//
arquivo

moda

This tag is associated with 4 posts

Documental e desfile de moda o 30 de Nadal a cargo de Asoblog Salnés


A continuación reproducimos a entrada sobre o tema que redactou o blog “Vivir en Cambados”, xa que está moi ben explicada: “Lorena Acha é a blogueira de moda que dirixe If I Were a skirt, un dos blogs que forman parte da Asociación Asoblog Salnés.

Desde a constitución da asociación Lorena, xunto a outros membros da mesma, implicáronse na organización de diversos actos. Agora chégalle a quenda ao que é a súa especialidade, a moda, polo que se pode dicir que se este evento saíu adiante é grazas á súa enorme capacidade de traballo e ilusión. Seguir lendo

MISEMS, moda e tendencias con sabor a Cambados


María Jose Prado e Ana Louzao decidiron deixar de falar do que lles gustaría levar adiante e poñerse mans á obra. O seu gusto pola moda e polas tendencias levounas a abrir na rede un espazo para compartir as súas creacións e falar deste tema ao mundo. Conta coa implicación de membros da súa familia e incluso coa da deseñadora cambadesa Eva Soto Conde, que está a levar o nome de Cambados polas pasarelas de multitude de lugares. Seguir lendo

Eva Soto, unha cambadesa que triunfa no mundo da Moda


Eva Soto participou hai uns días do desfile Madrid Fashion Week, recollendo críticas moi positivas. Esta cambadesa confirma que xa recibiu chamadas de fóra de España para interesarse polo seu traballo, e seguramente para abrirlle máis portas no mundo da moda. Nunha entrevista que publica hoxe Faro de Vigo – Arousa, a deseñadora fala deste e de máis temas.

Mónica Guillán e Eva Soto, deseño xove desde Cambados


Hoxe os xornais comarcais, entre eles o Diario de Arousa, voltan apuntar a Eva Soto (esquerda) como deseñadora que triunfa en España. Se fai pouco triunfaba en Bizkaia nun concurso de deseño de vestido de papel e hai algo máis facía o propio en Cantabria na convención Jóvenes Diseñadores de Moda, agora vén de gañar un premio no certame de creadores mozos do salón nupcial De Blanco en Ferrol. O seu deseño titulábase “Arte en Blanco” e foi merecedor do primeiro posto, premiado con 2.500 euros. Seguir lendo

Nas redes sociais

Marzo 2023
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.