//
arquivo

mocidade

This tag is associated with 9 posts

Trío Phil Jazz, con compoñente cambadesa, premio Xuventude Crea 2012


Durante o pasado sábado celebrouse a final da categoría de música do certame Novos Creadores Xuventude Crea 2012, que impulsa a Xunta de Galicia. Nesa final que tivo lugar no Dado-Dadá de Compostela, o Trío Phil Jazz fíxose co primeiro premio do certame, que compartirá con A máquina de meter medo. O Trío Phil Jazz leva xa arredor de un ano tocando e nel participa o cambadés Rubén Iglesias tocando o baixo eléctrico. Tamén son parte da banda Manuel Méndez (guitarra), Miguel Rodríguez (saxo) e Noli Torres (batería). Os temas cos que se proclamaron vencedores foron “It’s not a dream” e “The same direction”, que podedes escoitar no vídeo da actuación de Santiago. Toda esta información sacámola do blog do Rif-Rock.

Advertisements

O BNG convoca un "Encontro coa Xuventude" este Sábado no hotel Os Pazos


O Bloque Nacionalista Galego de Cambados reunirase este sábado con todos aqueles mozos e mozas que queiran coñecer as propostas do BNG para o vindeiro goberno do Concello.
O acto está programado para as 17 horas no hotel Os Pazos (detrás da igrexa parroquial) e intervirán os candidatos Almudena Castro (16) e Manuel Fariña (7), ademais do candidato á alcaldía Víctor Caamaño.

O uso partidista da mocidade


Hai aproximadamente un ano presentábase nos medios unha asociación xuvenil en Cambados chamada Retranca.

En Cambados(tk) facíamonos eco deste feito, que calificábamos como “unha nova moi positiva” para Cambados.

Tan só un mes despois daquela presentación publicábase aquí outra referencia a Retranca máis crítica, nun mes o Concello xa lles facilitara un local para a súa asociación, o cal parecía sospeitoso cando o Concello de Cambados non se distingue precisamente por colaborar coas entidades culturais independentes (nas hemerotecas hai cantidade de exemplos…as cadeiras de Caracol, os palcos e as contraprogramacións a Unha Grande Chea, a denegación do Auditorio aos libreiros…). Por iso semellaba estrano tanta boa disposición de Luis Aragunde e do goberno popular cara este novo ente.

En Xuño do ano pasado presentábanse as Novas Xeracións do PP, e naquel artigo volvíamos facer mención a Retranca, xa que parecía moita casualidade que esta asociación tan compenetrada co Concello e as xuventudes do PP foran creadas tan próximas no tempo.

E digo compenetrada porque a maioría das actividades de Retranca (ou as de maior calado) foron en realidade eventos de Concello de Cambados aos que se lles puxo no cartel o logo da nova asociación. Porque custa bastante crer que un grupo destas caracterísiticas poida, en medio ano, ser quen de organizar unha festa como a de Máxima FM nas Goritas, que ademais xa se celebrara con anterioridade! Ou hai escasos días, a directiva de Retranca gabábase de ter organizado unha tarde para nenos pequenos no Pazo Torrado na que puideron disfutar de xogos inchables, un toro mecánico ou a actuación do personaxe de debuxos animados Bob Esponja.

E isto non é unha crítica ou un ataque ao membros de Retranca, posto que considero que calquera actividade e esforzo que eles realizaron, sexan da ideoloxía que sexan, foi positivo para Cambados. É que non parece de recibo que o Concello empregue a un grupo de xóvenes para “realizar” (máis ben presentar) actividades que pagamos tod@s (porque é difícil crer que as actividades antes mencionadas poidan ser sufragadas por unha asociación creada hai un ano) con fins que aínda se decoñecen. Salvo que as listas electorais do PP integren a algún retranqueiro.

De momento quedoume a cousa máis clara cando puiden ver no Facebook do Partido Popular de Cambados unha foto da cea de presentación de Luis Aragunde como candidato á alcaldía na que se distinguen varios membros/directivos da mencionada asociación.

Obstaculizan a recollida de sinaturas de Galiza Nova sobre o Noitebús en Cambados


Ocorreu onte na Praza de Fefiñáns. Alí tiña lugar un grande concerto organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, enmarcado nunha campaña de prevención de consumo de alcol na condución. O evento comezou arredor das oito ta darte, nel partiparon 3 orquestras, entre elas a coñecida Panorama, e continuou até ben entrada a madrugada.

Galiza Nova (organización das mocidades do BNG) leva xa días inmersa nunha campaña de denuncia da retirada do servizo de Noitebús, posto en marcha polo anterior goberno da Xunta de Galicia, e que permitía a moz@s de todo o país prescindir do coche á hora de ir de marcha. Membros de GN aproveitaron o concerto de onte para recoller sinaturas que apoien as súas teses.

Segundo confirman responsábeis de Galiza Nova do Salnés a través do seu perfil en Facebook, a Policía Local do Concello de Cambados non lles permitiu recoller sinaturas contra a retirada do Noitebús na Praza de Fefiñáns por ser “unha zona de seguridade” e instounos a ir recoller apoios a outro lado. Malia iso, segundo a organización, en tan só media hora acadaron 100 sinaturas contra a política de Núñez Feijoo en materia de xuventude.

Resulta curioso que mentres onte en Cambados se gastaran miles de euros en traer a tres orquestras, unha da talla de Panorama, para loitar contra o consumo de alcol nas estradas (que nos expliquen como un concerto pode reducir os índices de siniestralidade) se diga que “non hai cartos” para manter un servizo como o Noitebús, en relación ao cal xa se confirmara a súa eficacia na redución de mort@s por accidentes de tráfico nas fins de semana.

Relacionada

Goberno, movida e botellón. A fin do Noitebús – Artigo de opinión publicado o 6 de Outubro en CTK

Asina aquí a iniciativa de Galiza Nova

Goberno, movida e botellón. A fin do Noitebús


Chegou unha nota de Víctor Caamaño, na que explica que o BNG non está dacordo coa retirada do Noitebús, anunciada polo executivo de Núñez Feijoo recentemente en aras da suposta “austeridade”. E véñenme a cabeza cantidade de argumentos econcontrados que sobre este tema se puideron escoitar o pasado luns no programa da Televisión de Galicia Foro Aberto (ese que substituíu a Hai Debate para retirarlle algo de contido político).

Alí uns falaban de inxustiza sobre a retirada dun servizo que amosou a súa eficacia na diminución de accidentes de tráfico nas noites de movida. Outros apoiaban a súa supresión en base ao aforro que proclama Feijoo para algunhas cousas, argumentando que o custo do servizo non o debe sufragar a Xunta (en parte) senón os locais de copas como presuntos beneficiarios. Un deles, campión de mesturar ideas, dicía que o bipartito ao poñer en marcha o Noitebús estaba a financiar e pouco menos que promover o consumo de alcol entre menores!

Particularmente gustei do que dixo o catedrático Veiga Buxán. El razoaba o asunto deste xeito: se Feijoo tan só aludiu a razóns económicas para eliminar o servizo, é doado argumentar no terreo puramente económico: pódese comprobar como a siniestralidade nas estradas descendeu e polo tanto como se aforraron moitos cartos das arcas públicas en saúde. E logo, por suposto, habería que introducir tamén o feito de que se salvan vidas (e non só a dos condutores que beben, senón a dos pobres que estes atopan nas estradas) e que hai que entender  o Noitebús como unha mellora no ocio da mocidade e das súas familias, que aforran tempo en desprazalos nuns casos e preoucupacións noutros. Pero a dimensión social, humana, pasárona por alto.

Dicir que se apoia o botellón con esta medida é simplemente unha estupidez, xa que para irse de botellón non fai falla coller ningún medio de transporte…pódese facer baixando ao parque máis próximo ou incluso en inmobles. Dicir que se fomenta o consumo de alcol é tomarnos xa por parvos; é estabelecer unha igualdade entre o feito de dispoñer dun transporte axeitado con promover a inxesta de bebidas e dáse por suposto que todo o mundo sae a emborracharse cada noite até perder o sentido.

Moita demagoxia se fai con este tema. Creo que todos concidimos en que a cultura do alcol non é sana, mais iso non quere dicir que a solución sexa prohibir o botellón (por esa regra de tres o que se debería facer antes entón sería prohibir o alcol). Pero por que nunca se vai ao fondo do asunto para preguntarnos cal é a causa real do botellón? Non será quizais polo prezos abusivos que a maioría de locais impoñen ás bebidas?

E todos sabemos que tamén na maioría deses locais non se sirve o que o cliente pide, aí está o fenómeno do garrafón, sobre o que ningún analista, articulista ou político se escandaliza e que consiste basicamente en que che dan o que non pediches e moitas veces con efectos nocivos para a saúde. Consíntese iso noutro sector da sociedade?

Sexamos razoábeis. O noitebús foi unha boa idea, unha das poucas iniciativas orixinais da parte socialista do bipartito. O que custa aos constribuintes o seu copago é irrisorio comparado co que a Xunta gasta en publicidade insitucional (véxase todo o proceso do decreto antigalego) ou simplemente desprezábel se se compara coa cantidade de cartos de todos que o Goberno inxectou aos bancos para paliar unha crise que eles contribuiron a crear (e non se vexa isto como demagoxia, senón como contestación ás opinións liberais que poñen o grito no ceo con calquera subvención pública pero se fan de Cobas cando os bancos reciben os nosos cartos).

E o botellón haberá que regulalo, afastalo das vivendas para que non moleste a quen quere durmir, e combatilo en tal caso desde a educación e sobre todo desde a súa orixe: ca fin das prácticas moitas veces até neglixentes de moitos locais de copas. E non perseguindo aos xóvenes.

Novas Xeracións do Partido Popular en Cambados


Nunha conversa de política é moi común preguntarse como pode o Partido Popular gañar eleccións se a mocidade supostamente vota maioritariamente á esquerda. Pero a realidade é ben distina en moitos lugares, e Cambados por desgraza pode ser un deles.

O Partido Popular quixo esta fin de semana amosar a súa forza na mocidade presentando á dirección local de Novas Xeracións en Cambados. Diego Rumbo Sayar é o presidente e María Piñeiro Pardal é a vicepresidenta.  Eles afirmaron que non aparecen “para quitarlle o posto a ninguén” (por Aragunde) e que van servir para sintonizar mellor coa sociedade e coa xuventude en particular. Novas Xeracións de Cambados contan tamén con grupo en Facebook con máis de 140 seguidores.

Como se pode analizar esta demostración de forza?
Podería ser un reflexo da realidade, dun Partido Popular que, sexamos realistas, conta aínda con moitos simpatizantes e tamén entre a xente nova a pesar de que esta adoita ser menos conformista; ou ben podería ser un síntoma de nerviosismo de cara ás Eleccións Locais de 2011: un intento por facerse notar entre a mocidade, captar apoios e quizais descolocar de paso aos adversarios políticos.

Hai quen suxire que nese sentido camiña a recén creada Asociación Xuvenil Retranca, que parece contar co beneplácito do goberno local (en Cambados por desgraza non estamos acostumados ao apoio por parte do Concello para actividades culturais).
Polo de agora só se presentaron en sociedade, homenxearon as letras e organizaron unha recollida de lixo, pero quizais a súa actividade medre pronto. En calquera caso non se pode dar crédito só a rumores e haberá que agardar para confirmar ou desmentir, até entón a nova organización só merece parabéns polas súas iniciativas.

Imaxe e información extraídas de La Voz de Arousa.

Xa podes anotarte á SalnesParty 2010


En Cambados un grupo de rapaces crearon hai tres anos a primeira LAN party do Concello. Esa actividade rematou por convertir ao grupo en asociación, e á party que se celebraba en Castrelo a pasar a levarse a cabo no centro da vila.

Hoxe abriron o prazo de inscrición para a SalnesParty de 2010, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de Xuño no Salón de Congresos e Exposicións de Peña. Hai dous tipos de entrada dependendo de que se queira incluir nela as comidas ou non e os prezos van desde 10 a 30 euros.

Infórmate mellor do que se está organizando para finais de Xuño en Cambados na web que a Asociación de Internautas de Cambados (AINCA) habilitou para a presente edición.

A nova asociación xuvenil Retranca xa conta con local propio e blog


A asociación Retranca, de cuxo nacemento se daba conta neste espazo o mes pasado, xa dispón de local propio para reunirse e levar a cabo as súas actividades. E ademais, o propio alcalde de Cambados, Luís Aragunde, foi o encargado de participar na inauguración desta sede, que se atopa no antigo colexio de  Vilariño. Ademais, tras unha breve búsqueda poñemos ao voso dispor o enlace ao blog da asociación, sen ben polo de agora non amosa moitos contidos.

Agardo que a asociación comece a andar rápido e, se ben resulta gratificante observar como o Concello parece responder moi positivamente á creación deste colectivo, esta diferenza de postura pode contrastar co trato que recibiron e reciben outras asociacións da vila con moito percorrido e que non só foron no mellor dos casos ignoradas, senón que sufriron atrancos ao desenvolver as súas actividades. Pensemos ben, demos un voto de confianza, e que axiña se vexan os froitos da nova creación.

O que non se dixo nestes días de descanso: nace unha asociación xuvenil en Cambados


Estes días nos que non se comentou nada desde este espazo saíu publicada nos xornais unha nova moi positiva: nace a asociación xuvenil Retranca no noso Concello. Centrada no deporte e na cultura, está formada por rapaces de entre 17 e 20 anos e pretende crear un ambiente xuvenil con ideais sanos.

As primeiras actividades que teñen previstas son a creación dun campeonato de fútbol 7 co nome do poeta Ramón Cabanillas, e máis adiante campeonatos tamén de billar e futbolín. Ademais gustarían de organizar unha Festa da Xuventude para o verán e intercambios con outras asociacións de Andorra e Francia.

Noraboa pola iniciativa e adiante con eses proxectos!

Nas redes sociais

Decembro 2018
L M M X V S D
« Dec    
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.

RSS Praza Pública – Opinión

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Advertisements