//
arquivo

Montse Prado

This tag is associated with 16 posts

O Salnés conta con catro deputados electos


A nosa comarca enviará a dous deputados e dúas deputadas ao Parlamento Galego. Iso é o que ditaron as urnas o pasado 21de Outubro, pero podería verse modificado pronto se o previsible próximo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, volve a pedir aos seus futuros conselleiros que renuncien á acta de deputado. Nese caso algúns poderían dimitir e outros novos nomes poderían aparecer na cámara,  como por exemplo o da ex deputada Rosa Oubiña, que non foi electa o pasado domingo. Seguir lendo

Tourís di na Voz de Arousa que é unha mentira que levara cartos por comisións en obras de Cambados


O ex alcalde e agora candidato a parlamentario polo PP contesta hoxe ás preguntas de Serxio González en La Voz de Galicia de Arousa. Na entrevista, Tourís aproveita para negar que cobrara comisións na adxudicación dunhas obras en Burgáns, tal e como deixaría entrever unha cinta que custodia agora o xulgado de Arzúa. Cores Tourís di que non quere falar do tema, en mans dos seus avogados, e que falará disto despois das eleccións. Seguir lendo

Vázquez (BNG) en Cambados, e Beiras (Alternativa) en Vilagarcía este domingo


O BNG realiza este domingo o seu mitin central de campaña en Cambados. Será ás 18 horas no Salón de Exposicións José Peña e contará coas intervencións do voceiro local, Víctor Caamaño, da candidata comarcal Montse Prado, e do portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez. Pechará o acto o cabeza de lista en Pontevedra, Carlos Aymerich. O BNG realizou esta semana o seu mitin comarcal. Seguir lendo

O BNG reúnese cos mozos o Sábado


Un lector infórmanos da convocatoria do Bloque “Toma un café co BNG”, mediante a cal Víctor Caamaño e Montse Prado pretenden entablar conversa coa mocidade de Cambados.

Será o sábado 6 ás cinco da tarde no Pub Brothers sito na praza de Alfredo Brañas.

A campaña do BNG a nivel nacional ten por lema “Para facerlles frente” e pretende aglutinar o voto nacionalista na súa formación.

Charla de Francisco Jorquera (BNG) este xoves


Este xoves 20 de Setembro ás 20.30 horas no Salón de Peña en Cambados, o BNG celebra un acto político no cal participará o seu candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Francisco Jorquera. Ademais del, intervirán o voceiro municipal Víctor Caamaño e a candidata Montse Prado. O lema dos nacionalistas para esta precampaña é “En Bloque podemos!” e estase a centrar na defensa da soberanía e da xustiza social. Até agora o candidato está elixindo un formato desenfadado,  de pequenas xuntazas nos Concellos, para facer chegar a súa mensaxe e darse a coñecer.

Montse Prado e Duarte Correa, entre os propostos polo BNG do Salnés para as listas


Informa hoxe La Voz de Arousa na súa edición en papel que dous veciños de Oubiña, Montse Prado e Duarte Correa, foron propostos pola asemblea do BNG do Salnés no proceso de confección de candidaturas. O martes pola noite os militantes da comarca tiñan unha reunión para propoñerlle á dirección candidatos para as listas de Pontevedra. Desa xuntanza saíron seis nomes; os dous xa citados, relacionados con Cambados, e o do responsábel comarcal Xoán Allegue, a responsábel de Vilagarcía Rosa Abuín, a concelleira en Sanxenxo Sandra Fernández, e Victoria Canoura polo Grove. O vindeiro xoves a asemblea comarcal reunirase de novo para avaliar a proposta que lles veña da Executiva. Montse Prado é na actualidade Secretaria de Organización do BNG, ocupando o posto número 3 no organigrama interno do Bloque; Duarte Correa pola súa parte foi responsábel comarcal no Salnés e candidato a deputado nas Cortes o pasado Novembro.

A COALICIÓN ANOVA-EU, A NOVIDADE PARA O 21-O Seguir lendo

O BNG falará sobre a Reforma Laboral o venres na de Peña


O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto público para este venres en Cambados, co tema central da Reforma Laboral. Será ás 20.30 horas do venres no Salón de Peña e falarán Víctor Caamaño (portavoz local), Montse Prado (Secretaria de Organización) e Francisco Jorquera (candidato á Xunta de Galiza). O BNG tense amosado moi crítico con esta Reforma, que recorta dereitos dos traballadores, apoiando a convocatoria da Folga Xeral desde que o sindicato CIG (que se adiantou aos estatais) anunciou que se levaría a cabo o 29 de Marzo.

Xoán Allegue seguirá sendo responsábel comarcal do BNG


Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta). Seguir lendo

Montse Prado seguirá formando parte da dirección do BNG


O BNG viviu hoxe unha xornada histórica, trala fin do cónclave máis importante desde a súa fundación. Os dous grandes bloques, os comunistas da UPG e os socialdemócratas/altermundistas de +G e Encontro Irmandiño (ambalas dúas faccións con independentes do seo da fronte) viviron un “choque de trens” que provocou uns resultados moi axustados. A diferenza era clara, os primeiros apostaban polo continuismo, tanto nas persoas na dirección como nas teses do BNG desde a caída do bipartito; e os segundos presentábanse pola “Rexeneración e refundación do Bloque”, por unha apertura da fronte á sociedade. Seguir lendo

Mítines centrais dos 3 partidos en Cambados


Despois da suspensión do acto central do BNG de Cambados previsto para onte polas consecuencias do terremoto de Murcia, xa sabemos cal será a nova data do mitin do Bloque e de paso, tamén a dos outros dous partidos:

BNG. O seu acto central terá lugar o martes ás 20.30 horas no Salón Peña. Falarán Montse Prado, secretaria de Organización, Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego e Víctor Caamaño, candidato á alcaldía de Cambados. Introducirán o acto os candidatos Manuel Fariña, Almudena Castro e Xaquín Charlín (Chon).

PSOE. O mitin central do PSdeG-PSOE será tamén no Salón Peña o mércores ás 21 horas. Descoñecemos aínda quen falará ademais do seu candidato á alcaldía, Domingo Tabuyo.

PP. O Partido Popular volverá o venres, último día de campaña, ao Salón Peña.

Lembra que aínda podes participar na enquisa de campaña de CTK

Nas redes sociais

Xuño 2023
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.