unha concesión para saír do paso no momento.

Polo tanto, non parece que teña moito sentido crear un premio co mesmo nome e con características moi semellantes a outro existente no mesmo Concello.

Aínda así, Luis Rei merece a homenaxe, e o que é unha pena é que non se soubera antes a data da mesma. Será hoxe a partires das sete da tarde no Auditorio da Xuventude nun acto no que haberá música a cargo da soprano Daniela Stagnito da pianista Lorena Varela. Parabéns, Luis.

Coincidindo con esta nova, mañá publicarase en Cambados(tk) a entrevista a Luis Rei publicada no último número do Despregable da Embaixada Prusiana.

Relacionado

O blog sobre Ramón Cabanillas que edita a profesora Maribel Iglesias vén de publicar unha interesante presentación sobre o poeta no aniversario da súa morte. Accede premendo aquí.

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.